Xuvenís: O Outes aproveita o descanso do Seaia e toma o mando
Descansaba o intratable Seaia de Esmorís e o Outes de Fernando non desaproveitou a ocasión para alzarse no liderato. Un Outes que suma 5 de 5 (o Comité dalle os tres puntos trala incparecencia do Malpica na x.3). Por detrás métese o Soneira de Pichón, sendos os 3 os únicos invictos da competición.
Foi a semana do 3, pois 6 equipos sumaron 3 goles. En Castriz, o Xallas conseguiu un valioso empate , con 9, ante un Cabana chamado a estar máis arriba. Como os Corme e Esteirana, que tamén empataban noutro partido de tolos que se decidiu no desconto.
Xallas - Cabana (3-3)
- Xallas: Fabián; Mou, Nando, Vila; Brais García, Iván, Espasandín; Kevin, Rubén e Christian.
- Cabana: Roberto, Sergio (Adrián), Cristian, David, Dani, Samuel (Queiro), Javi (Collazo), Castro, Raúl, Simón, Rubén (Íker).
- Goles: 0-1, m.11: Castro; 1-1, m.15: Brais; 1-2, m.17: Samuel; 2-2, m.29: Nando; 2-3, m.53: David; 3-3, m.73: Rubén.
Foto-SD
Partido igualado, cun Cabana que se puxo ata 3 veces por diante pero que se atopou un Xallas que non deu o partido por perdido en ningún momento e respondeu a cada golpe. E iso que o Xallas xogou case mediia hora con 9 homes polas expulsións de Brais, por revolverse tras un agarrón continuado, e Mou, por protestar (tamén era expulsado Eloy no desconto) , pero a relaxación dos cabaneses permitiu as xalleiros sumar un valioso empate.
Esteirana - Corme (3-3)
- Esteirana: Tajes, priegue, Rodri, Antón, Carlos de Nely, Teijo, Juan, Javi, Óscar, Rubio e Álvaro.
- Corme: Adri. Antonio (Yago), Martín (Rubén), Mauro, Ángel, Xoel (Luís), Manu, Javi, Alex (Borja), Noel, Garrido (Miguel).
- Goles: 1-0, m.10 Priegue; 1-1, m.11: Javi; 1-2, m.32: Alex; 2-2, m.83: Teijo; 3-2, m.85: Álex Sande; 3-3, m.94: Yago.
Fermoso partido o vivido en Esteiro con dous equipos chamados a estar máis arriba do que están. A primeira metade tivo algo máis de cor azul, ante un cadro local con moitas díbidas co balón. Así e todo Priegue adiantaba aos de Gustavo, pero Javi recurtaba para os de Ángel, e Álex daban vantaxe aos cormeláns antes do descanso. Pediron aí os locais un penalti e protestaron un gol anulado.
Na segunda cambiou o panorama. A Esteirana levou o control, conseguindo dominar o medio campo, e creando boas ocasións. Pero o gol non chegaba. Só a falta de 7 minutos rompeuse o partido. Teijo e Álex Sande lle daban a volta ao marcador, pero xa no desconto, á saída dun córner Yago asinaba o empate definitivo cun disparo desde fóra da área.
Coristanco - Malpica (3-5)
- Coristanco: Samuel; Álvarez, Chepas, Joel, Canto, Camafreita, Souto, Nogareda, Miguel; Adrián e Diego. Tamén: Antio, Raúl, David, Mario, Casas.
- Malpica: Íker; David, Alejandro V., Juan, Souto, Ramos, Cristian, Amarelle, Costin, Orgueira, Alejandro G. Tamén: Iván, Martín.
- Goles: 0-1, m.12: Orgueira; 0-2, m.35: Juan; 0-3, m.44: Costin; 0-4, m.55: Orgueira; 0-5, m.67: Costin; 1-5, m.75: Diego; 2-5, m.76: Raúl; 3-5, m.87: Diego.
Partido celebrado no campo dA Rocheira¡, onde o Malpica dominou boa parte do encontro pero a piques estivo de levar un susto no treito final. Cristian contou por fin con todo o plantel, cun cadete baixo paus, se ben aos 10 minutos xa sufrían unha lesión de Adrián. O dominio visitante no primeiro traduciuse nun claro 0-3.
Na segunda, xa co 0-5, a expulsión de Orgueira notouna o equipo de Gurita e os locais foron arriba, recurtando ata 3-5, e con algunha ocasións máis.
Soneira - Cee (4-1)
- Soneira: Joel; Antonio, Manu, Chasko,Dami, Rauliño, Dylan, Nico, Brais, Fran e Sergio. Tamén xogaron: Richi, Santi e Hugo.
- Cee: Pablo, Iago, Merexo, Brais, Benlloch, Iago Muíño (Elihu), Castro, Pablo Rey (Isaac), Nico (Chila), Tomás (Leo), Íker.
- Goles: 0-1, m.32: Nico; 1-1, m.48: Sergio; 2-1, m.53: Fran Moreira; 3-1, m.62: Fran Moreira; 4-1, m,78: Sergio.
Partido con dúas partes moi diferenciadas no Municipal. A pesar de que o Cee (dirixido esta semana por Abraham trala destitución de Riki) comezaba algo durmido e o Soneira tivo un par de achegamentos, foi o cadro ceense, ben ordenado, o que facía máis dano cun xogo combinativo e contras rápidas, as que chegaba sempre mal a presión os soneiráns. Íker, tras regatear a Joel daba o primeiro aviso, e Tomy facía p propio antes de que Nico os adiantase, puidendo marcar o segundo antes do descanso.
Pero na segunda parte o Soneira sairía moi enchufado e dominando por completo o Cee, mediante un bo xogo combinativo e transicións moi rápidas e pronto lle daría a volta o marcador. Un erro medindo un balón permitiulle roubar a Sergio para empatar. Rompeuse aí o partido, e a río revolto, pescou o Soneira. De contado apareceu Fran Moreira para facer dous tantos, un de cabeza nun córner e outro a porta baleira a pase de Brais. Sergio tras unha moi boa xogada colectiva faría o cuarto e mesmo puido facer o quinto pero de carambola o porteiro evitaría o hattrick.
Todos aseguran que o Cee sairá do “bache” e parece que esta semana competiu ben ante o líder.
Zas - Sofán (1-3)
- Zas: Adrián; Rober, Isaac, Pablo, Damián; Marcos, Fraga, Brais; Darío, Anibal, Martín. Tamén xogaron: Eloy, García, Mario e Xabi.
- Sofán: Borja, Alex Vázquez, Simón, Esteban, Lucas, Cristian, Aarón, Mateo, Raúl, Pereiro e Jonatan. Tamén; Brais, Diego e Fraga.
- Goles: 0-1, m.43: Aarón; 0-2, m.56: Jonatan; 0-3, m.67: Raúl; 1-3, m.77: Isaac.
Comezaba o Sofán dominante, pero o partido mantíñase con moita disputa en medio campo. Co paso dos minutos o Zas foi baixando a intensidade e a concentración, e o Sofán incrementaba as ocasións.. Así, xusto antes do descanso o Aarón daba conta da superioridade carballesa cun tanto.
Saíron mellor os de Fofi na segunda, e cando mellor estaban, chegando á área riva, nunha xogada da balón parado Joanatan facía o segundo. Os zaseiros non lle perderon a cara ao partido, pero nun balón longo, e cos locais pedindo fóra de xogo, Raúl non desperdiciaba o man a man para facer o terceiro. O Zas acabou volcado sobre a meta visitante, e Isaac, nunha xogada individual recortaba distancias para facer o definitivo 1-3.
Os Miúdos - Ponteceso (4-0)
- Os Miúdos: Alberto, Vara, Fran, Diego, Quin; Ángel, Javi; Alonso, Alex, Jesús; Isma. Tamén: Álvaro, Pablo, Raúl, Santi, Yago.
- Ponteceso Lucas, Raul, Roberto, Martín, Eloy, Pablo, Iván, Champi, Víctor, Isaac, Borja, Adrián, Arturo, Marco.
- Goles: 1-0, m.25: Jesús; 2-0, m.53: Isma; 3-0, m.57: Manu; 4-0, m.63: Isma de penalti.
O partido comezou cun minuto de silencio polo pasamento dun familiar do pontecesán Adrián. Xa no campo, os primeiros minutos foron moi competidos polos dous equipos pero sen ocasións claras para ningún dos dous. O cadro muradán estaba máis enriba, pero non conseguía facer demasiado dano á defensa dos de Lilo, ata que un balón filtrado era aproveitado por Jesús para abrir o marcador. Algunha chegada máis tivo o equipo de Mané Sendande pero o resultado se mantivo ata o descanso.
Os Miúdos saíron na segunda cunha presión moi alta que colleu por sorpresa aos visitantes e pronto conseguían facer o segundo e terceiro gol. Foi un partido para esquecer dos pontecesáns, pero moi serio dos muradáns, ben afiado arriba e moi seguro atrás con Fran e Diego moi serios.
Outes - Camariñas (12-0)
- Outes: Ángel, Rubén (Xavi), Nico, Perol, Estefan, Sanchiño (Ángel), Iván, Jandro, Fabio (Iván Tuñas), Roberto, Siso (Martín).
- Camariñas: Sergio, Germán, Jairo, Borja, Eric, Dylan, Lucas, Fabio, Joel e Ibrahim.
- Goles: Siso (3), Roberto (2), Iván, Fabio, Jandro, Nico, Martín, Rubén e Xavi.
O partido sen moita historia, cun Camariñas chegaba con 10 xogadores. Aguantaron 20 minutos pero baixaron os brazos á media hora coa chegada do 3º tanto, pero mantiveron a compostura e seguiron correndo con limpeza a pesar da goleada.