Venres. 19.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Sofan queda só ao acecho de Corme e a escuadra muradá

2ª Autonómica: O Sofan queda só ao acecho de Corme e a escuadra muradá
Montelouro-Castriz-Gol- Foto-Edu Olveira Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

Mantén o pulso a SD Sofán tras vencer e convencer ante o Buño. Por detrás xa está o Corme, que leva 4 vitorias seguidas e que deixa grandes sensacións no Cairo. E xa pegados, as dúas sorpresas da tempadas, os dous equipos muradáns recén ascendidos. Volantes e Montelouro seguen embalados e tanto vencen na casa como fóra. A que cae lixeiramente é a Esteirana tras sufrir unha polémica arbitraxe en Baio. Atentos ademais ao Cee, que volvía a amosar a súa mellor faciana en Zas.

Por abaixo, preocupan Dumbría B e Cabana, co taboleiro añinda a 0, mentres que o Outes só suma unha vitoria.


Sofán - Buño (5-1)

  • SOFÁN: Bugy, Cantudo, Diego, Lista, Juanjo, Pensado, Eloy Cabeza, Iván Rojo, Edu, Iván Rey, Abel.
  • BUÑO: Toni, Ángel, Secundino, Alfredo, Rubén, Mauri (Gurita, min.66), Jorge Calvete, Emilio, Dourado (Juan, min.60), Elías, Víctor.
  • Goles: 0-1, min.10: Elías, de penalti; 1-1, min.15: Lista; 2-1, min.40: Eloy Cabeza; 3-1, min.55: Edu, de penalti; 4-1, min.70: Eloy; 5-1, min.80: Edu.

Como está esta SD. Implacable o cadro carballés que xa suma 5 de 5, e onte dou conta dun Buño que apenas puido aguantar a primeira metade. E iso que se metían por diante cun penalti que transformaba Elías aos 10 minutos. Pero o gol envalentonou ao Sofán que se foi arriba e arrollou aos malpicáns.

Sobre todo na segunda, porque na primeira o Buño aguantou o envite, pero foi clave o gol antes do desacnso de Eloy Cabeza, que deixaba ao Sofán con vantaxe e con 45 minutos por diante no Carral. Ao final, Edu e Elou sentenciaron.


Montelouro - Castriz (3-2)

Montelouro-Castriz-Foto- Edu Olveira
  • MONTELOURO: Canario, Bolo, Pedro de García, Álvaro, Pablo (Adrián, min.85), Fernando, Denís, Mingos (Isma, min.20), Pepiño (Chumy, min.60), Chema (Raúl, min.60), Ancho.
  • CASTRIZ: drián, Martín, Luis, Alejandro, Pepe, Cilindro, Javito (Pablo, min.75), David Pose (Anxo, min.66), Prego, Sebas (Iván, min.72), Roberto.
  • Goles: 1-0, min.20: Chema; 1-1, min.55: Javito; 2-1, min.75: Ancho; 3-1, min.80: Pedro de García de córner directo; 3-2, min.92: Pablo.

Tremendo o Montelouro que segue sendo unha das sorpresas da temporada. Os muradáns acadaban a súa 4ª vitoria seguida vencendo a un Castriz que non se emilanou nin deu o partiro por perdido en ningún momento. Comezou mandando o cadro local por medio de Chema, que certificaba o lixeiro dominio local con ese tanto.
Pero á volta do descanso Javito empataba para os xalleiros e puña ao cadro local en problemas. Reaccionaron os loureáns e dous goles consecutivos de Ancho e Pedro de García sentenciaban o partido. O Castriz non quedou parado e marcou, pero xa co tempo cumplido un gol que non vale.

Montelour-Castriz 2 - Foto-Jorge Parri

Corme - Corcubión (5-0)

  • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro, Jesús (Chino, min.80), Pandi, Martinciño, Diego (Manu, min.57), Adrián Doldán (Fran, min.78), Juan Chans, Lucas, Brais.
  • CORCUBIÓN: Cristian, Miguel, José de Atalaya, Lema, Marcos (Valucho, min.53), Conguito, Pablito Lestón, Sebas Johny, Javi (Senra, min.55), Mario.
  • Goles: 1-0, min.35: Diego tras varios rexeites; 2-0, min.47: Lucas; 3-0, min.60: Diego; 4-0, min.70: Martinciño; 5-0, min.80: Lucas, de penalti.

Este Corme dá moi boas sensacións. Esas eran as premisas que corrían polas rrss trala goleada que o conxunto cormelán lle endousou ao Corcubión no Cairo. I é que tralo tropezo ante a Esteirana o Corme leva 4 vitorias consecutivas, e onte tardou en facelo, pero superou ao Corcubión.

Un Corcubión que leva 3 derrotas seguidas tras un gran comezo, que aguantou a primeira metade, pero que tras unha xogada enbarullada sufría o primeiro gol de Diego. O gol á contra de Lucas xusto á volta dos vestiarios matou aos de Manolín. A partir de aí, a velocidade dos cormeláns foi letal.


Baio - Esteirana (2-0)

Baio-Esteirana-Foto- Santi Díaz
  • BAIO: Anxo, Jose Antonio (Freddie, min.55), Pablo (Eloy II, min.75), Mario, Moncho, Norberto (Fachal, min.820), Iago, Jorge (Rubio, min.60), MC, Eloy, Martín.
  • ESTEIRANA: Beni, José Varela, Simón (Eloy, min.30), Adelino, Maceiras, Damián Suizo, Álex (Chispi, min.60), Andel (David, min.70), Picholeiro (Roi, min.80), Pepiño, Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.15: MC, de penalti; 2-0, min.30: MC.
  • Expulsións: os esteiráns Suizo (min.40) e Adelino (min.67).

Partido estrano o disputado no Platas Reinoso entre un Baio que non estaba no seu mellor momento e unha Esteirana que viña espectacular. Pero dúas expulsións algo rigososas mermaron o potencial esteirán, que ademais chegaba con algunha baixa sensible, o que permitiron que o Baio asegurase os 3 puntos. MC volvía ser o protagonista e asinaba os dous tantos na primeira media hora tras boas combinacións con Martín.

Na segunda, a Esteirana intentouno pero sen folgos.

Baio-Esteirana-Foto- Santi Díaz

Zas - Cee (1-3)

  • ZAS: Elías, Amado, Oliver, Quintáns (Kevin, min.65), Víctor Vecino (Martín, min.78), Diego (Mancebo, min.65), Peque (Pastor, min.65), Lagoa, Pichín, Rubio, Pablo.
  • CEE: Parroto, Rubén Fiuza (Patera, min.78), Jorgito, Piquero, Rafa, Fermín (Mario, min.75), Fernandito (José Ramón, min.87), Diego Cespón, Patera, Angeliño, Chiru (Nico, min.68).
  • Goles: 1-0, min.35: Rubio a pase de Pichín; 1-1, min.40: Angeliño; 1-2, min.55: Chiru; 1-3, min.60: Angeliño.

Volveu amosar a súa mellor versión o Cee en San Andrés e mantén o pulso dos de arriba para non perder o tren de cabeza. Os de Floreal e José Carlos foron a polo partido dende o inicio, e de feito Chiru e Fermín avisaban nunha doble ocasión clara ao principio. Diego Cespón tamen estivo moi incisivo pero Eláis gañoulle a partida.

Á media hora Angeliño marcaba pero o colexiado anulábao por fóra de xogo. E só 5 minutos o Zas sorprendía cunha contra letal que Rubio materializaba nun 1-0 que non reflectía o que pasaba no campo. Pero non tardou en reaccionar o Cee un pase de Diego a Ángeliño que se planta diante de Elías e establece a igualada, este era o 4º gol de Ángel en 4 partidos.

Na segunda parte o Cee buscou máis a portería rival e xa avisaba antes do gol por medio de Ángel e Chiru. Sería o propio Chiru que se aproveitou dun boísimo pase de Diego para adiantar ao Cee. Sentenciaba o partido Ángel aos 17 minutos da reanudacion, con outra boa definición diante de Elías. O Zas era un querer e non poder e así pasaron os minutos finais onde o Cee baixou a intensidade.


Mazaricos - San Lorenzo (0-1)

Mazaricos-San Lorenzo-Foto- Sara Ramos
  • MAZARICOS: Juan, Casais (Matías, min.55), Martín, Rodrigo, Esteban Pereiro, Ricardo, Ramón (Oreiro, min.65), Brais, Estéfano, Cristian (José Ángel, min.75), Molinos (Kevin, min.75).
  • SAN LORENZO: Sergio, Canteiro (Bolón, min.75), Adrián, Quillo, David, Anxo, Cachizo, Carlos, Javi (Peque, min.90), Fuentefría, Jorge Pichel (Eloy, min.60).
  • Gol: 0-1, min.30: Fuentefría tras un erro da defensa local.
  • Expulsións: o porteiro local Juan (min.70) e se puxo Esteban Pereiro na meta; e Cachizo por bando visitante.

Partido disputado, como moito xogo medio campo, no que as defensas estiveron mellor que os ataques. A primeira foi para o San Lorenzo, que se adiantaba tras un balón longo que se comía a defensa local e que Fuentefría non perdoaba.

Na segunda, cos cambios, os locais tiveron máis chegadas e apretaron moito aos de Gueli, sobre todo cun par de centros que non atoparon rematador e un par de faltas boas de José Angel. E a xogada máis clara chegaba co pitido final, xa co San Lorenzo pedindo a hora, pero José Ángel remataba un córner de Kevin, que voltaba tras unha longa lesión no xeonllo, puido significar o empate de non ser polo paradón de Sergio.


Carnota - Cabana (3-1)

  • CARNOTA: Luis de la Peña, Tono da Caixa, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, David de Brea, Rodrigo, Loló (Pumuky, min.75), Jacobo (Miki Piñeiro, min.80), Nakata (Martín, min.80), Bernardo (Urko, min.55), Joselu.
  • CABANA: Añón (Chechu, min.76), Eloy, Mato, Fariña, Ismael (Edgar, min.68), Sandro, Rubén Rama, Diego (Adrián, min.55), Fernando, Manolo do Cruceiro (Aarón, min.50), Berti (José, min.70).
  • Goles: 1-0, min.20: Joselu; 1-1, min.25: Fernando; 2-1, min.40: Joselu; 3-1, min.65: Joselu.

Lombáns veu a mellor versión de Joselu. 3 golazos do carnotán sentenciaron un choque entre dous equipos chamados a estar na zona de abaixo. Pero parece que o Carnota está empeñado en meterse nunha zona cómoda, e ao que deixa en problemas é a un Cabana que aínda non coñece a vitoria.

A primeira metade estivo moi igualada, e Fernando respondía ao gol inicial de Joselu. Pero o segundo tanto do extremo carnotán antes do descanso foi clave.


Outes - Volantes (0-3)

Outes-Volantes-Foto- Gonzalo Sestayo
  • OUTES: Gato (Peipo, min.65), Damián (Chúa, min.60), Martín (Borja, min.80), Saúl, Lago, Arturo, Poke, Potro (Elías, min.62), Deivi, Pesco e Iago Dosil.
  • VOLANTES: Rubén Santos, Fran do Español, Pardelo (Benja, min.65), Juan do Sivil, Mingos, Brais, Nimo, Jaro (José María, min.80), Seluco, Adrián (Bolero, min.85) e Ivi (Javi, min.60)
  • Goles: 0-1, min.30: Brais de falta; 0-2, min.55: Juan do Sivil de cabeza; 0-3, min.88: Bolero á contra.

Outro que está impresionante. O Volantes, que se mantén moi arriba, amosou un gran potencial e un gran estado físico no Conchido. Se cadra o marcador é máis abultado do que se viu no campo, o conxunto muradán, espoleado por un gran Seluco, superou aos da Serra nun alarde de efectividade.

E iso que Varo non puido xogar por problemas de saúde, ao que lle desexamos unha pronta recuperación.

Outes-Volantes-Foto- Gonzalo Sestayo

Muros - Dumbría B (2-6)

Os xogadores do Muros celebran un dos tantos no Muros-Dumbria B - Foto- Jorge Parri
  • MUROS: Fabio (Trozo, min.80), Javi de Vístete, Pedro de Paky (Beberecho, min.74), Gael (Eloy, min.46) (Gabri, min.55), David, Lisardo, Manu Dosil, Dani Corniños, Sexo, Saúl y Gelo (Pulpo, min.70)
  • DUMBRÍA B: David, Samuel (Vicente, min.46), Tati, Jano, José Carreira, Martín, Josiño (Fernando, min.80), Isma, Pereira (Álex Siaba, min.46), Rodrigo, Jesús.
  • Goles: 1-0, min.10: Sexo 1-1, min.20: Jesús; 2-1, min.35: Gelo; 2-2, min.50: Siaba; 3-2, min.60: Sexo; 4-2, min.65: Sexo; 5-2, min.70: Sexo; 6-2, min.80: Saúl.
  • Expulsión. o dumbriés David (min.20).
  • Lesión: o muradán Gael con problemas musculares.

Como un bálsamo serviu este Dumbría B a un Muros que non levaba unha boa xeira de resultados. E preocupante a situación dos de Ferrío, que aínda non estrearon o taboleiro. Onte, o Dumbría B aguantaba a primeira metade respondendo os tantos de Sexo e Gelo, no ecuador da segunda, 3 tantos seguidos de Sexo (que facía 4 dende a punta de ataque) sentenciaron o choque.

Clave foi a participación do capitán do Muros Sexo no Muros-Dumbria B - Sexo - Foto- Jorge Parri

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios