Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Mikaela, a alma do entroido para a mocidade da comarca

Entroido da Mikaela de Buno 2020
Tremendo ambiente para a Mikaela de Buño
A Mikaela, a alma do entroido para a mocidade da comarca

Espectacular, un ano máis, o Enterro da Mikaela de Buño. Esa festa que se ten convertida na festa máis importante para a rapazada de toda a Costa da Morte, que non falta á súa cita entroideira na capital oleira.

O novo grupo organizador fai unha valoracion moi positiva debido en canto á participación e a boa acollida que tivo a nova ubiación do campo da festa. Ademais, o tempo, a pesar do aviso inicial de primeira hora da tarde, aguantou moi ben, e non non houbo graves altercados co complicado que é acoller tal nasa de xente.

Calculán que máis de 6.000 mozos e mozas de toda a provincia (a meirande parte disfrazada) se achegan a Buño para disfrutrar do Via Crucis de Bares da Mikaela. Foron 14 os autobuses que chegaron cargados de gañas de festa á vila oleira.

A falla Mikaela de Buno 2020

O Cruce de Cantalarana era o punto de partida para o bus-disco e a Mikaela. Pero unha tromba de auga provocou un retraso de media hora na saída. Dende aí, e durante toda a recta, non se cabía nin na rúa ata o “novo cemiterio”.

A carpa, de 1000 m², situada detrás do Centro Comarcal, permitía un espazo para disco ao aire libre moi amplo. A misa, coma sempre, foi un dos momentos máis riseiros da noite, e a queima, ao carón da carpa, un dos máis especiais, coma sempre.

A Queima da Mikaela de Buno 2020

Crónicas da Mikaela

 

Todas as novas do Entroido

Comentarios