Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Cee estréllase fóra da casa e o Ponteceso aprende a gañar

1ª Autonómica: O Cee estréllase fóra da casa e o Ponteceso aprende a gañar

Unha de cal e unha de area nesta 5ª xornada para os equipos costeiros na 1ª Autonómica. O Cee non acaba de arrincar fóra da casa, e caía nun disputado encontro en Carral. Pola súa banda, a nota positiva protagonizouna o Ponteceso, que voltaba do complicado campo de Pontedeume con 3 puntos e unha moi boa imaxe.

Carral - Cee (2-1)

  • Cee: Parroto. Rubén, Rafa, Julio, Luís, Fermín, Miguel, Piquero, Fer, Diego, Nico.
  • Goles: 1-0, min.20; 1-1, min.55: Diego de volea desde 30 metros. 2-1 min.65 Rafa en propia meta tras parada de Parroto e un doble rexeite.

Non acaba de coller o pulso aos encontros fóra de casa o equipo ceense. Os de Pato volveron de baleiro de Carral, nun partido no que mereceu máis.
Comezou mal o cadro ceense e o Carral, máis potente fisicamente controlou o xogo e tivo as mellores ocasións. Tiveron tamén os de Pato boas oportunidades para adiantarse como unha internada de Nico a pase de Diego que o carnotán enviou ao boneco. Ademais os ceenses protestaron un posible penalti sobre Miguel Riveiro co 1-0 no marcador.

Foi a por todas o Cee tralo descanso, e comezaron a apretar aos locais. Así chegou o golazo de Diego Cespón, cunha volea espectacular dende 30 metros. Pero o segundo tanto dos coruñeses foi un mazazo para os costeiros. Só contra o final, con balóns arriba, creouse algo de perigo pero o empate nunca chegou. O peor foi a nova lesión de Fernando, que sufriu unha dura entrada á altura do nocello.

Eume - Ponteceso (1-4)

  • Ponteceso: Norberto (Diego, min.83), Dani Pallas, Rubén, Mato, Pablo Vázquez, Rubio (Tucho, min.65), Luisete (Borja, min.80), Fabián, David, Nando (Puente, min.75), Toniño (Alberto, min.85).
  • Goles: 1-0, min.9; 1-1, min.15: Luisete; 1-2, min.34: Luisete; 1-3, min.40: Luisete cun golazo de vaselina; 1-4, min.71: Toniño.

Gran partido do Ponteceso, esta xornada ás ordes de Marco. Os costeiros controlaron o partido a pesar de comezar por debaixo no marcador. Non pasaon 5 minutos para que Luisete empatara, e antes do descanso, o propio punta puxo terra de por medio, case que sentenciando o choque.

Na segunda, e co 1-3 houbo 2 ocasións claras dos locais, pero inquedaron pouco máis a Norberto ao longo do partido. Rubio e e unha de Nando con Toniño puideron ampliar a renda así como dúas dos xuvenís Recarey e Puente que non puideron pechar o partido cun goliño que lles sabería a gloria.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios