Venres. 11.10.2024
El tiempo

Xuvenís: Póker de líderes

Cee-seaia Xuvenil
Imaxe do choque entre Cee e Seaia
Xuvenís: Póker de líderes

Catro equipos quedan compartindo o liderato trala segunda xornada da Liga Xuvenil. Cabana, Seaia, Esteirana e Outes perfílanse como os primeiros candidatos, nunha xornada xa con menos goleadas e máis igualdade.

Sofán - Cabana (3-6)

Sofan Xuvenil ante o Cabana-Foto-SD Cabana

  • Sofán: Borja, Álex, Lucas (Simón, m.45), Esteban (Jose, m.62), Adrián, Cristian (Diego, m.45), Aarón (Alex Pereiro, m.65), Mateo, Rial, Nachete, Kevin.

Cabana ante o Sofan-Foto-Cabana

  • Cabana: Roberto, Sergio (Brais), Cristian (Javi), David (Collazo), Queiro, Samuel (Pablo), Dani, Castro, Raúl, Simón, Rubén (Adrián).
  • Goles: Rubén, David (2), Simón, Adrián, e Raúl para o Cabana; Kevin (2), Nachete para o Sofán.

Partido máis igualado do que di o resultado. De feito, foi o cadro sofanista o que dominou a primeira metade, colocándose por diante cos tantos de Kevin e Nachete. Nese momento foi clave a aparición do meta cabanés Roberto, que impediu que os locais ampliasen a renda de goles, facendo paradas case imposibles. Ata que xusto antes do descanso, o cadro cabanés, en dúas xogadas a balón parado puña un inxusto empate no marcador.

Comezou a segunda cun Cabana moito máis metido no partido, facendo valer a súa veteranía para levar o partido a onde querían, colocándose 2-4. O Sofán non caeu do partido, recurtou distancias e se volcou sobre a meta cabanesa, pero á contra, nos últimos 5 mninutos, os rossoneros sentenciaron.

 

Cee - Seaia (1-6)

  • Cee: Pablo Oreiro, Adrián Mere (Leo, m.46), Elihu, Yago, Brais Rey, Martín Rey (Xulián, m.65), Iago Muíño, Íker, Chila (Nico, m.65), Pablo Rey e Alex Castro.
  • Seaia: Mario, Anxo, Adrián, Samuel, Pablo, Joel, Mario, Cristian, Fabián, Luís, Raúl. Tamén xogaron: Román, Hugo, Pereira e Rubén.
  • Goles: Raúl (2), Luís e un en propia para o Seaia; Álex Castro para o Cee.

Cee e Seaia Xuvenil

Saíu o Cee bastante despistado, sen intensidade, ao campo e en media hora xa levaban tres ao lombo, ante un Seaia moi enchufado. O gol de Álex Castro reducía distancias pero o Seaia marchou cun 1-3 ao descanso, que puido reverter o cadro de Riki nos últimos compases. Na segunda, os ceenses saíron moito máis enriba, arriscando, e chegando á meta dos de Esmorís. Pero non conseguían acortar diferencias e faltando 20 minutos un tanto á contra dos visitantes mataron o partido. Nos últimos minutos, o cadro malpicán completaba a goleada á contra ant eun Cee volcado e desacertado.

 

Os Miúdos - Outes (2-4)

  • Os MIúdos: Alberto, Vara, Diego, Fran, Javi; Ángel, Alonso, Raúl, Álex, Jesús e Isma. Tamén: Álvaro, Quino, Pablo e Iago.
  • Outes: Ángel, Xavi, Rubén, Perol, Sanchiño, Jandro (Isma, m.84), Nico, Fabio (Ángel, m.52), Aarón (Estefan, m.73), Kevin (Siso, m.68), Fran Lires (Iván Tuñas, m.90).
  • Goles: 1-0, m.5: Ismael; 1-1, m.7: Kevin tras un gran pase de Alejandro; 2-1, m.38; Alonso; 2-2, m.46: Sanchiño dende fóra da área; 2-3, m.65: Nico de falta coa axuda da barreira; 2-4, m.94: Siso.

Primeiro tempo moi completo dos muradáns, que se colocaron por diante en dúas ocasións. O segundo tempo comezaba co gol de Sanchiño para facer o empate. O partido igualábase en todas as facetas, pero a expusión temprana na segunda metade dun muradán foi clave no devir do segundo tempo, pois nesa mesma falta os da Serra se colocaban por diante. Os muradáns, desacertados cara gol, ían xa a remolque cun home menos, e os da Serra puideron ter sentenciado con varias contras de Fran Lires. Pelexaron ata o final os locais, pero xa cando pasaban os 90, unha indecisión a un balón longo entre o defensa e o porteiro, o dianteiro Siso, rouboulles a carteira e definiu perfectamente de vaselina para meter o 2-4 co que rematou o partido.

 

Coristanco - Xallas (1-14)

  • Goleadores: Rubén para o Coristanco; Iván Fidalgo (2), Rubén Sande (2), Brais Calo, Kevin, Christian (2), Fabián Amarelle (2), Pablo Facal, e Brais García para o Xallas.

Sabían en Coristanco que ía ser un ano complicado, pero contar ademais con 5 baixas, quedando só Cristian con 10 xogadores de campo (e un cadete) parece tamén cousa das meigas. O Xallas de Rupper non tivo piedade, e demostrou a diferencia que houbo no campo. Non tardaron en abrir o marcador, e os rapaces de Cristian viñéronse pouco a pouco a baixo. Cos cambios o ritmo do Xallas non baixou de aí o resultado. En todo caso, o porteiro local fixo numerosas paradas de gran mérito.

 

Malpica - Zas (2-1)

Malpica xuvenil en Pedra Queimada-Foto-Fede
11 do Malpica-Foto-Fede

  • Malpica: Íker, Álex García, Villa, Juan, Souto, Renzo, Cristian, Álex Orgueira, Costi, David, Álex Nieto. Tamén xogaron: Iván Yerai, e Villar.
  • Zas: Adrian, García, Róber, Isaac, Xabi, Darío, Marcos, Hugo Fraga, Damián, Anibal e Brais. Tamén xogaron: Eloy, Gabriel, Mario e Martín.
  • Goles: 1-0, m.56: Costi; 2-0, m.74: Costi; 2-1, m.80: Brais.

Malpica e Zas saltan ao campo de Pedra Queimada-Foto-Fede

O Malpica xogou o segundo partido na Pedra Queimada, aíinda que desta vez foi como local, xa que no primeiro partido xogou como visitante o enfrentarse co Sporting Seaia que nesa ocasión faciao como local. Foi un partido moi igualado e entretido, que se decantaría na segunda metade, cos dous golles de Costi, que recurtaría Brais pero sen chegar a remontar.

A primeira empezaría cos dous equipos agazapados, sen tomar riscos, e moito xogo no medio campo, bregado pero sen ocasións. Na segunda parte cambiou, e empezaron a vir as ocasións e a aparecer un pouco máis os porteiros. Eran os locais os máis acertados e Costi non fallaba dous mans a mans con Adrián.
Non se viron abaixo os de Fofi, pero nin Darío nin Anibal estiveron acertados. Só Brais, a falta de 10 minutos, recurtaba pero os de Gurita quedaban con 10 e non conseguían chegar á área rival. Só na última xogada, Aníbal tivo un balón en boca de gol que mandou alto, deixando a vitoria para os malpicáns.

 Imaxe do Malpica-Zas de Xuvenis-Foto-Fede

Camariñas - Esteirana (0-5)

  • Camariñas: Sergio, Iago, Cibrán, Nando, Arraf, Eric, Dylan, Jairo, Germán, Lucas e Ibrahim. Tamén xogaron: Keko e Borja.
  • Esteirana: Tajes, Rodri Kevin, Priegue, Carlos, Teijo, Juan, Javi, Óscar, Rubio, Álvaro. Tamén: Antón, Manel, Núñez e Alex.

Partido con diferencia entre os dous proxectos, que se materializou en media ducia de goles Os esteiráns dominaron todo o encontro, e os de Faus conseguiron aguantar media hora bastante ben, pero dous tantos nese momento os descolocaron. Pelexar, pelexaron ata o final os camariñáns.

 

Ponteceso - Soneira (2-2)

  • Soneira: Joel; Dami, Chasko, Jorge, Rauliño, Pablo, Nico, Dylan, Hugo, Fran e Sergio. Tamen xogaron: Brais, Antonio e Santi.
  • Goles: 1-0, m.1: Sergio; 1-1, m.25: Iván Rey; 1-2, m.53: Eloy; 2-2, m.55: Sergio.

Partido estrano o disputado no Municipal de Vimianzo (cambiou a orde polas obras de San Andrés) que puido ter acabado en goleada para os vimianceses, pero tamén puido ter rematado de lado pontecesán. O pontecesáns saíron despistados regalando un tanto nada máis comezar, e Soneira, enchufadísimo, roubaba, combinaba e facía perigo. Puido ter goleado o cadro soneirán, pero perdoou, mandando balóns á madeira e todo. E na única chegada dos pontecesáns á área rival, empatarían deixando unha igualada inxusta no marcador ao descanso.

A segunda, O Ponteceso replegouse e armouse mellor en defensa e intentou saír á contra, pero o Soneira batía contra a súa defensa. Marcou nunha contra o Ponteceso, pero rapidamente Sergio empataba. O meta visitante salvaría aos pontecesáns de novo en varias ocasións, pero tamén, aproveitando que os soneiráns quedaban con 10, sacaron un par de contras e Eloy e Marco puideron ter decantando o partido para os de Lilo, aínda sen o carácter e as gañas suficientes para estar na zona alta.

 

Crónicas da Ligas Xuvenil

  • Arrincou unha emocionante temporada.
  • Comentarios