Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Soneira non quere esperar

Ponteceso e Coristanco nas Redondas-Foto-Brais Pose
Ponteceso e Coristanco nas Redondas-Foto-Brais Pose
Xuvenís: O Soneira non quere esperar

Descansaban Outes e Cabana, nesta 18ª xornada (faltan 12) e o Soneira non desaproveitou para abrir unha pequena, aínda que sexa provisional. Os de Pichón sumou a súa terceira vitoria seguida ante Os Miúdos, e se coloca con 4 sobre os da Serra e con 6 sobre os cabaneses.
Fixeron un partido moi completo e moi serio os de Pichón, que controlaron o partido durante os 90 minutos e cun xogo moi vistoso. Sergio e Fran Moreira en dúas ocasións cada un (o primeiro de Fran foi cun golazo de vaselina) finiquitaron o partido ante un equipo murarán no que Mané Senande segue sufrindo moitas baixas.

No segundo vagón, hai 8 9 equipos en apenas 10 puntos. No alto, na 4ª posición, o Zas non se descolga de todo das primeiras prazas tras vencer ao Cee, o equipo máis marcado polas rachas de toda a categoría, agora en serie negativa tras 5 derrotas seguidas. Os de Fofi vencían no San Paio de Refoxos por 0-2, cos tantos de Anibal (de cabeza a centro de Eloy) e de Brais, e se manteñen a 7 puntos do Outes. O vento e a néboa tamén foron protagonistas neste encontro, no que o Cee se puido ter adiantando ao principio, e que na segunda mereceu máis.

Un dos partidos máis igualados era o Corme-Xallas. Os de Rúper saíron vencedores dun choque tremendamente igualado, e quedan a só dous puntos do cadro cormelán. Calo adiantou nunha igualada primeira metade aos verdes, e ampliou a renda ao comezo da segunda. O equipo de Ángel retomaría o mando do balón e metería atrás ao cadro xalleiro na súa área, pero seben Hugo recurtaba con 20 por diante, non foi quen de empatar a pesar de ter varias ocasións claras.

As goleadas da xornada foron protagonizadas polo Seaia e Ponteceso. Os de Chols vencían 1-7 en Camariñas cos tantos de Adrián, Rubén, Cristian, Román, Luis (2) e Moscoso.
Pola súa parte, o equipo de Luca vencía ao Coristanco cos tantos de Pablo, Eloy, David, Marco, Víctor.

Falta o Sofán-Esteirana, aprazado para o martes de Entroido.

Comentarios