Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Cabana mantén o pulso pero a Liga segue sendo cousa de cinco

Estase crendo o Cabana o título. O cadro de Fernando e Pablo mantense no liderato por 5ª xornada consecutiva tras batir a outro dos rivais directos pola fase de ascenso. Un Fisterra que non dá a Liga por perdida, nin moito menos, porque a realidade é que a cousa está tremendamente aberta, con aínda 4 equipos en apenas 6 puntos.

A 3 do Cabana fica Os Miúdos, e a 5, Corme (cun partido menos) e o propio cadro fisterrán. Queda o Sofán a 6 puntos, que conseguiu abrir aí unha fenda xa cos 6º e 7º, uns Soneira e Esteirana que perderon o tren nestas pasadas dúas semanas.

Ollo por abaixo ao Laxe, que con 0 puntos (212 goles en contra e só 12 a favor) aínda compite con intensidade e o dan todo cada sábado. O proximo encontro o Baio… quen sabe se será a oportunidade dos de Marcos Adrián…

Cabana Fisterra de xuvenis
Imaxe do choque entre Cabana e Fisterra
Xuvenís: O Cabana mantén o pulso pero a Liga segue sendo cousa de cinco

Cabana - Fisterra (6-4)

  • Cabana: Roberto, Sergio, Brais (Veloso) David, Dani, Samuel, Nando, Castro (López), Manuel, Simón, Rubén. Tamén xogaron: Cristian, Eablo.
  • Fisterra: Breo, Golpes, Ayoze (Oliver), Rui (Quintela), Puyol, Yago (Álex), Aarón, Ezequiel, Mario (Xan Xixo), Cristopher (Ángel Suárez) e Isaac.
  • Goles: 1-0: Simón; 1-1 Cristopher tras gran xogada e pase de Ezequiel; 1-2 Ayoze; 2-2: Manuel; 2-3: Isaac, 3-3: Manuel; 3-4 Ezequiel; 4-4: Simón; 5-4: Simón; 6-5: Rubén nunha contra.

Partidazo de altísima intensidade entre dous candidatos ao título. A pesar do forte vento que reinaba nas Redondas, os dous equipos competiron moi ben, e deixaron un fermoso espectáculo de calidade, alternativas, entrega e goles. Os ataques, dende logo, superaron ás defensas.

Comezaba o partido con algo de respecto, pero pronto os balóns longos facíanse co protagonismo e permitían constantes chegadas á area. Fallaban as defensas ata o punto de que nos últimos 15 minutos da primeira parte marcáronse 5 goles, quedando o choque 3-4 para o cadro fisterrán, que co vento a favor, declinou o partido algo máis sobre a meta cabanesa, gracias á calidade de Ezequiel e Isaac.

Cambiou o conto na segunda. O Cabana soubo ter tranquilidade, e foi desequilibrando a balanza. Simón empataba pronto e a volta ao marcador non chegou ata os últimos 10 minutos.

O Cabana confía xa, como non facía dende os últimos anos, en pelexar polo título e a fase de ascenso. ntres, por Fisterra, despois de estar a primeira parte do campionato loitando man a man co Corme polo liderato, céntranse en mellorar en defensa e seguir competindo, pois a cousa está moi aberta.

 

Zas - San Lorenzo (2-4)

  • Zas: Adrián, Mateo, Xabi, Pablo, Manuel, Christian, Rodri, Unay, Darío, Juan e Tino. Tamén; Marcos.
  • San Lorenzo: Borja, Brais, Fidi, Iván, Esteban, Garrido, Edu, Pereiro, Castro, Pombo e Ures. Tamén xogaron: Pipa, Fran, Álvaro, Juan e Arturo.
  • Goles: 1-0, m.49: Christian; 1-1, m.60: Castro; 1-2, m.63: Pablo ; 2-2, m.67: Castro; 2-3, m.74: Fran; 2-4, m.75: Brais.

Con 12 xogadores contaba o Zas para un partido que se lle foi facendo costa arriba a medida que pasaban os minutos. A primeira metade foi bastante sosa, con algunha chegada a balón parado que non se concretou en perigo. O Zas mantíñase xuntiño sen cometer erros.

Comezaba a segunda, máis aberta, co primeiro gol dos locais nun roubo preto da área do San Lorenzo que convertían dende fóra da área. Acto seguido o empare de Castro tras boa xogada por banda dereita. Pero na seguinte acción, unha falta colgada do Zas colábase directamente.

O Zas, que se metía por dúas veces por diante, non conseguía conter as embestidas visitantes, e pouco a pouco os Castro, Gran e Brais sentenciaban a un Zas cas forzas moi xustas.

Cee - Ponteceso (5-1)

  • Goles: 1-0, m.5: Fran; 2-0, m.10: Antonio; 3-0, m.15: Fran; 4-0, m.25: Xulián; 5-0, m.35: Sergio; 5-1, m.47: David.

Partido que se decidía nunha primeira metade marcada polo vento. Un vento que soubo aproveitar o Cee para inclinar o campo cara a meta de Isaac e marchar cun claro 5-0 ao descanso.

Na segunda o Ponteceso igualou a contenda pero pouco había que facer.

Outes - Esteirana (3-0)

  • Outes: Ángel, Joel, Cristian, Perol (Mangelo, m.81), Stefan (Fabián, m.73), Mariño, Josiño, Nico, Ramón (Rubén, m.90), Kevin (Cartucho, m.58) e Fran Lires (Ryan, m.46).
  • Goles: 1-0, m.53: Ryan; 2-0, m.87: Josiño; 3-0, m.88: Ramón.

O choque xogado o sábado no Conchido foi moito máis igualado do que o resultado reflexa. Na primeira parte tuvo máis oportunidades a Esteirana que ben se puido poñer por diante no marcador.

Tralo descanso os da Serra saíron moi enchufados adiantándose Ryan cun tiro cruzado. Pero a expulsión dun xogador local fixo que a Esteirana se volcase sobre a meta de Ángel, que fixo un gran partido arroupado por unha defensa tremendamente aguerrida e solidaria, que leva demostrando durante todo o ano o cadro de Claudino. Conseguiron aguantar e nos últimos minutos, en sendas contras, sentenciaba.

Outes Xuvenil tras vencer a Esteirana

Outes xuvenil tras vencer a Esteirana

 

Sofan - Soneira (5-2)

Sofan Xuvenil que venciu ao Soneira

  • Sofán: Christian, Adrián (Fabián, m.85), Nacho, Gaby, Simón, Eloy, Cuadrado, Nachete (Dani, m.86), Kevin, Cristian Novi (Montero, m.76) Rial (Esteban, m.80).
  • Soneira: Chris, Chimi (Dami, m.65), Chasko, Ángel (Santi, m.88), Jorge, Álvaro (Rauliño, m.60), Alex, Nico, Brais, Cris Canosa (Edgar, m.73), Fran.
  • Goles: 1-0, m.7: Cristian Novi; 1-1, m.23: Álvaro; 2-1, m.30: Nachete; 2-2, m.48: Jorge; 3-2, m.74: Nachete; 4-2, m.81: Kevin; 5-2, m.89: Esteban.

O acerto cara gol do cadro sofanista foi clave para levar os puntos e abrir unha importante diferencia entre ambos conxuntos, deixando case ao Soneira sen opcións de loitar polo título. Un choque que foi moito máis igualado do que sinala o marcador, pois o Soneira creo moitísimo perigo co seu gran potencial como é o balón parado e gozaron de moi boas oportunidades mandando 3 balóns ó largueiro.

O Sofán adiantabase pronto no marcado nunha relaxación da defensa soneirán que queda Novi diante de Chris e cola o balón pola escuadra cando parecía ir fora. O cadete Álvaro aproveitaría un barullo na área para empatar o partido e Cris Canosa non acertaría no man a man e Fran remataría o largueoro e cando mellor estaban os soneiráns outro erro defensivo e aproveitado por Nacho.

a segunda parte o Soneira sairía a polo partido e pronto empataría o partido cun forte cabezazo de Jorge a saída dun córner. O Soneira empezaba acorralar o Sofán e encontraría co longueiro ata en 3 ocasións e cando estaba preto o 2-3 chegaría o terceiro do Sofán nunha serie de rebotes que deixan a Nacho diante de Chris para facer o terceiro. O Soneira volcaríase ao ataque e Jorge tería unha boa ocasión pero o seu cabezazo iríase fora e xa no desconto o Sofan mataría o encontro.

Os Miúdos - Baio (12-0)

  • Goles: Rubén (4), Antón (4), Flavio (2), Jose e Dani.

Partidazo dos Miúdos, de moito alto nivel, que non tiveron piedade dos baieses. Salvo os primeiros 5 minutos nos que chegaron nalgunha contra, no resto do partido os muradáns demostraron a súa superioridade sen baixar a intensidade.

Laxe - Camariñas (4-5)

  • Laxe: Pablo (Suárez), Borja, Amarelle, Iago (Jesús), Fernández, Kevin, Estéfano, Ángel, Cheti (Borjita), Jota (Miki) e Bieito.
  • Camariñas: Sergio, Anxo, Hugo, Cibrán, Eric, Christian, Nando, Fran, Manuel, Mario, Luís. Tamén xogaron: Brais e Dylan.
  • Goles: 1-0, m.5: Bieito; 1-1, m.15: Eric; 1-2, m.23: Nando; 1-3, m.29: Christian; 2-3, m.40: En propia; 2-4, m.60: Mario; 3-4, m.70: Bieito; 3-5, m.73: Mario; 4-5, m.84: Suárez.

Puido ter chegado a primeira vitoria do Laxe, un equipo polo que xa pasaron 3 adestradores, e que parecía que ía desaparecer hai tempo. Pero nada máis lonxe da realidade pois este Laxe compite mellor que nunca.

O partido estivo marcado polo forte vento e apouca luz. Empezaba co Laxe encimando ao rival, e marcando moi cedo. Pero o cadro camariñán íase colocando no campo e en apenas 15 minutos, comandados por un gran Mario e abusando algo máis do que busca Faus do balón longo, colocábase 1-3. Pero antes do descanso, facían os locais o 2-3 que os devolvía ao partido. Chegaba aí a expulsión de Adrián, que deixaba ao Laxe moi tocado.

Na segunda comezou o cadro visitante máis entonado, aproveitando os ocos da defensa local, que quedaba con só 3 homes atrás. Dous novos tantos dos camariñás, de Mario, ampliaban a renda pero xa na recta final o propio porteiro laxeiro Suárez marcaba de falta dende o medio campo poñendo a incertidume ata o pitido final. A piques estivo de marcar outro semellante no desconto, pero finalmente os puntos marcharon cara Camariñas.

Laxe Xuvenil

O Laxe xuvenil segue competindo

Comentarios