Martes. 14.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Só respira o Fisterra cunha cara vitoria

1ª Autonómica: Só respira o Fisterra cunha cara vitoria

Menos mal que o Malpica lles fixo un pequeno favor ao Camariñas e Ponteceso vencendo ao Cacheiras, o que deixa aos dous conxuntos costeiros igualados a puntos co cadro santiagués na penúltima posición. Pero a situación de ambos equipos está a piques de chegar ao límite. O Ponteceso loitou contra un dos 3 equipos que xogan outra liga, o Riveira, pero volvía de baleiro. Mentres o Camariñas deixaba escapar na casa unha vantaxe inicial nunha malísima segunda metade.

É o Fisterra o que amosa a cabeza e sae á 13ª praza con 23 puntos, 4 máis que os veciños. Con todo, saíulle cara a vitoria ao cadro de Juan Jesús que perde, probablemente para o que resta de temporada, a Manuel Cartamil.

Fisterra - Laro (2-1)

Importante-vitoria-do-Fisterra-ante-o-Laro-Foto-Fran-Insua
  • FISTERRA: Joselu, Piti, Roco, Manuel Cartamil (Roberto, min.30), Pana, Santi, Bebeto, Roa (Guardiola, min.68), Aitor (Rubia, min.91), Hugo de Dios (Insua, min.73), Naranjito (Marco do Cabo, min.75)
  • Goles: 1-0, min.20: Hugo de Dios tras un saque de banda que prolonga Bebeto; 2-0, min.35: Aitor coa axuda do meta visitante; 2-1, min.65.
  • Lesión: o defensa local Manuel Cartamil, que tivo que se evacuado en ambulancia tras romper un óso do brazo.
Manuel-Cartamil-tivo-que-ser-evacuado-Foro-Fran-Insua

Importantísima vitoria da SD ante un rival directo, un Laro que queda agora un punto por detrás dos fisterráns. Unha vitoria que corta ademais a xeira de 4 partidos seguidos sen gañar, pero que custou unha dura lesión, a do central Manuel Cartamil, cunha fractura de cúbito.

Foi un Fisterra sólido a pesar dos 20 minutos parados pola lesión. Xa vencía 1-0 tralo gol de Hugo de Dios, e Aitor, coa axuda do meta visitante, ampliaba a renda. A segunda metade foi de contención, e se ben o Laro recurtou apenas tivo ocasións para acadar o empate ante unha seria liña defensiva.

Atl. Riveira - Ponteceso (3-2)

  • PONTECESO: Norberto, Javi Peón, Dani Pallas, Alberto (Jorge, min.83), Rubén, Tucho, Mendieta (Josito, min.80), Bolón, Canai, Toniño, Martín Puente.
  • Goles: 0-1, min.20: Canai; 1-1, min.30; 2-1, min.60; 3-1, min.70; 3-2, min.80: Toniño, de penalti.

Intentouno e prantexou moita batalla o Ponteceso ante un dos de arriba e dos que xogan a outro nivel. Un Riveira que malia perder a Changui, manteñen un bloque de moita calidade e que souberon remontar o gol inicial de Canai e un xogo buscando ás contras dos pontecesáns. Pouco a pouco o Riveira foi achegándose con máis perigo e tras empatar á media hora, conseguía darlle a volta ao marcador no ecuador do segundo tempo. Toniño recurtou dende os 11 metros pero non foi suficiente o arreón final dos de Nacho para traer algo de volta.

Camariñas - Unión (1-2)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Rodri, Sergio, Carlos (Paco, min.66), De la Sierra (Saviola, min.85), Moriño, Brais Triñares, Martín (Santi, min.60), Juan oBello, Alex.
  • Goles: 1-0, min.10: De la Sierra, de penalti; 1-1, min.65; 1-2, min.78.

Mala, moi mala derrota do Camariñas que tras realizar unha boa primeira media hora de xogo desapareceu do campo. E iso que tiña o partido de cara, cun tanto de De la Sierra de penalti, e un par de boas ocasións que fallaron Brais Mouzo e Martín de cabeza que puideron ampliar a renda.

Pero o Unión comezou a crear perigo e sobre todo na segunda metade, xa co cadro de Pepucho desaparecido do campo, foi un monólogo visitante. Empatou aos 20 minutos o Unión e o Camariñas foi polo partido, intentándoo a balón parado, pero precisamente unha contra tras un córner local acabou co choque. Ao final case marca o empate Santi Cambón, a nova fichaxe do Camariñas procedente dps Veteranos e adestrador dos cadetes do Bergantiños.

Cacheiras - Malpica (1-3)

Imaxe-do-Cacheiras-Malpica-Foto-Wash-Calvo
  • MALPICA: Suso; Adrián, Martín Uruguaio, Charly (Rancaño, min.58), Juan Rabuñal, Víctor, Andrés (Mario Casal, min.75), Alemán (Ismael, min.58), Cheo, Neucha, David Blanco.
  • Goles: 1-0, min.35: de falta; 1-1, min.55: David Blanco tras unha xogada combinada entre M. Uruguaio e Cheo; 1-2, min.60: Neucha de penalti cometido sobre David Blanco. 1-3, min.91: David Blanco tras un pase entre liñas de Rancaño.

Importante vitoria do Malpica que o coloca a só 9 puntos da 3ª praza na 6ª posición. Os de Baña fixeron ademais un favor aos seus veciños costeiros impedindo que os locais sumasen. Foi un partido moi serio por parte do Malpica.

Comezaba o Cacheiras marcando á media hora cun golazo de falta. Pero á volta dos vestiarios apareceu a figura de David Blanco para darlle a volta ao marcador cun gol e un penalti que transformaba Neucha. Chegaron aí dúas xogadas claves. O meta local facía un paradón impresionante a tiro de Ismael que podía ser o 1-3 e despois Suso detivo na mesma xogada dous tiros que podían significar o empate a dous. Foi de novo David Blanco quen definiu o partido nunha xogada onde desfixo o fóra de xogo e colocou unha vaselina por riba do porteiro que daba unha xusta vitoria polo ben que xogou o Malpica na segunda metade.

Neucha-case-nunca-falla-dende-os-11-metros-Foto-Wash-Calvo

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios