Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Xuvenís: 5 equipos en 5 puntos

Imaxe do Coristanco-Cabana-Foto-Cabana
Imaxe do Coristanco-Cabana-Foto-Cabana
Xuvenís: 5 equipos en 5 puntos

Está que ferve a Liga Xuvenil comarcal. Os resultados desta semana deixa as cousas tremendamente igualadas, con 5 equipos en 5 puntos, pero cun segundo vagón que aínda está a tempo de meterse na pelexa por todo. Soneira, tras vencer á Esteirana, segue líder, un punto por diante do Sofán, e 3 do Outes, que se deixaba 2 ante o Seaia no seu cuarto empate consecutivo. O Zas, que vén cunha forza tremenda, deixou atrás ao Xallas, e se coloca a 4 do liderato, un punto por diante dun Cabana que xa está aí.

A xornada deixou 4 partidos tremendamente igualados, e tres goleadas claras tivo a xornada. O Sofán venceu con solvencia ao Malpica; o Cabana endosou un set ao Coristanco na Rocheira; e o Cee, que vén fortísimo, goleou ao Camariñas.

Soneira - Esteirana (3-1)

  • Goles: 1-0, m.33: Sergio; 2.0, m.50: Sergio; 2-1, m.70: Iván; 3-1, m.83: Brais.

Partidazo en Vimianzo cunha Esteirana que parece que debería estar moito máis arriba na clasificación. Empezaba o Soneira o partido dominando e cunha Esteirana replegada e buscaba lanzar contras rápidas. Pero o dominio ía cambiando de bando. O primeiro en avisar sería o Soneira por medio de Brais que nunha saída dubidosa do porteiro quere ceder o pase da morte para Sergio pero non lle chega por moi pouco e respondería a Esteirana con dúas boas ocasión pero unha boa intervención de Joele o pau evitaría o gol dos esteiráns. Jorge apiques estivo de facer o primeiro a saída dun corner pero o seu remate iriase lambendo o pau.
Xa ca Esteirana dominando territorialmente, e cando peor estaba o Soneira un roubo no inicio do xogo esteirán Sergio aproveita para, no man a man tras un erro na saída do balón, poñer o 1-0 co que se iría o descanso.

Tras o descanso Chasko tería o segundo pero o meta visitante faille un auténtico paradón a bocaxarro. Sergio faría o segundo gol tras un centro chut que se colaría pola escuadra. A Esteirana non lle perdería a cara o partido e tería unha ocasión pero Jorge salvaría baixo paus. Sergio tería a sentencia pero o seu man a man vaise o lateral da rede. Nun fallo na saída de balón do equipo soneirán a Esteirana recurtaría distancias, pero as lesións penalizarían aos de Gustavo. O Soneira non lle entrarían as dúbidas e tras unha moi boa transición rápida e unha boa internada por banda de Sergio centra para que Brais remache a gol facendo o definitivo 3-1.

 

Outes - Seaia (3-3)

  • Goles: 1-0, m.2: Fabio; 1-1, m.33: Joel; 2-1, m.50: Fran Lires; 2-2, m.54: Javi; 3-2, m.72: Álvaro; 3-3, m.84: Luís Manuel de penalti.

Partido vibrante no Cunchido entre un Seaia que non ten medo de nada e foi quen de empatar ata en 3 ocasións ante un dos líderes. O primeiro golpe xa o endosou o cadro de Fernando aos 2 minutos, que mantivo o control durante a primeira media hora. Pero nun córner chegou o empate dos de Esmorís.

O Outes saía forte na segunda e Fran Lires volvía colocar por diante, coa axuda dun defensa, pero apenas 4 minutos despois no empataba o Seaia nunha contra. O cadete local Álvaro (o equipo ten ata 12 baixas) volvía adiantar aos seus, pero a falta de 5 minutos o Seaia empataba dende os 11 metros.

 

Ponteceso - Corme (0-1)

  • Gol: 0-1, m.89: Javi Bermúdez.
<>Un gol de Javi Bermúdez sobre o desconto serviu para desempatar un derbi moi igualado, entre dous equipos moi irregulares este curso. O partido empezou con poucas ocasións cara os dous equipos nunha primeira mitade moi igualada.

 

No arranque da sengunda mitade o equipo local gozou de dúas claras ocasións, a partir de ese momento o Corme foi dominador da segunda parte, tras a expulsión dun xogador do Ponteceso. O Corme intentouno ata que o pequeno dos Bermúdez conseguía o gol da vitoria que lle permite aos cormeláns adiantar aos seus veciños na táboa.

Xallas - Zas (0-1)

  • Xallas: Fabi; Pablo, Nando, Brais, Calo; Víctor, García, Caamaño; Christian, Amarelle e Kevin. Tamén xogaron: Alex, Rabelo, Fidalgo, Dani e Vila.
  • Zas: Adrián, Róber, Isaac, Xabi, Damián, Fraga, Eloy, Brais, Manuel, Martín e Darío. Tamén xogaron: Roi, García e Mario.
  • Gol: 0-1, m.80: en propia.

Partido igualado o vivido en Fontenla, cun céspede bastante pesado que condicionou o choque. Na primeira metade o Xallas estivo cunha marcha máis, e tivo dous bos mans a mans que salvou Adrián Pereiras. Tamén o Zas chegaba con dúas de Damián á meta de Fabi.

Apretou o Xallas no comezo da segunda metade, máis cando, a falt de 15 minutos o colexiado expulsaba ao zaseiro Brais, e ao seu adestrador Fofi. Intentouno o Xallas pero o Zas estaba moi ben armado, e mesmo sacou unha contra, unha xogada illada de Róber por banda que centra e un defensa marca en propia. Tivo que sufrir os últimos minutos o cadro zaseiro para manter a vantaxe.

 

Comentarios