Luns. 06.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Malpica marca o ritmo tralo primeiro derbi do ano

1ª Autonómica: O Malpica marca o ritmo tralo primeiro derbi do ano
Esteirana-Malpica-Foto-David Castro

O primeiro derbi da temporada saldouse cunha clara vitoria do equipo máis experimentado da categoría. O Malpica foi superior á Esteirana e xa se sitúa 4º, empatado cun Baio que superaba nada menos que ao Noia, que chegou e marchou como gran favorito do Platas Reinoso, pero sen os puntos.

Dura a derrota do Camariñas en Sigüeiro, deixando escapar o partido nos últimos 10 minutos. Pero máis dura a do Ponteceso en Rianxo, que deixa ao cadro de Mato de pechacancelas con 1 punto.

Esteirana - Malpica (0-4)

Esteirana ante o Malpica-Foto-Luis E Porto
  • ESTEIRANA: Manu (Ramón, min.74), Roi (Fran, min.76), Suizo, Dani Rama, Iván, Pablo (Varela, min.79), Serrano, Josiño, Róber Pladur (Raúl, min.79), Simón (Álex Rama, min.46) e Andel.
Malpica en Esteiro-Foto- Luis E Porto
  • MALPICA: Pombo, Adrián, David Castro, Mario (Víctor, min.89), Dani, Isma, Fernando, Juan oBello (Alberto, min.79), Martín Maradona (Abel, min.71), Cheo (Tato, min.83) e Óscar.
  • Goles: 0-1, min.17: Falta lateral lanzada por Juan oBello, que é repelida primeiro por Manu e logo polo pau, pero o rexeite aprovéitao Óscar para marcar a pracer. 0-2, min.50: Falta colgada por David Castro que cabecea Óscar e Juan oBello, libre de marca, empurra ao fondo das mallas. 0-3, min.71: Penalti cometido sobre Juan o Bello, que transforma David Castro. 0-4, min.88: Recuperación do Malpica no borde da área da Esteirana, Isma fai o pase ao hueco para Abel que define no man a man ante Ramón.
  • Árbitro: Miguel Ángel Vilas Lorenzo (Santiago de Compostela). Regular, moi despistado e descoordinado cos seus asistentes.
Esteirana-Malpica-Foto-Wash-Calvo.

Partido con pouca historia no que o Malpica con moi pouco foi quen de superar moi holgadamente aos de Esteiro. A Esteirana botaría moito de menos que non estiveran sobre o terreo de xogo Kike Paluca, Adelino, Uru e Alberto, entre outros.
A pesar desto a primeira ocasión sería para o xuvenil da Esteirana, Josiño, o mellor do encontro dos locais, tras unha internada por banda e un lanzamento dende o pico da área que se vai a rentes do pau da portería defendida por Pombo. No minuto 17, na primeira oportunidade de gol para os visitantes, adiantaríase o Malpica logo de que Óscar aproveitase un rexeite do pau tras unha falta botada por Juan o Bello. A partir deste tanto, os visitantes comezaron a dominar o encontro. Antes do descanso, os malpicáns terían dúas ocasións para aumentar a súa renta no marcador. No minuto 31, tras unha internada por banda de Juan o Bello, éste saca o lanzamento que se vai rozando o pau da portería da Esteirana. E cando se cumpría o tempo da primeira metade, centro de Cheo, gran remate de Óscar e mellor resposta do porteiro Manu, que bota á córner en dous tempos.

Co resultado de 0-1 e un Malpica coas ideas máis claras e que intenta dominar o encontro chegaríase ao tempo de lecer.
Aos cinco minutos da reanudación, logo dunha falta colgada por David Castro que cabecea Óscar é Juan o Bello, libre de marca, quen empurra o esférico ao fondo das mallas. A partir desto, o encontro sería un monólogo dos visitantes que seguiría creando ocasións de gol e facendo goles. Avisaría o Malpica cun gran pase ao hueco de cheo pero Manu sae vencedor no man a man con Óscar. Finalmente chegaría o terceiro, logo unha internada de Juan o Bello, o mellor dos visitantes na tarde do domingo, que sería derrubado dentro da área por un defensa esteirán. O encargado de transformar o penalti sería David Castro. Aínda habería tempo para un último gol, cos locais xa rendidos. Tras un recuperación de Isma no borde da área da Esteirana, éste dá un pase ao hueco para Abel que define no man a man ante Ramón, para poñer o definitivo 0-4.

David marca de penalti no Esteirana-Malpica-Foto-David Castro

Sigüeiro - Camariñas (4-3)

  • CAMARIÑAS: Moro, Fabián (Pablo, min.70), Sergio, Manuel, Roi, Nico (Conguito, min.50), Brais, Moriño, Sule, Mario Toja (Saviola, min.60), Wii (Martín, min.50).
  • Goles: 0-1, min.15: Wii; 1-1, min.25; 1-2, min.30: Mario Toja; 1-3, min.55: Sule; 2-3, min.80; 3-3, min.85; 4-3, min.90.
  • Lesión: Mario Toja e Fabián cunha rotura de tabique nasal.

Deixou escapar o Camariñas os tres puntos de Següeiro o cadro de Berto. E os deixou marchar dun xeito inverosimil, tras poñerse por diante cun claro 1-3 tendo ocasións para colocarse 1-6 ou mesmo 1-7. Na primeira Wii adiantaba aos seus, o Sigüeiro empataba pero Mario Toja volvía poñer por diante aos camariñáns. Foron aí os mellores minutos do Camariñas, e Wii e Sule tiveron dúas ocasións cada un e Brais e Roi outras dúas para ampliar a renda antes do descanso.

Na segunda seguía mandando o Camariñas. Sule facía o 1-3 e parecía que o 4º e o 5º chegarían pero Martín marraba dous mans a man e Sule outra gran ocasión. A falta de media hora chegou a lesión de Mario Toja e baixou o rendemento dos da Costa, e ademais Pablo, o porteiro suplente, tiña que colocarse na defensa ante a nova lesión de Fabián. Pouco a pouco o cadro local foi tomando o mando e en 10 minutos conseguiron darlle a volta ao marcador embotellando e mandando balóns arriba. Tivo o Camariñas un par de contras para matar o partido pero 3 balóns aéreos e tres cabezazos deixan cara de tonto ao equipo de Berto. "Faltou ambición e veteranía", valoraba o míster.

Baio - Noia (1-0)

Bieito marcou o seu primeiro gol co Baio-Foto-Santi Diaz
  • BAIO: Anxo, Jose, Mario, Yago, Eloy, Norber, Fachal, Bieito, Martin MC, Alberto, Canay. Tamén: Manuel, Ramon, Fredi, Rubio, Valentin.
  • Gol: 1-0, min.20: Bieito.

Gran vitoria do Baio ante un Noia que se preve un dos grandes aspirantes ao ascenso. E o demostro no Platas Reinoso, pois a pesar da calor marcou un rirmo altísimo dende o comezo, un ritmo pouco habitual para estarmos a comezo de temporada, en pleno setembro.

Pero o Baio aguantou e soubo responder. Os de Félix contaron con algo de sorte, desta volta, e Anxo estivo colosal, que fixo 3 ou 4 paradas impresionantes. O Baio marcou pronto e despois buscaba saídas á contra. O propio Canay mandou ao pau, pero os visitantes tamén tiveron boas ocasións.

Contra o final, os da Barbanza apretaron e pecharon na área aos baieses pero estes conseguiron aguantar as embestidas e sumar a primeira vitoria da temporada, e na casa.

MC no Baio-Noia-Foto-Santi Diaz

Unión - Ponteceso (7-1)

  • PONTECESO: Illote, Javi Peón, Moscoso, Josito, Dani Pallas (Rubén, min.46), Mendieta, Recarey, Bolón (Cotelo, min.65), Puente (Tucho, min.46) , Nando (Miki Pose, min.60), Diego (Joseph, min.75).
  • Goles: 1-0, min.15; 2-0, min.25; 2-1, min.30: en propia meta; 3-1, min.40; 4-1, min.60; 5-1, min.70; 6-1, min.75; 7-1, min.85.
  • Expulsión: Josito (min.50).

Resultado enganoso pero doloroso co que volta o cadro pontecesán de Rianxo. Foi un partido para esquecer. Xa o ano pasado protestaron os pontecesáns a actitude do colexiado que condicionara o partido, e este ano pasou algo semellante, pois dende a primeira xogada o colexiado xa comezaba a sacar tarxetas aos de Mato.

Aínda así a actuación arbitral non é excusa para a goleada, e iso que con 2-1 puido empatar o Ponteceso, cun par de córners a favor e varios barullos dentro da área local que non acabaron en gol. Chegou, cando mellor estaba o Ponteceso, presionando arriba, antes do descanso o 3-1 algo protestado polos pontecesáns por posible fóra de xogo. E á volta dos vestiarios, o colexiado expulsou a Josito por dúas accións inverosímiles. E a raíz de aí o cadro de Mato saíuse do partido, e unha contra matou o choque.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios