1ª e 2ª Div. FEM: O Muxía pasou outra proba de lume
Importantísima vitoria do Muxía nesta recta final de Liga, erguéndose ademais da crúa eliminación da final da Copa da Costa na quenda de penaltis. As de Noe Iglesias conseguiron superar ao Bergan B, 3º na táboa e único equipo que foi capaz de vencer as Corviñas esta temporada. Afianza así o posto de ascenso directo (ten 9 puntos máis que o propio Bergan, cun partido menos e a falta de 7 xornadas), e mira en fite o título, no man a man que ten cun Tordoia que superou co facilidade ao Dumbría.
O Cee venceu no derbi ao Corme, pensanda xa na final copeira.
1ª Div. Fem., xornada 24
Calo - Xallas (1-0)
- Xallas: Isa, Landi, Graci, Ainhoa, Silvia, Paula Barcia, Noe, Mery, Sara, Facal, Espasandín. Tamén: Rosío, Valeria e Daniela.
- Gol: 1-0, m.62: María Lougzili.
Partido reñido en tódolos sentidos o que xoparon as xalleiras en Calo. E iso que o equipo tivo que xogar coa dianteira Isa baixo paus, pero conseguiron aguantar a primeira metade sen recibir grandes ocasións, e tendo algunha a favor, como unha de Noe e outra de Facal que a piques estivo de poder rematar unha boa chegada de Ainhoa. As locais empregábanse con dureza pero as xalleiras aguantaban ata que Ainhoa foi expulsada por doble cartón, complicándose o partido pois mesma falta marcaban as locais. Intenrárono, metéronlle nervios ás de Teo e Carla estivo a piques de marcar dende o medio campo e Espasandín nun man a man, pero non deron conseguido un merecido empate.
Con todos os deberes feitos na 1ª García Ulloa, e a salvación asegurada a falta de 6 patidos, as xalleiras poden pensar tranquilamente na final da Copa da Costa.
2ª Div. Fem, Gr. 1, xornada 27
Cee - Corme (2-0)
- Cee: Noemi, Lurs, Cris, Ramos, Laura, Paula Veiga, Luchy, Saray Duarte, Martínez, Sharay Caamaño e Nayara. Tamén: Thalia, Sabela, Nina, Gala e Aroa.
- Corme: Lucía, Lucía, Candela, Laura, Aroa, Natalia, Cris, Claudia, Olalla, Carla, e Zeltia.
- Goles: 1-0, m.38: Lurs; 2-0, m.73: Paula Veiga de penalti.
Colle ritmo o Cee para a finalísima de Copa fronte ao Xallas, aproveitándose dun Corme que chegaba con 11 xustas. Foi un choque con pouco ritmo, sen ocasións, con dominio local pero bastante aburrido. Só Lurs dende fóra da área conseguía facer levantarse dos asentos ao público ceense.
Na segunda mantívose o control local ante un Corme moi mermado, pero sen demasias chegadas. Tivo unha internada Nina na que foi derribada e Paula marcaba dende os metros, para afianzar unha xuta vitoria que reduce a distancia entre ambas.
Tordoia - Dumbría (7-1)

- Dumbría: Liss,, Yoli, Mariña, Lara, Carla, Sabela, Alicia, Cundíns, Alba, Elba e María. Tamén: Lara.
- Goles: 1-0, m.14: Andrea; 2-0, m.26: Rebeca; 3-0, m.30: Andrea; 4-0, m.40: Ana; 5-0, m.45: Andrea; 5-1, m.50: Cundíns; 6-1, m.83: Rebeca; 7-1, m.86: Uxía.
Pouco que facer tivo o Dumbría ante un dos cocos da categoría, sen nada en xogo e con moitas baixas por traballo e excursións, contra un equipo que sabe que cada punto e relevante para o que lle resta de liga.
Todo esto notouse desde o primeiro minuto con un asedio local continuo, onde as dumbiresas casi non eran capaces de pasar do medio campo nin manter unha posesión longa de balón.
Na segunda, máis tranquilas, aínda conseguiron ter algo o balón e facer defender ao cadro local, aguantando sen recibir ata que o cansanzo era importante.
Bergantiños B - Muxía (2-3)
- Muxía: Sheila, Raquel, Piroja, Nerea Barrientos, Mai, Elsy, Laura Doce, Eva Lago, Patri Romaní, Barca e Eva Lema. Tamén: Vero, Ana Toba, Nerea Pazos e Paula Rey.
- Goles: 1-0, m.2: Nadia; 1-1, m.6: Eva Lema; 1-2, m.26: Barca; 1-3, m.60: Eva Lema; 2-3,m .91: Lucía Canosa.
Horario nocturno para unha das últimas 8 finais que lle quedan por diante ao Muxía na súa loita polo título. O Bergan B, o único equipo que foi capaz de gañar ás muxiás este ano, chegaba cunha serie sen perder de 15 partidos polo que se pergilaba como unha dos grandes pedras de toque para as de Noe Iglesias.
Entraron durmidas as corviñas e xa no minuto 2 as locais cazan un balón ao segundo pau e póñense por diante. Pero o equipo non se veu abaixo, e poucos minutos despois empataban por medio de Eva Lema. Tiveron aí uns minutos moi bos envorcadas sobre a área e con claras ocasións, cando chegarían os dous contratempos en forma de lesión. Aos vinte minutos, a pesar dos dous cambios forzados por lesión de Laura Doce e Elsy, lograron meter o segundo.
Saíron moi ne segunda as costeiras, apretando e facendo que Andrea Lamas fixera varios paradóns, incluídos varios varios mans a man con Lema, pero chegaría o terceiro da propia pichichi (ten 41 goles, 1 máis que Rebeca do Tordoia) que daba certa tranquilidade. Pero o Bergan non baixaba os brazos. Apareceu aí a calidade do equipo e na última media hora, a pesar do cansazo e o esforzo, as muxiás defenderon co balón nos pés. Xa cumprido o tempo regulamentario, o Bergan recortaría distancias, pero sen poñer en pergio a vitoria.
Brexo Lema - Esteirana (3-0)

- Esteirana: Lidia, Tobío, Nerea, Marta, Melania, Alba, Sandra, Lara, Nuria, Rut e Bárbara. Tamén: Sara Brión.
- Goles: 1-0, m.25: Nuria; 2-0, m.31: Rebeca; 3-0, m.69: Isa Velo; 4-0, m.72: Rocío.
Unha semana menos para o suplicio de lesións que está vivindo a parroquia esteirá este curso tanto en feminino como en mcasulino. Con 12 (pero Sara lesionada só por acompañar) chegaba a Cambre o cadro de Fran Figueroa, que non puido competir en ningún momento.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.17: Soneira e Juan Cabrejo prepáranse para a gran final.
- X.16: X.15: O Outes supera a un Cabana que caeu en Zas.
- X.14: O Corcubión frea ao Juan Cabrejo e o Soneira asume o liderato en solitario.
- X.13: O Soneira acouga ao Outes.
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.26: O Muxía achégase ao título cunha remontada de garra e corazón.
- X.25: O Muxía bate tamén ao Dumbría.
- X.24: Só o Dumbría sumou de 3.
- X.23: Case pleno polo 8M.
- X.22: Esteirana e Dumbría selan táboas.
- X.21: O Muxía non ten piedade.
- X.20: Puntos de aniversario.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.
