Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xaviña volveu ser a capital do Fútbol Base por Semana Santa

EF Luis Calvo Sanz campión prebenxamín
As EF Luis Calvo Sanz foron as protagonistas do torneo. Estes son os prebenxamíns
Xaviña volveu ser a capital do Fútbol Base por Semana Santa

Medio millar de rapaces e rapazas da provincia participaron esta pasada fin de semana no V Torneo de Fútbol Base Concello de Malpica – I Memorial Ramón Calvete Gómez, celebrado no campo de Xaviña. A capital oleira rendeu asó homenaxe ao que foi presidente do Buño SCD, nuna cita que estivo marcada polo gran ambiente.

O xoves foi a quenda dos benxamís e infantís. En benxamíns non houbo sorpresa e as Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz venceron aos veciños do Sofán por 6-2. Lucas Suárez das EF Luis Calvo Sanz recibiu o Trofeo Ramón Calvete Gómez ao mellor xogador mentres que o gardameta da SD Sofán A, Ismael Cancela, foi elexido coma o mellor porteiro do torneo.

Corme CF Campión Infantil

No que respecta á categoría infantil, o Corme (na foto) fixo valer un solitario gol ante o Cabana para facerse co título de campión. O Trofeo Ramón Calvete Gómez ao mellor xogador sería para Borja Torrado do Corme CF (na foto de abaixo), mentres que o mellor porteiro do torneo foi Yago Pazos do Cabana SD.

Borja Torrado (Corme CF) Mellor xogador Infantil

Na xornada do venres foi tempo para prebenxamíns e os alevíns. Na categoría prebenxamín, as Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz mostráronse intratables de principio a fin logrando superar ao Tordoia na final por 4-0. O Trofeo Ramón Calvete Gómez ao mellor xogador foi para Iker López da SD Tordoia e de mellor porteiro foi para Iago Marcote do UC Cee.

Por último, na categoría alevín, de novo o Luis Calvo logrou facerse co título  despois de vencer ao Cerqueda por 3-1 na finalísima. Manu Abelenda das EF Luis Calvo Sanz foi o mellor xogador e o de mellor porteiro foi para Kelyan Faria do Cabana SD.

Comentarios