Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xuvenís: Os Miúdos, máis líder tralos tropezos de Corme e Cabana

Fisterra-Corme de xuvenis-Foto-Fin Lema
Imaxe do tenso Fisterra-Corme de xuvenis-Foto-Fin Lema
Xuvenís: Os Miúdos, máis líder tralos tropezos de Corme e Cabana

Foi o cadro muradán dos Miúdos o gran beneficiado da xornada ao manterse líder sen xogar. Tocáballe descansar, pero nin Corme nin Cabana aproveitaron esa circunstancia permitindo que os cabaneses se manteñan no máis alto da táboa.

Se ben o do Corme non se pode considerar un tropezo (caer en Ara Solis ante un Fisterra que ata hai nada estivo pelexando polo liderato entra dentro do normal), a derrota do Cabana na casa ante o Ponteceso si que sorprendeu a todos.

Así, os Miúdos son líderes con 65, os mesmos que o Corme, que ten un partido máis, e aínda ten que visitar o Eleuterio Balayo. Por detrás, a tres puntos, queda o Cabana.

E precisamente unha das citas desta Semana Santa será na Liga Xuvenil, cando Corme e Cabana, despois dos seus tropezos, se disputen a posibilidade de manterse vivos na loita polo título. Esperan que o cadro muradán se deixe algo no Pinguel.

Pichichi

Isaac Fabregas no Fisterra-Corme xuvenil
Isaac Fábregas no choque desta fin de semana ante o Corme-Foto-Fin Lema

Na loita polo pichichi, agora é o fisterrán Isaac Fábregas o máximo goleador, con 62 goles en 24, polos 59 tantos do muradán Rubén Lago. Manu Romero (Cabana) e Fran Moreira (Soneira) levan nada menos que 44 tantos.

CopadaCosta

Este martes celébrase o sorteo da Copa Xuvenil, así como a cadete e a infantil, no Concello de Zas. Esta mesma noite estará actualizado en www.copadacosta.com.

Fisterra - Corme (3-3)

  • Fisterra: Breo, Rui, Ayose, Eze, Rodri, Jon, Isaac, Aarón, Iván Escarís, Yago e Ángel. Tamén: Iván, Xan Xixo, Alejandro, Mario e Oli.
  • Corme: Lucas, Ángel, Noel, Aitor, Martín Méndez, Eloy Villar, Mauro, Javi Bermúdez, Manu Tasende, Martín Costa e Manu Garrido. Tamén: Alex Nieto, Alex Mato, Miguel e Xoel.
  • Gles: 1-0, m.23: Isaac; 1-1, m.28: Aitor; 2-1, m.45: Iván Escarís; 2-2, m.52: Noel; 2-3, m.53: Eloy Villar; 3-3, m.75: Ivñan Escarís.

Partido tremendamente igualado en Ara Solis, con alternativas no marcador e no xogo. O Fisterra foi lixeiramente superior no primeiro tempo, e se aproveitou de tres erros defensivos do cadro cormelán. Adiántábae nunha xogada individual de Isaac ante a pasividade dos visitantes. Pouco tardaba en empatar o cadro cormelán, cun golazo de falta directa de Aitor. Antes o descanso, unha boa xogada colectiva acababa cun centro que o cadete, e protagonista, Iván Escarís remataba a gol no segundo pau.

Na segunda cambio o contó e o Corme saíu máis enchufado. os 7 minutos empataban nun córner e na seguinte xogada, tras un córner a favor dos verdes, contra rápida e o terceiro para o cadro azulón. O Fisterra non se precipitou e xogou con tranquilidade buscando a igualada, e un gran pase de Ezequiel a Iván Escarís permítelle facer o empate.

Desde aí ao final, cada equipo pediría un penalti pero o árbitro non se quixo mollar.

Fisterra-Corme Xuvenil en Ara Solis-Foto-Fin Lema

Cabana - Ponteceso (3-4)

  • Cabana: Roberto, Javi (Cristian), Brais (Sergio), Savid, Samuel, Pablo (Veloso), Nando (Dani), Castro, Manuel, Simón, Rubén (Collazo).
  • Ponteceso: Lukas; Adrián, Martín, Diego, Raúl; Musi, Jose, Pop (Borja), David (Marco), Pablo (Iván Rey) e Isaac.
  • Goles: 0-1, m.8: Isaac; 0-2, m.65: Pablo; 1-2, m.66: Manu Romero; 2-2, m.75: Manu Romero; 3-2, m.88: Manu Romero; 3-3, m.94: Iván Rey; 3-4, m.96: Iván Rey.

Partido de proximidade, e de aí a tensión e as gañas de gañar dun Ponteceso que non se xogaba nada, que demostraron que non se notase no campo a difrerencia que hai na táboa. Os cabaneses non estiveron a altura, sen a tensión necesaria para levar o choque.

O Ponteceso combinaba e esperaba erros do rival, e pronto se adiantaba despois dun roubo no medio campo e unha boa saída de Isaac. O Cabana non reaccionaba e apenas obrigou a Lukas a facer un par de intervencións durante o primeiro tempo.

Subía liñas na segunda o cadro cabanés, e mesmo mandaba dous balóns á madeira. Pero á contra Pablo facíao 0-2. Comezaron aí 20 minutos de verdadeiro asedio cabanés, e da man do goleador Manu, o equipo local era quen de facer o máis difícil, darlle a volta ao marcador. Pero o Ponteceso, xa cos 90 regulamentarios cumplidos e cun home menos, non se rendiu, e tras unha tangana que sacaba aos locais do partido, dous balóns colgados mal defendidos, Iván Rey volvía envorcar o resultado a favor do cadro pontecesán nun final de infarto.

Sofán - Outes (3-2)

A fin de semana pasada deixou ademais o partido adiantando da xornada 31 entre Sofán e Outes. Un gran partido de Nachete e Diego que amargaron a tarde do Outes.

Máis información

Todas as crónicas das Ligas Xuvenís

 

Comentarios