Venres. 03.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Peor imposible

1ª Autonómica: Peor imposible

Non podía ser peor esta 14ª xornada para os equipos da Costa na 1ª. 4 derrotas, con 11 goles en contra e ningún a favor.

Baixa o Malpica ata a 6ª praza, mentres que os outros 3 seguen e zona de perigo. I é que as derotas do Fisterra e do Ponteceso son dobles, pois son contra rivais directos. Así, o Fisterra e o Camariñas deixan pasar ao Laro, e o Ponteceso segue con 14 puntos, xa empatado co Piloño e só con dous de vantaxe sobre o pechacancelas.

Malpica - Atl. Riveira (0-3)

O 11 do Malpica ante o Riveira-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Suso, Adrián, Martín Uruguaio (Charly, min.75), Juan Rabuñal, Mario Casal, Andrés (Ismael, min.65), Rancaño, Cheo, David Blanco, Alemán (David Castro, min.60), Tato (Neucha, min.50).
  • Goles: 0-1, min.47; 0-2, min.70; 0-3, min.85.

Xusta derrota, se cadra demasiada abultada, do Malpica en Pedra Queimada. O Riveira amosou unha efectividade inusual, e nos 3 primeiros achegamentos da segunda metade practicamente sentenciaba o partido co 0-2. Os de Baña, mentres, non chegaban con claro perigo.

Foi un choque dinámico, moi fermoso, no que un dos focos de atención estaba posto no mítico Changui. A primeira foi un partido de ida e volta pero as defensa estiveron moi finas.
Á volta dos vestiarios marcaba o cadro visitante, e a partir do 0-2 xa se convertiu nun partido moi doado para os da Barbanza porque o Malpica se volcou na portería contraria deixando buratos na zona defensiva e caeulle o terceiro que ben poideron ser máis si non chega a ser polo meta Suso.

Malpica-Riveira-Foto-Wash-Calvo

Piloño - Fisterra (2-0)

  • FISTERRA: Joselu, Roberto (Robertín, min.55), Piti, Manuel Cartamil, Borja Munitis, Sergio Manín, Bebeto (Guardiola, min.70), Cote (Marco do Cabo, min.67), Aitor, Hugo de Dios (Rubén Insua, min.74)
  • Goles: 1-0, min.13; 2-0, min.80.

Non sentou ben a viaxe na SD Fisterra que fixo un mal partido e voltou de baleiro. Os de Juan Jesús non amosaron a melloría das últimas semanas e xa ao cuarto de hora recibian o primeiro tanto nun despiste defensivo.

Intentouno a balón parado o cadro verde, pero non acertaron os puntas ca meta rival, e faltando 10 minutos sentenciou o equipo local, que só por momentos viu perigrar a vitoria.

Laro - Ponteceso (3-0)

  • PONTECESO: Norberto, Javi Peón (Rubén, min.60), Alberto, Jorge, Dani Pallas, Alberto Recarey, Tucho, Nando (Bolón, min.60), Toniño (Iago, min.75), Bieito (Josito, min.70), Brais.
  • Goles: 1-0, min.5: cun golazo dende o borde da área; 2-0, min.55: dunha falta lateral que non toca ninguén; 3-0, min.75: á contra.

Incomprensible derrota do Ponteceso en Laro tras dominar practicamente os 90 minutos, pero 3 illadas chegadas do cadro local supuxeron esta severa derrota. O cadro de Nacho, tampouco tivo ocasións demasiadas claras, pero foron as chegadas con perigo, como un control que se lle quedou longo a Toniño.

Pronto o Laro marcaba cun golazo dende o borde e o resultado permitialle facer o seu partido. Con 1-0, á media hora, Toniño sufríu varias faltas entre o borde da área e dentro, sendo a definitiva que tirou con el dentro, pero o colexiado pitou falta fóra ante as protestas visitantes.
Na segunda, o Ponteceso con defensa de 3, buscou a remontada, e Brais tivo o empate. Chegaría o 2-0 tras unha falta lateral que se envelenou e se colaba na meta de Norberto sen que tocase ninguén. Puido recurtar o Ponteceso tras un centro de Nando pero a defensa sacou o balón tras un barullo que ninguén acertou a remachar. E de contado chegou o terceiro, en posible fóra de xogo, que acabou co partido.

Puebla - Camariñas (3-0)

  • CAMARIÑAS: Pombo (José Luís, min.46), Brais, Rodri, Sergio (Julio, min65), Carlos, Paco (Manu, min.55), Moriño, De la Sierra (Saviola, min.75), Brais, Martín, Alex.
  • Goles: 1-0, min.41; 2-0, min.43; 3-0, min.65.
  • Lesións: Pombo e Sergio.

Chegaron os camariñáns con botas de tacos de goma pero o partido era en herba natural e enlamada. E os esvaróns foron protagonistas nun Camariñas que perdoou e acabou pagando o acerto do cadro local.

Durante os primeiros 40 minutos, control inerte do Puebla con algún balón colgado e o Camariñas puido matar o partido á contra. Foi Brais o máis activo pero tivo dous mans a mans e non acertou ningún. E unha "pájara" a falta de 5 para o descanso matou ao cadro de Pepucho, que recibía 2 tantos e marchou ao descanso moi tocado, contando ademais coas lesións de Pombo e Sergio.

Na segunda, dominio do Camariñas pero sen demasiado perigo. As máis claras chegaron cun man a man que falou Alex, ou unha ocasión de Martín que non acertou. No ecuador do segundo tempo chegou a sentenza do cadro local.

Máis información

Artigos deportivos

Máis novas

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios