Venres. 10.05.2024
El tiempo

Preferente: Mala xornada clave

Preferente: Mala xornada clave

Pero non puido ser esta xornada 21 da Preferente para os nosos. E iso que era unha xornada importante, con choques directos para Dumbría e Xallas de Santa Comba. Pero ambos sucumbiron e ven como se lles escampan os de arriba, quedando xa a 4 e 5 puntos, respectivamente, do Boiro, a un máis do Grixoa, e xa a 8 e 9 do Bertamiráns, o novo líder tralo descanso do Grixoa.

Mentres, o Soneira segue ao seu en terra de ninguén, aínda sen perigo.

Bertamiráns - Dumbría (2-0)

Unha aliñación do Dumbría-Foto- Fb do CF Dumbría
  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Pablo Vidal, David (Iván, min.80), Aarón Fdez., Pablo Conde, Aarón López, Jesús, Piri (Leo, min.80), Iago, Brais (Iago Casal, min.75), Luisito (Iago Dosil, min.75)
  • Goles: 1-0, min.65: tras unha falta lateral; 2-0, min.94: nunha contra.

Non foi superior o novo líder ante un voluntarioso Dumbría, pero foi máis eficaz. Unha xogada a balón parado decidiu un partido moi igualado, moi intenso, moi competido, no que se vía que o que marcara primeiro nese campo pequeno, levaría o partido. Marcaron de córner e a remar.

O Dumbría intentouno nos últimos 20 minutos pero apenas conseguiu crear perigo, i é que só 12 goles en contra (e só 24 a favor) son unha imaxe clara de a que xoga este novo líder.

Xallas de Santa Comba - Boiro (1-3)

  • XSC: Diego, Rubén Forján, Guillermo, Pablo Vigo (Noli, min.76), Óscar (David, min.90), Mon (Martín, min.61), Jota, Doro, Jesús (Orlando, min.46), Pablo Baña (Chinda, min.80), Javi Suárez.
  • Goles: 1-0, min.44: tras un erro local, 1-1, min.60: Javi Suárez tras un córner; 1-2, min.75: tras un córner; 1-3, min.90: de falta ao borde da área.
  • Expulsión: o meta local Diego por unhas mans fóra da área no min.90.

Partido clave este perdido polos xalleiros, tras un choque moi igualado que se decidiu por pequenos detalles de calidade dos boirenses. A primeira metade estivo controlada polos verdes e laranxas, con 3 boas ocasións, unha de Jesús tras unha boa xogada de Rubén e Doro, unha que Pablo Vigo mandou fóra tras un pase de Doro, e outra de Pablo Baña, a máis clara, que salvou o porteiro.

O Boiro non chegaba na primeira metade, ata que o min.45 e tras un erro no medio campo, un roubo e unha contra acabou co 0-1.

No segundo tempo saíu o XSC decidido a conseguir o empate, e foi Javi Suárez o que o conseguí tras un córner. O Boiro apenas tivo ocasións tampouco na segunda, pero cando mellor estaban os locais, buscando a remontada, chegaba o 1-2 tras un córner. A partir de aí aínda o XSC tivo un par de ocasións (Javi Suárez e Doro tras un bo pase de Orlando) pero non materializaron e xa contra o final, Cheli tivo que facer unha saída, e tocou algo ca man e moito ca cara. Foi expulsado e os visitantes ampliaron a renda transformando esa falta dende a frontal.

Lemos - Soneira (4-1)

  • SONEIRA: Cheli, Iván, Sito, Pichi, Fran de Urroa, Varu, Baba, Mayor, Míchel, Adrián Makaay, Javi. Tamén xogaron: Basti, Toni, Cristian, Richi.
  • Goles: 1-0, min.5; 2-0, min.20; 3-0, min.40; 4-0, min.70: en propia meta. 4-1, min.75: Toni.

Mal partido dos soneiráns que viron como o partido se lles escapaba na primeria metade. Aos 5 minutos, e sen aínda entrar no choque, Cheli xa tiña que recoller o balón das mallas, e a primeira metade acababa cun claro 3-0.

Na segunda mellorou o cadro de Felipe, que tratou de buscar a portería rival. Pero ampliou a renda o cadro local. A única boa nova, o gol de Toni, que parece que vai recuperando o ton e pode ser importante para o equipo.


Máis información


Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios