Xuvenís: O Corme deixa escapar o liderato en Esteiro nun final de cine
Tocáballe descansar esta semana aos Miúdos, e foron precisamente os maiores beneficiados da xornada. Manteñen o liderato os muradáns gracias ao empate do Corme en Esteiro. O cadro negro ten 56 puntos, os mesmos que o Cabana (ten o golaveraxe individual a favor), por 55 do Corme.
Era o partidazo da xornada e non defraudou, deixando ademais un final de partido non apto para cardíaco, en presencia ademais de todos os xogadores dos Miúdos que non se quixeron perder o choque. O Corme colocouse por diante ao fío do descanso cun tanto de Noel. Mantivo bastante controlado o partido, pero a Esteirana non se rendiu en ningún momento e tras intentalo e volcarse sobre todo nos últimos minutos, conseguia empatar xa superados os 90 minutos regulamentarios por medio de Solís.
Parecía que a cousa ía quedar aí pero o thriller aínda deu para moito máis. Nada máis sacar de centro Javi Bermúdez colocaba de novo ao cadro cormelán por diante. E xa aos 6 minutos de desconto, Manu conseguía o definitivo empate.
Non fallou o Cabana ante un Outes que viña embalado, pero tamén lle tocou sufrir ao cadro cabanés. Á media hora xa se colocaban 3-0 cos tantos Manu, Castro e Samu, e a cousa parecía que ía ser doada. Con todo a favor, os cabaneses decidiron borrarse do partido na segunda. O Outes recurtaba por medio de Mariño, e Manu auto expulsábase deixando con 10 aos locais. Era unha segunda metade máis embarullada, e parada, na que o Outes non tivo acerto de cara gol. E xa preto do final despois, penalti e expulsión do meta cabanés, que provoca o 3-2 (gol de penalti de Ramón) deixou uns 5-10 minutos finais de verdadeiro sufrimento para o cadro cabanés por manter, con 9 (Castro tamén foi expulsado co partido rematado), a vitoria.
Pola súa parte en 4ª posición segue o Fisterra, que bailou ao rirmo de Isaac, que fixo o que quixo no campo e permitiu que os fisterráns volvesen disafrutar. Os de Pablo Lestón, despois dun comezo de ano bastante regular, mantéñense a 7 puntos do liderato e do ascenso, polo que tampouco se lles pode descartar.
Por detras, a Esteirana e Outes, con 4, téñeno máis complicado para meterse de novo na loita.
Vindeiras xornadas
Con 8 xornadas por diante, aínda teñen todos que descansar unha xornada. Se nestas vindeiras semanas no haberá choques directos, na 31 queda un gran Corme-Cabana e na 32 un Os Miúdos- Corme.
Como dicimos, Os Miúdos ten o golaveraxe gañado co Cabana, pero aínda quedan os partidos do Corme para ver como quedan eses duelos directos e por se houbese un triple empate.