Venres. 03.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: A letal Esteirana é máis líder tralo tropezo do Sofán no desterro

2ª Autonómica: A letal Esteirana é máis líder tralo tropezo do Sofán no desterro
Corcubion-Montelouro-Jorge Parri Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

A 14ª deixa a Esteirana máis líder trala sorpresa da xornada, a vitoria do Mazaricos ante o Sofán no desterro das Eiroas. Métese 2º agora o Baio a 4 puntos, tras vencer, non sen sufrimento, en Outes, mentres que o Cee iguala coa SD a 6 do líder tras vencer, sen merecelo, en Buño. O Corme métese na loita pero aínda a 9 do líder, tras vencer no partidazo da xornada ao Zas, que queda 7º por detrás do Carnota.

Por abaixo, hai quen escapa, como o Corcubión que deixa tocado a un Montelouro que suma 6 derrotas consecutivas. O Cabana salvaba un punto e non deixa escapar ao San Lorenzo, mentres que o Dumbría B non sacaba nada positivo de Miraflores ante o Volantes. O que segue en zona de real perigo é o Outes, mentres que o Mazaricos dase un respiro, pero sen poder despistarse.

Corcubión - Montelouro (1-0)

Corcubion-Montelouro-Edu Olveira
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Miguel, Senra (Sergio, min.92), Lema, Conguito, Pablo, Edu (Javi, min.60), Alan (Paulo, min.74), David Rey, Cristian, Mario.
  • MONTELOURO: Isma, Chema, Pedro García (Jose, min.80), Pablo, Isma de Cosme, Fernando, Denís, Pesco, Pepiño (Geiko, min.65), Chumy, Raúl (Edu, min.65).
  • Gol: 1-0, min.47: Cristian remacha un balón morto nun córner.

Gran vitoria do Corcubión de Manolín que escapa da zona perigosa ante un Montelouro que prantou batalla durante os 90 minuos. Os locais estiveron moi serios en defensa e aproveitaron unha das poucas ocasións das que dispuxeron. Foi á volta dos vestiarios cando Cristian, a nova fichaxe que tan bo rendemento está dando en Corcubión, con 2 tantos nos dous últimos partidos, o que certificou a vitoria cun tanto á saída dun córner.

Os louréns o intentaron durante o segundo tempo pero en fronte toparon cun Abelleira que foi un dos mellores do partido.

O branquiazul Cristian está dando un gran resultado en Corcubión-Foto- Jorge Parri

Castriz - Esteirana (0-4)

  • CASTRIZ: Adrián, Martín, Prego, Luis, Pepe, Bruno, Víctor Pazos, Rubén, Sebas, Roberto, David Pose.
  • ESTEIRANA: Benito, Maceiras, Simón (Neko, min.78), Chispi, Dani Rama, Uru, Pepiño (Iago, min.72), Pablo, Álex (Eloy, min.55), Kike Paluca, Róber Pladur.
  • Goles: 0-1, min.20: Kike de falta directa; 0-2, min.55: Róber Pladur tras unha gran internada; 0-3, min.78: Kike, de penalti; 0-4, min.88: Iago.

Non amosou o Castriz a súa mellor cara a chegada do líder, que ademais dou fe do seu poderío atacante sendo letal. Non foi un partido tan claro como sinala o marcador final pero é que a dinamita dos Kike e Pladur arriba é moita.

Foi Kike de falta directa quen abria o marcador aos 20 minutos, e o Castriz non conseguía igualar a contienda a pesar de intentalo durante toda a primeira metade. Unha boa carreira de Pladur acababa no 0-2 aos 10 da segunda que practicamente acababa co partido. Kike, de penati, e Iago, certificaban a goleada.


Volantes - Dumbría B (3-1)

Volantes-Dumbría B-Foto- Gonzalo Sestayo
  • VOLANTES: Rubén Santos, David, Juan do Sivil, Santi, Fran do Español, Mingos, Adrián (Nacho, min.80), Benja (Bolero, min.82), Pardelo (Yeray, min.83), Jaro, Chenel (José María, min.89)
  • DUMBRÍA B: Fher, José Manuel, Kevin, Tati, Cabana, Toja, Rodrigo (Álex Siaba, min.55) (Israel, min.70), Josiño, Cacho, Isma Pedrosa, Javi.
  • Goles: 1-0, min.30: Chenel en xogada persoa; 2-0, min.40: Adrián; 3-0, min.60: Chenel de vaselina; 3-1, min.63: Álex Siaba.

Mal partido do filial dumbiés que acabou desquiciado en Miraflores. Os locais estiveron máis finos e recuperando a senda da vitoria gracias ás novas incorporacións, sobre todo a de Chenel, que no seu debut asinaba dous tantos de gran categoría.

O partido comezaba igualado, pero dous tantos antes do descanso facían moito dano aos visitantes, que só reaccionaron co terceiro, pero o gol de Alex Siaba, muradán en Dumbría, non era suficiente.

Volantes-Dumbría B-Foto- Gonzalo Sestayo

Carnota - Muros (2-0)

  • CARNOTA: Luis de la Peña, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, David de Brea, Loló (Martín, min.81), Rodrigo (Boni, min.76), Jacobo, Pumuky, Pablo Beiro, Bernardo (Nakata, min.61), Manuel Luis.
  • MUROS: Fabio, Javi de Vístete, Teo, David, Paky (Pedro de Nieto, min.70), Lisardo (Gelo, min.50), Mayuyo, Dani Corniños, Jesús (Gabri, min.85), Saúl, Sexo.
  • Goles: 1-0, min.20: Pablo Beiro remacha un remate seu que petou o longueiro a un córner; 2-0, min.35: Manuel Luís a pase de Bernardo.

Intensos sempre son os duelos entre carnotáns e muradáns e este non foi menos. Segue ademais sendo Lombáns un fortín para os de Cambeiro que levan case que dous anos sen perder na casa. Chegaban os de Manolo Camello nun bo momento, pero quedaron sen premio, ante a falta de acerto dos seus puntas.

I é que ocasións houbo para os dous bandos, pero o Carnota tivo máis puntería. Pablo Beiro adiantou, á segunda, aos locais tras un córner. O Muros intentaba con máis dominio de balón pero sen perigo, e foi Manuel Luís, quen puxo o 2-0 tras unha gran internada de Bernardo.

A segunda metade foi un monólogo celeste, pero que tivo as ocasións máis nun centro de Sexo que se envelenou e acabou petando no longueiro, e un tiro de Gelo que repeliu a medeira.


Corme - Zas (2-1)

  • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro, Jesús, Pandi, Martinciño (Manu, min.64), Diego (Chino, min.85), Adrián Doldán (Dani, min.53), Juan Chans, Lucas (Brais, min.89), Brais.
  • ZAS: Elías, César (Diego, min.60), Pereiro, Óliver, Víctor Vecino, Lagoa, Peque, Jaime (Martín, min.71), Pichín, Rubio, Pablo (Esteban, min.79).
  • Goles: 0-1, min.48: Rubio, de penalti; 1-1, min.55: Adolfo tras erro do meta visitante; 2-1, min.76: Lucas, de penalti.

Non defraudou o partido máis igualado da xornada e cormeláns e zaenses fixeron vibrar aos moitos afeccionados que se achegaron ao Cairo. Un choque de alta velocidade, con continuas idas e vidas, contras perigosas, e moita instensidade.

A primeira metade foi un partido sen piedade, de ti a ti, pero remataba sen goles. Adiantaríase o Zas á volta dos vestiarios tras un penalti de Pandi a Rubio, o que obrigou ao Corme a adiantar filas. Un erro de Elías permitía que Adolfo marcase o empate tras unha xogada a balón parado. O partido estaba roto, cun Corme volcado e un Zas que sacaba contras afiadas, pero unha nova pena máxima, desta volta do zaense Víctor Vecino, foi definitiva. Lucas non desaproveitou a ocasión e permite que o Corme se volva meter arriba.


Buño - Cee (1-2)

  • BUÑO: Toni, Casáis, Rubén, David, Diego, Jesús, Miguel (Gurita, min.65), Emilio (Antelo, min.57), Dani Calvete, Elías.
  • CEE: Parroto, Nico, Jorge, Fiuza, Fermín, Carlos Leis (Diego Cespón, min.58), Angeliño, Penedo (Joserra, min.89), Rubén Yaya (Chiru, min.71), Fer (Mario, min.78), Llanero.
  • Goles: 0-1, min.20: Rubén Yaya; 1-1, min.25: Emilio tras un córner; 1-2, min.40: Llanero tras un córner.

Inmerecida vitoria ceense en Xaviña ante un Buño que tivo ocasións claras para empatar. Os de Floreal e José Carlos seguen sen atopar o seu fútbol e volveron tirar da calidade de Llanero e da sorte para sumar 3 puntos e manterse ben arriba.

A primeira metade foi aberta, cun Cee algo máis incisivo. Fer avisaba tras unha asistencia de Llanero e Penedo facía lucirse a Toni, e os azulóns pedirían ademais un penalti cometido sobre Angeliño. O primeiro gol chegaba tras unha das interminables internadas do lateral Jorge ata liña de fondo que centra e remata Rubén Yaya tras un erro defensivo. Emilio non tardaba en respostar para o cadro local facendo xustiza, tras un córner, pero antes de ir ao descanso Llanero atopaba un balón no segundo pao e o mandaba ao fondo das mallas.

Tivo mala sorte o Buño porque a segunda metade foi un auténtico monólogo local e ademais fallou varias e claras ocasions para empatar e mesmo para dar a volta ao marcador, ante un Cee que só podía intentar perder tempo. Elías e Emilio nunha doble ocasión á saída dun córner; Víctor que non pode superar a Parroto no man a man; Elías dende fóra e dende falta facendo lucirse a Parroto, ou un disparo de Gurita ao longueiro foron as ocasións máis claras para un Buño ao que se lle quedou cara de tonto.


Outes - Baio (2-3)

Outes-Baio-Foto-Santi Soneira
  • OUTES: Peipo, Damián (Lago, min.75), Martín, Borja, Arturo, Saúl (Michi, min.61), Poke (Blas, min.46), Potro, Pesco (Fabio, min.68), Elías, Quin (Migui, min.46).
  • BAIO: Anxo, Jose Antonio, Ramón (Freddie, min.80), Mario, Pablo, Martín, Eloy (Eloy II, min.60) Rubio, Alberto (Jorgito, min.68), Iago, MC.
  • Goles: 0-1, min.30: Martín de fata; 1-1, min.40: Elías; 1-2, min.44: Martín; 1-3, min.45: MC; 2-3, min.83: Elías.
Golazo de Martín no Outes-Baio - Foto- Santi Soneira

Sufriu e moito o Baio para quedar cos 3 puntos do Conchido. E iso que a calidade do veterano Martín puña o partido de cara. Era o propio capitán baiés quen encarrilaba a vitoria á media hora cun golazo de falta, pero os 5 últimos minutos da primeira foron de tolos. Elías empataba, pero quedaba un minuto cando Martín volvía colar outra falta ao borde na meta de Peipo. E antes do descanso, MC facía o terceiro que parecía defintivo.

Nada máis lonxe da realidade. O Outes saíu a por todas na segunda. Arturo marrou un penalti, pero Martín volvía lanzar unha falta, que desta volta petaba no longueiro. Recurtaban a falta de 7 minutos de novo por medio de Elías e os baieses tiveron que colgarse dos paos para evitar o empate na avalancha final outense.


Sofán- Mazaricos (0-2)

Sofán-Mazaricos nas Eiroas-Foto-SD Sofan
  • SOFÁN: Bugy, Cantudo (Jacobo, min72), Marcos Pensado, Juanjo, Gustavo (Santi, min.42, Eloy Boedo, Michel, Eloy Cabeza, Ivan Rey, Edu (Pikas, min.72) e Abel.
  • MAZARICOS: Dani, Rodrigo, Chico, Martín, Tubi, Marcos (Casais, min.50), Esteban, Cristian (Brais, min.50), Aldo, José Ángel (Josiño, min.70), Oreiro
  • Goles: 0-1, min.5: Aldo rouba a carteira a defensa local e bate a Bugy; 0-2, min.11: José Ángel realiza unha gran xogada na area e marca cun tiro axustado o pao.
  • Expulsión: o mazaricán Chicho.

A sorpresa da xornada chegaba en horario nocturno no último partido do domingo que se disputaba no "desterro" das Eiroas, pois quere coidar o céspede do Carral das choivas de toda a semana. O cadro sofanista saíu durmido ao campo e aos 10 minutos xa se viu cun 0-2 tralos tantos de Aldo e José Ángel que puxeron as cousas demasiado costa arriba.

Collía por fin o mando do partido a SD cando xa pasara media hora ante un Mazaricos que cada vez que saía facía pupa. Abel avisaba tras un centro de Marcos para os locais, e José Ángel facia o propiopara os visitantes. Pero as combinacións locais non eran precisas como para crear ocasións de perigo e morrían no borde da área.

O segundo tempo foi de continuo acoso local, chegando a quedarse con só dous defensas. Ademais o Mazaricos quedaba con 10 homes pero o cadro de Mallón non atopaba o camiño da porta amarela. A mellor ocasión foi un córner directo de Marcos Pensado que repeliu o longueiro.


Cabana - San Lorenzo (1-1)

  • CABANA: Añón, Eloy, Marcos, Sande, Pazos, Fariña (Mario, min.70), Rubén Rama, Fernando (Dani, min.60), Manolo do Cruceiro, Sandro, Berti.
  • SAN LORENZO: Abraham, Killo, David, Casillero, Anxo, Cachizo, Javi (Bolón), Chucho (Peke), Eloy (Adonis), Fuentefría, Carlos (Robin).
  • Goles: 1-0, min.65: Carlos; 1-1, min.89: Manolo do Cruceiro cun golazo de volea.

Escapáronselle de novo os puntos ao San Lorenzo de Gueli e non pode saír de todo da zona de perigo. Pero un gol, un golazo de Manolo no desconto servía para que o Cabana salvase un punto e sobre todo non deixase marchar un rival directo. Na primeira Cachizo mandou ao pao na ocasión máis clara do partido. Un partido sen dominador claro pero no que os de Verdillo buscaron máis a meta rival.

Na segunda Eloy tivo dúas para sentenciar e Carlos outras dúas, despois de poñer por diante aos vermellos, pero deixaron vivo ao Cabana. Un Cabana que foise indo arriba nos últimos minutos, e Abraham sacou unha man prodixiosa pero nada puido facer ante o impresionante gol de Manolo de Cruceiro case que no tempo de desconto.

Máis información

Artigos deportivos

Máis novas

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios