Luns. 07.10.2024
El tiempo

Xuvenís: Os Miúdos e Cabana manteñen o pulso co permiso do Corme

Sofan Cabana de Xuvenis-Foto-SD Cabana
Imaxe do Sofán-Cabana-Foto-SD Cabana
Xuvenís: Os Miúdos e Cabana manteñen o pulso co permiso do Corme

Non fallaron os colíderes nesta 27ª xornada, aínda con 7 por diante. Os MIúdos e Cabana venceron a Outes e Sofán, e manteñen o pulso no máis alto da táboa, tendo os muradáns o golaveraxe individual a favor.

Na loita polo título e a segunda praza de ascenso mantense o Corme, que deixaba pasar o liderato co empate da semana pasada en Esteiro, fica agora un punto por debaixo dos líderes, tras vencer con claridade ao Xallas.

Polo demais, unicamente a fácil vitoria do Soneira en Cee con triplete de Fran Moreira, pois o Zas-Fisterra foi aprazado porque o cadro zaseiro non tiña efectivos, e o Ponteceso-Camariñas aínda se xoga este venres 29.

Duelo de pichichis

Na táboa de goleadores mantense o pulso entre Rubén Lago e Isaac Fábregas. O muradán leva 59 goles en 22 partidos, mentres que o fisterrán suma un tanto menos, 58, nos mesmos partidos.

Atrás quedan xa o soneirán Fran Moreira (42) ou o cabanés Manuel (37). Os números de Rubén Reigía (Cabana) e Carajillo (Esteirana), con 27 goles, xa parecen máis normais para unha competición.

Outes - Os Miúdos (1-4)

  • Outes: Ángel, Joel, Perol (Mangelo, min.72), Christian, Stefan (Canoa, m.46), Nico, Josiño (Cartucho, m.78), Ramón, Ryan, Alexis (Fabián, m.46) e Fran Lires.
  • Os Miúdos: Balayo, Ángel, Flavio, Fran, Dani, Abel, Gesto, Jose, Antón, Alonso e Rubén. Tamén xogaron: Ismiña, Jesús, Pipo e Javi.
  • Goles: 1-0, m.20: Ramón de penalti; 1-1, m.35: Rubén de cabeza a un centro de Flavio; 1-2, m.63: Jesús cun tiro cruzado; 1-3, m.70: Jesús a pase de Rubén; 1-4, m.75: Ismiña de cabeza.

Ambientazo no Conchido para ver este intenso derbi de sureño entre dous equipos á alza, onde a primeira parte foi moi igualada con oportunidades para os dous equipos. Comezou algo mellor o cadro muradán, pero era os locais os que se adiantaban dende os 11 metros. Os Miúdos facíanse máis presentes na área rival pero non acertaba por precipitacións, ata que Rubén empataba o partido a falta de 10 minutos.

Tralo descanso os negros demostraron por que están tan arriba na táboa, e fixeron unha demostración de intensidade e efectividade, aproveitando ademais a expulsión dun xogador da Serra. Vitoria xusta dos líderes.

Sofan - Cabana (3-5)

  • Sofán: Christian (Iván, m.70), Fabián (Eloy, m.45), Nacho, Adrián, Docampo (Montero, m.60), Diego (Esteban, m.45), Cuadrado (Gaby, m.60), Aarón, Cristian, Nachete e Rial.
  • Cabana: Manuel, Veloso (Collazo), Brais, David, Dani, Samuel, Nando, Javi (Íker), Pablo (Migueliño) Simón e Rubén.
  • Goles: 0.1, m.15: Simón de penalti; 0-2, m.40: Pablo; 0-3, m.55: Javi; 1-3, m.63: Montero; 2-3, m.68: Nachete; 2-4, m.70: Rubén Reigía; 2-5, m.72: Miguel; 3-5, m.76: Rial.

Partido de ida e volta con alternativas. Comezaba moi ben o partido para o Sofan, dominando e chegando en varias ocasións á portería rival. Ata que un absurdo penalti á vez que claro, cambiou a dinámica do partido. Pois o Cabana empezou a facer moito daño con balóns largos á espalda da defensa do Sofan que fixeron moito daño ós locais e chegouse con un 0-2 ó descanso, facendo unha demostración de efectividade.

Trala reanudación e cos locais botados máis ó ataque e gozando novamente de varias ocasións sería o Cabana o que faría o 0-3. Aínda así o Sofan non lle perdería a cara ó partido e lograría recurtar distancias 2-3, aínda que a alegría local non duraría moito xa que logo sentenciou o Cabana con dous goles máis.

Corme - Xallas (3-1)

  • Corme: Lucas, Martín Costa, Noel, Aitor, Ángel, Eloy Villar, Javi Bermúdez, Mauro, Alex Mato, Samuel e Manu Garrido. Tamén: Miguel, Manu Tasendem Alex Nieto, Manu Cancela e Xoel.
  • Xallas: Brais Espasandín, Iván, Héitor, Víctor, Adri López, Grille, Brais García, Fabián Pérez, Mourelle, Brais Calo e Fabián Amarelle. Tamén: Nando.
  • Goles: 1-0, m.41: Samuel; 2-0, m.50: Eloy Villar; 3-0, m.54: Javi Bermúdez; 3-1, m.87: Fabián Amarelle.

Partido que aguantou igualado durante o primeiro tempo, aínda que foi o equipo local o que se achegou con máis perigo á portería rival, non sendo capaz de materializar as súas ocasións.

O tempo de descanso foi dificil para o Xallas, xa que nos úlitimos minutos da primeira parte e os primeiros da segunda o equipo local sería quen de anotar dous tantos no marcador. A partir dese instante, o control foi absoluto para o Corme, quen a pesar do gol marcado polo Xallas, soubo manexar os últimos minutos do encontro.

San Lorenzo - Esteirana (2-1)

  • San Lorenzo; Borja, Ures, Juan, Álvaro, Iván, Pablo, Fidi, Edu, Brais, Fran e Pombo. Tamén: Pipa, Arturo, Esteban e Jota.
  • Esteirana: Curriño, Rodrigo, Kevin, Chaki, David, Alex de Dina, Xian, Robi, Juan, Fari, Carajillo. Tamén: Sergio, Álex e Benja.
  • Goles: 1-0, m.20: Brais: 1-1, 22: Carajillo: 2-1, m.71: Brais.

Crónica: Disputado partido, moi entretido e con continuas chegadas á área por ambos bandos, cun cadro local que se adaptou moito mellor ao céspede do campo de Verdillo. Os de Juni, cunha presión moi avanzada, non deixaron desenvolver o seu fútbol aos esteiráns, estando ademais moi serios en defensa.

Cara a media hora, sería o San Lorenzo, tras gran xogada individual de Brais que se desfacía de 2 xogadores, o que se poñía por diante. Pero en poucos minutos un gran pase filtrado da Esteirana era definido cun globo de Carajillo ó que Borja non chegaría.

Na segunda metade seguía a mesma dinámica de ida e volta, e tras xogada de Fran tería o 2-1 Brais a bocaxarro, pero o seu remate iríase arriba. Despois un par de balóns laterais da Esteirana pasearíanse sen atopar rematador. Faltaban uns 20 minutos cando unha gran incorporación por banda de Iván sería finalizada cun centro medido que desta vez si, Brais conseguiría cabecear ó fondo da portería. Os últimos minutos foron un quero e non podo dos visitantes, e co 2-1 remataría o encontro.

Máis información

Todas as crónicas das Ligas Xuvenís

Comentarios