Venres. 10.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Ponteceso e Camariñas esperan

1ª Autonómica: Ponteceso e Camariñas esperan

Un empate no partido da fin de semana que non satisface nin a un nin a outros. Veremos se a semana que vén unha vitoria fai bo o empate, téndoo máis doado o Camariñas ante o Unión que o Ponteceso en Riveira, un dos 3 equipos que non parecen da mesma categoría xunto Noia e o Estudiantio. Precisamente era o Estudiantil o que endosaba a goleada da xornada ao Fisterra, cun set algo enganoso, pois ata o 3-0 o Fisterra estivo moi metido no partido.

As boas novas chegan dende Malpica que rompeu unha xeira de 8 partidos sen gañar, e sacaba 3 puntos, petróleo tralo visto no choque, ante o Piloño. Agora respira o cadro de Baña, que pode mirar algo máis cara arriba que cara abaixo, e ademais lle fixo un favor aos veciños costeiros non permitindo que o Piloño saia dos postos perigosos.

Ponteceso - Camariñas (1-1)

  • PONTECESO: Norberto, Gonzalo, Alberto, Dani Pallas, Javi, Tucho, Bolón (Josito, min.65), Recarey, Canai (Brais, min.60), Toniño (Fabián, min.75), Martín Puente.
  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Sergio, Rodri, Carlos, Moriño, De la Sierra (Javi Cadete, min.79), Brais Triñáns, Martín (Paco, min.70), Juan oBello, Alex.
  • Goles: 1-0, min.36: Alberto Recarey de cabeza tras un córner; 1-1, min.44: De la Sierra de penalti sobre Moriño.

Amainou o tempo para ver o derbi. Un partido típico de derbi, moi igualado, con moita brega, con algunha ocasión, e bonito de ver, pero con moito xogo no medio campo, e que volveu demostrar que aos dous equipos lle falta algo de tono físico, e algo de veleno arriba .

O Ponteceso saíu algo mellor na primeira metade, chegando máis pero sen picardía. Pombo salvou ao Camariñas sobre todo cunha gran parada, porque as chegadas dos locais case acababan máis en pases atrás que en tiros a porta. Un tiro de Toniño e un cabezazo de Alberto foron as chegadas máis claras dos locais mentres que o Camariñas tivo un bo cabezazo de Martín.

Os goles, como non podía ser doutro xeito, chegaron a balón parado. Un gol de córner do Ponteceso e un de penalti do Camariñas para igualar a contenda antes de marchar ao descanso.

Na segunda, máis do mesmo, moito medio campo e pouca verticalidade. Martín non chegou a empurrar un centro e Juan oBello dispuxo dunha boa para romper a igualada. Pero se cadra a mellor ocasión chegaba no desconto, cando Pokbo salvaba un cabezazo de Nando.

Malpica - Piloño (3-2)

Malpica-Pilono-Foto-Wash-Calvo
  • MALPICA: Suso, Martín Uruguaio, Marcos Amado (Víctor, min.74), David Castro, Marco, Rancaño, Neucha, Alemán, Charro (Mario Casal, min.69), Ismael (David Blanco, min.46), Adrián.
  • Goles: 0-1, min.10: tras un roubo ao central Marco. 1-1, min.46: David Blanco tras un roubo de Rancaño nada máis sacar de centro; 1-2, min.75: tras un córner; 2-2, min.80: Neucha dende 25 metros. 3-2, min.92: Neucha de volea dende case 30 metros.
  • Expulsión: David Castro (min.80).
Trio arbitral cos capitans no Malpica-Piloño -Foto- Luis Porto

Dous pepinazos de Neucha serviron para que o Malpica sumase 3 puntos tan importantes como sufridos. E sen merecelo, unha vez que o mellor da tarde foi o meta Suso, que salvou en numerosas ocasións os goles do Piloño e mantivo no partido ao cadro de Baña ata que apareceu a arma letal de Neucha.
E aínda puido marcar un terceiro Neucha se non lle anulan un tanto por suposto fóra de xogo.

Con esta vitoria o Malpcia rompe unha mala xeira e se coloca de novo mirando cara arriba, na 6ª praza, lonxe dos 3 de arriba, pero no case no segundo grupo.

Imaxe-do-segundo-gol-do-Pilono-Foto-Wash-Calvo

Ag. Estudiantil - Fisterra (6-0)

  • FISTERRA: Joselu, Munitis, Jose, Bebeto, Pana (Noé, min.75), Eddy (Marco, min.55), Santi, Guardiola (Mario, min.70), Aitor, Hugo, Roa.
  • Lesionados: Pana, Jose e Eddy.

Mala fin de semana esta para a familia fisterrá, que leva 11 goles en dous partidos (co 0-5 do xuvenís ante o Cabana). Así e todo, foi un resultado enganoso, pois non foi un partido tan claro, e só nuns sobrantes 15 minutos, o Fisterra se deixou levar. Iso si, todo ante un equipo dos que son doutra liga, pois o Estudiantil, xunto co Riveira e o Noia parecen doutra categoría.

O Fisterra, que chegaba con 9 baixas, e importantes sobre todo en defensa, marcha con outras tantas. Onte tiveron que ir convocados 5 do finado filial, e 1 xuvenil e parece que para a semana toca tira máis de plantel.

E xogou ben a primeira metade o Fisterra, pero fallaron dúas ocasións e os locais marcaron a primeira que tiveron. Ademais, o segundo gol chegou en claro fóra de xogo, desestabilizando a moral verde. A segunda comezaba co Fistera intentándoo de novo, pero nin Aitor, nin Roa nin Hugo estiveron acertados, e co 3-0 anotado no ecuador do segundo, veuse abaixo o cadro fisterrán que se deixou levar ata o final, completando así a goleada en forma de set.


Máis información


Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios