Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Arrincou unha emocionante temporada

As táboas de resultados e clasificacións sempre en www.futboldacosta.com.
Zas-Coristanco Xuvenis
Imaxe do choque entre Zas e Coristanco
Xuvenís: Arrincou unha emocionante temporada

Arrincou unha nova temporada na Liga Xuvenil. Unha liga que ten con baixas importantes como a do Fisterra, un dos equipos da zona alta das últimas tempadas, pero que se presenta apaixoante.

Cada martes (esta semana fíxosenos costa arriba), manteremos o pulso da competición coas crónicas da man dos adestradores da liga, e ademais sabedes que cada sábado tendes os resultados ao segundo de remataren os partidos en www.futboldacosta.com.

Adestradores da Liga Xuvenil 19/20

  • Cabana: Fernando (volve tras un ano nos sénior).
  • Soneira: Pichón (repite)
  • Sp. Seaia: Esmorís (novo equipo)
  • Outes: Fernando (repite).
  • Esteirana: Gustavo (novo)
  • Zas: Adrián Varela "Fofi" (novo)
  • Sofán: Nando (repite)
  • Xallas: Rupper (novo)
  • Corme: Ángel Pérez (novo)
  • Ponteceso: Lilo (novo)
  • Os Miúdos: Mané Senande (novo)
  • Cee: Riki (repite)
  • Malpica: Gurita (repite)
  • Coristanco: Cristian (novo)
  • Camariñas: Faus (repite)

Soneira - Coristanco (8-0)

  • Soneira: Joel; Dami, Chasko, Jorge, Antonio, Pablo, Nico, Dylan, Rauliño, Fran e Sergio. Tamén xogaron: Manu, Richi, Brais, Hugo e Santi
  • Coristanco: Antonio, Rubén Canto, Chepas, Rubén Álvarez, Yoel, Fabián, Alex Nogareda, Adri Alvarellos, Diego, Rubén Camafreita, Raúl. Tamén xogou: Mario.
  • Goles: Fran Moreira (3), Pablo (2), Raúl, Jorge e Ricardo.

Partido moi cómodo para o Soneira ante un novo Coristanco, tras case un ano enteiro en branco. Un Coristanco que comeza o curso con apenas 12 xogadores, ante as baixas e o curto do plantel, e que comezou cunha presión alta e unha liña defensiva a altura do medio campo. Ata os 15 minutos o partido estaba igualado, pero a partir do primeiro gol soneirán, os nervios, o medio e o baixón moral deixaba aos da pataca a mercé dun Soneira que asinaba un set ao descanso.

Tras unha charla en vestiarios, a S.D. Coristanco sairía a dalo todo aumentando a presión sobre o rival e aproveitando que os locais baixaran o pistón. Tiveron 3 ou 4 ocasións para abrir o marcador, pero foron os soneiráns os que marcarían dous tantos máis.

 

Outes - Ponteceso (4-2)

outes xuv
11 do Outes

  • Outes: Ángel, Xavi, Estefan (Fabio, m.60), Perol, Sanchiño, Iván Capelo, NIco, Ángel (Jandro, m.55), Josiño, Aarón (Siso, m.78), Kevin (Martín, m.89).
  • Ponteceso: Adrián Ordóñez, Adrián Lema, Pablo Sánchez, Roberto, Raúl, Diego Álvarez, Marco, Arturo, Iván Rey, Martín e Isaac. Tamén: Lucas Rey, Carlos Márquez, Eloy, David Castro e Carlos Suárez.
  • Goles: 1-0, m.27: Kevin; 1-1, m.31: Marco; 1-2, m.57: Isaac; 2-2, m.69: Aarón; 3-2, m.80: Kevin; 4-2, m.87; Kevin.

Partido vibrante o xogado o sabado no Conchido, moi igualado no que os 2 equipos optaron por un xogo moi directo. A primeira metade rematou cun empate, tras 45 minutos sen demasiadas ocasións para ningún dos dous equipos, se ben os locais foron os que máis se prantaron en área contraria.

Na segunda metade o xogo volveuse moito máis directo aínda e comezaron a chegar as ocasións para os dous club debido a erros nas defensas de ambos equipos. Sería o Outes quen se adelantaria no marcador nunha contra levada por Kevin, pero o Ponteceso soubo empatar e adiantarse no marcador poñéndose 1-2, tras dúas xogadas a balón parado.

O Outes subiu liñas e foi decididamente por un partido que contaban con ter gañado con maior solvencia. Aarón conseguía e Kevin, marcaría o terceiro pouco despois, completando o seu triplete a 5 do final.

 

Zas - Os Miúdos (3-1)

  • Zas: Adrian, Roberto (Pablo, m.58), Isaac, Manu Pose (Eloy, m.66), Alex García, Damián, Marcos, Hugo Fraga, Darío, Mario (Anibal, m.52), Brais (Gabri, 85).
  • Os Miúdos: Alberto, Isma, Diego Javi, Quin; Ángel, Raúl, Pablo, Alonso, Jesús; Álex. Tamén xogaron: Álvaro, Fran, Ramñon, Xoán e Álvaro.
  • Goles: 1-0, m.4: Brais de penalti; 2-0, m.15: Darío a pase de Brais; 3-0, m.89: Eloy; 3-1, m.90: Jesús.

Zas-Coristanco xuv 2

Encontro máis igualado do que sinala o marcador, no que o acerto dos zaseiros foi clave para levar o partido, ante un cadro muradán que lanzou ata 20 córners e só marcou no desconto.

Adiantouse pronto o cadro local, cun penalti transformado por Brais,cometido sobre el mesmo. Os Miudos intentaban entrar no partido pero Darío aproveitaba unha indecisión entre a defensa e o porteiro muradáns para facer o segundo ao cuarto de hora.

Apartir de aí o partido cambiou e Os Miúdos fixéronse co control do partido e saíndo moi ben ás contras, creando moito perigo e convertindo ao porteiro local, Adrián, no heroe do partido.

Xa na segunda parte o partido convertiuse nun ida por volta, coas ocasións máis claras estaban para os Miúdos, pero os Isma, Aarón, Jesús… batían unha e outra vez con Adrián. E cando mellor estaba os Miudos, Anibal recupera un balón na banda, fai unha xogada individual para safarse do seu marcador e colgaba o balón ao segundo pau, onde Eloy entraba libre de marca para facer o 0-3 no 89 e matar o partido.
Xa no tempo de desconto, na ultima xogada os Miúdos aproveitaba unha xogada embarullada na área para recortar distancias e deixar o resultado en 3-1.

 

Seaia - Malpica (7-1)

Malpica Xuvenil 2019-2020
Plantel do Malpica para este curso

  • Seaia: Mario, Adri, Samuel, Hugo, Joel, Mario, Cristian, Javi, Luís, Anxo e Raúl.
  • Malpica: Íker, Nichi, Villa, Juan, Souto, Renzo, Cristian, Ramos, Costi, David, Álex. Tamén xogaron: Iván e Villar.
  • Goles: Luís (4), Cristian (2) e Raúl para o Seaia e Álex polo Malpica.

Pouco puderon facer os rapaces de Gurita frente os de Esmorís. O resultado explica ben o visto no campo cuns sportinguistas foron superiores aos seus veciños da capital que loitaron canto poideron, pero sen estar aínda demasiado conxuntados, pero que nada puideron facer ante a superioridade do Seaia.

Destacar neste derbi a gran deportividade que amosaron ambos equipos, así como os 200 siareiros que se congregaron no campo da Pedra Queimada.

 

Esteirana - Cee (3-1)

  • Esteirana: Tajes, Priegue, Kevin, Rodri, Óscar, Núñez, Carlos de Nely, Teijo, Juan, Rubio e Álvaro. Tamén: Javi, Alex, Fidel, Manel, Sergio.
  • Cee: Xacobe, Adrián Mere (Yago, m.46), Rodri, Fran (Elihu, m.70), Brais Rey, Iago Muíño, Pablo Rey (Martín Rey, m.46), Alex Castro, Chila (Tomás, m.70), Íker e Isaac.
  • Goles: 1-0, m.10: Álvaro; 2-0, m.30: Teijo; 2-1, m.55: ; 3-1, m.60: Álvaro de falta.

Bo partido da Esteirana ante un Cee que vén de reforzarse moi ben este verán. Pero non comezaron ben os de Riki que se viron sorprendidos pola presión en campo contrario dos de Gustavo, e as súas rápidas transiciones ofensivas coas se colocaban por diante á media hora.

O Cee empezou máis enchufado o segundo tempo, e pronto conseguía recurtar. Pero 5 minutos despois, tras unha falta (protestada polos visitantes) chegaría o 3-1 que sería demasiado para os censes. O partido rematou sen demasiado ritmo.

 

Cabana - Camariñas (9-0)

  • Cabana: Roberto, Sergio, Brais, Queiro, Dani (Veloso), David, Javi (Pablo), Samuel, Raúl, Simón (Íker) e Cristian.
  • Camariñas: Sergio, Iago, Germán, Nando, Jairo, Dylan, Eric, Lucas, Quejo, Fabio e Ibrahim. Tamén xogou: Ignacio e Borja.
  • Goles: Simón (2), Raúl (2), Dani (2), Sergio, Javi e Cristian.

Moita diferencia neste comezo de curso entre un Cabana ao que volven Fernando trala súa experiencia cos sénior (positivísima conseguindo o ascenso á Liga da Costa), e un Camariñas no que Faus conta con moitos rapaces de primeiro ano e mesmo algún cadete. Vai ser unha temporada longa para o cadro camariñán, que espera ter forzas para manter a competitividade. Esta semana aínda puido abrir o seu marcador cun par de boas ocasións a balón parado, pero os cabaneses non tiveron piedade.

 

Corme - Sofán (2-3)

Sofan Xuvenil 2019-2020
11 do Sofán no Cairo

  • Corme: Adri, Miguel, Gabri, Martín Costa, Rubén, Mauro, Ángel, Hugo, Javi Bermúdez, Alex Mato e Noel Vidal. Tamén: Antonio, Xoel, Manu Cancela, Luís e Borja Torrado.
  • Sofán: Borja, Alex Vázquez, Simón (Diego, m.52), Esteban (Adrián, m.52), Lucas, Mateo, Cristian (Jose, m.58), Nachete (Alex Pereiro, m.58), Kevin, Rial e Aarón (Raúl, m.58).
  • Goles: 0-1, m.22: Nachete; 0-2, m.41: Nachete; 0-3, m.52: Nachete; 1-3, m.77: Hugo; 2-3,m .91: Xoel.

Imaxe do Corme-Sofan de Xuvenis-Foto-Fin lema
Imaxe do Corme-Sofan de Xuvenis-Foto-Fin lema

Partido con dúas partes moi diferenciadas marcadas polo vento presente no Cairo. Primeira parte para o Sofán con un espectacular Nachete que acertou de cheo marcando un triplete, o primeiro despois dunha bonita vaselina ante a saída a medias do porteiro, o segundo despois dunha boa xogada individual que remataría el mesmo polo pau corto. Despois do descanso e tras un rexeite ó borde da área remataría coa zurda un tiro que entrou pegado ó pau.

Tras o descanso e avivarse un pouco o vento recortaría distancias o Corme cun auténtico golazo dende 25 metros de Hugo. Co 1-3 serían as mellores ocasións para o Corme que mandarían un balón ó pau longueiro, e xa no desconto farían o 2-3 definitivo.

As táboas de resultados e clasificacións sempre en www.futboldacosta.com.

Comentarios