Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Mala xornada matutina para o líder

O Cabana vencia ao Seaia o pasado mercores-Foto-Cabana Soc Dep
O Cabana vencia ao Seaia o pasado mercores-Foto-Cabana Soc Dep
Xuvenís: Mala xornada matutina para o líder

Este pasado sábado houbo nova xornada da liga xuvenil, trasladada, case que ao completo á mañá pola Mikaela. Unha xornada que apreta máis o alto da táboa, pois a derrota do Soneira no Carral deixa ao Outes coa posibilidade de meterse por diante este sábado, se aproveita a xornada de descanso do cadro vimiancés. En fronte terá a un Corme que vén de menos a máis.

A xornada abríase xa o pasado mércores, no partido adiantado entre Cabana e Sporting Seaia. Os cabaneses acercáronse a 2 puntos do líder, nun partido que case sentenciaban na primeira metade con 4 goles (Castro, Miguel de penalti, Raúl e Roberto). Pero dous tantos de Cristian e Luis meteron aos de Chols no partido ao pouco de comezar o segundo tempo, e a piques estiveron de rematar a remontada e igualar o partido, ata cun balón á madeira de Luís.

Entre as novidades que nos deixa a semana é a fichaxe de David Castro polo Sporting zas, substituindo a Fofi.

 

Sofán - Soneira (3-2)

  • Sofán: Iván, Alex, Simón, Esteban, Cristian, Mateo, Aarón (Novi, m.68), Kevin, Nachete, Rial e Manu Castro.
  • Soneira: Joel, Ángel, Jorge, Pereira, Samu, Luaces, Hugo, Nico, Dylan, Raúl e Fran Moreira. Tamén: Manu, Santi, Castiñeira.
  • Goles: 0-1, m.10: Raúl; 1-1, m.20: Rial; 1-2, m.39: en propia; 2-2, m.40: Kevin; 3-2, m.64: Mateo.

Diferentes partidos viron os adestradores dos dous equipos. Para Pichón o partido rematou cun resultado “totalmente inxusto, e que ven puido acabar cun Soneira goleando o Sofán no que marrou ata 5 mans a mans, un balón o largueiro e na que os defensores sofaneses sacarías dous balóns na mesma liña de gol”. Para Nando foi un partido “dominado pola SD na primeira metade, e un tira e afrouxa na segunda, cos dous equipos tendo ocasións para levar o partido”.

O caso é que o Soneira se adiantou en dúas ocasións, pero en ambas, durante o primeiro tempo, reaccionou rápido o Sofán empatando por dúas veces. Na segunda parte, o Sofán estivo máis acertado cara gol con ese tanto de Mateo que deixa os puntos no Carral. O Soneira acabou encerrando ao cadro sofanista na súa área, con máis de 7 minutos de desconto, e unha xogada polémica, neste caso, na área soneirá por unha falta, sen porteiro, sobre Novi.

 

Corme - Zas (5-1)

  • Corme: Adrián, Miguel, Extremera, Martín Costa, Rubén, Mauro, Ángel, Hugo, Aex Mato, Manu Tasende e Noel. Tamén: Xoel, Javi Bermúdez, Iago e Luís.
  • Zas: Pereiras, García, Xabi, Isaac, Martín, Marcos, Brais, Eloy, Damián, Roi e Darío. Tamén xogaron: Fraga, Mario e Gabriel.
  • Goles: 1-0, m.5: Miguel; 2-0, m.10: Miguel; 3-0, m.55: Alex Mato; 4-0, m.55: Miguel; 5-0,m .60: Miguel; 5-1, m.79: Mario.

Partido con pouca historia, malo en liñas xerais, controlado polos locais, e condicionado polo vento no Cairo. O Corme estivo mais tempo en campo contrario e pronto se puxo 2-0 cos tantos de Miguel. Tras o descanso, cando parecía que o Zas se podería meter no partido, caeu o terceiro de Álex Mato que pechou o partido. A expulsión de Hugo Fraga deixou ademais ao Zas en inferioridade

 

Camariñas - Coristanco (0-4)

  • Camariñas: Sergio, Karim, Joel, Eric, Nando, Germán, Lucas, Jairo, Fabio, Keko e Ibrahim. Tamén xogou: Borja.
  • Coristanco: Alex Bertoa, Álvarez, Antonio, Cambón, Miguel, Casás, Fabián Nogareda, Adrián, Mario e Rubén Canto. Tamén Raúl, Cives, Joel e Óscar.
  • Goles: 0-1, m.7: Rubén; 0-2, m.56: Joel; 0-3, m.72: Joel; 0-4, m.81: Adrián.

Partido entre os dous últimos clasificados marcado polas condicións climatolóxicas. O Camariñas tiña dúas grandes baixas por sancións como son a de Dilan e Mario. O Coristanco comezaba presionando moi arriba ao Camariñas, e pronto abría o marcador. Pero foron 45 minutos de igualdade cun Camariñas aguantando en contra de vento.

Na segunda, o Camariñas non soubo aproveitar o vento, o Coristanco tentou baixar o balón e aproveitou o acerto de Joel para sentenciar.

Esteirana - Xallas (1-4)

  • Goles: 0-1, m.40: Rubén; 0-2, m.50: Nando Pensado; 0-3, m.65: Nando Pensado; 0-4, m.71: Pablo Facal; 1-4, m.85: Carlos.

Primeira metade moi igualada sen moitas ocasións ata que, a falta de 5 minutos, o Xallas rompía a igualada, tras un erro na cobertura da defensa esteirá.

Comezou forte o equipo de Gustavo na segunda pero fallaron un par de ocasións, e moi pronto o Xallas aproveitaba as súas primeiras chegadas para ampliar a renda e afundir a moral duns locais cheos de xogadores cadetes.

Cee - Ponteceso (1-1)

O equipo local empezou presionando forte nos primeiros minutos e o Ponteceso non tiña capacidade de reacción. Nun roubno en tres cuartos o Cee abría o marcador.
O Ponteceso non conseguía saír do seu campo, pero nun córner Pablo empataba antes do descanso nunha das poucas xogadas de ataque.
Na segunda parte o equipo parecía que estaba nun partido diferente no que sañiu máis animado aínda que sen sorte cara gol.

Todas as crónicas dos Xuvenís

Comentarios