Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferente: Doble e clara vitoria

Preferente: Doble e clara vitoria
O Xallas de Santa Comba celebrando un gol ante o Lemos-Foto Fb do XSC

Semana perfecta para os esquipos costeiros na Preferente, se ben ó Dumbría tocáballe descansar. Pero Xallas e Soneira sumaron claras vitorias ante Lemos e Carrral.
Os de Corredoira seguen no máis alto, acompañados polo Boiro, tras endosar un set ao Lemos, nun partido máis difícil do que indica o resultado. Pola súa parte, os de Felipe Candamo xogaron un partidazo e ademais estiveron finos cara gol.

Soneira - Carral (4-2)

  • SONEIRA: Cheli, PIchi, Fran de Urroa, Nico, Sito, Mayor, Toni de Muros (Iván de Treos, min.80), Darío (Cristian Figeuroa, min.60), Javito (Míchel, min.65), Toni Fisterra (Iván Cerilla, min.85), Baba.
  • Goles: 1-0, min.15: Baba; 2-0, min.25: Baba de penalti; 2-1, min.40: de penalti; 3-1, min.65: Darío; 3-2, min.75; 4-2, min.85: Cristian Figueiroa.

Gran vitoria do Soneira que lle deixa respirar no medio da táboa. I é que os soneiráns fixeron un partidazo, como recoñecía o propio míster. E mesmo tivo que superar unha actuación arbitral algo dubidosa, pois na casa non viron o penalti pitado en contra, e co 3-2 o colexiado sinalou un libre indirecto dentrop da área que ben puido significar o empate.

Os locais estiveron moi seguros atrás e finos arriba. Na primeira, ademais dos tantos de baba, fundamental para o cadro vimiancés neste primeiro treito de liga, fallaron 4 claras ocasións, Darío, Javito, Toni e o propio Baba. O gol antes do descanso dos viistantes puxo incertidume pero Darío puxo máis vantaxe. Tivo que ser o xuvenil Cristian Figueroa, que entrou de novo e marcou de novo, o que rematase a faena.
Cómpre destacar o debut doutro muradán, Iván Cerilla, no equipo.

Xallas Santa Comba - Lemos (6-0)

A convocatoria do XSC ante o Lemos-Foto- Fb do XSC
  • XSC: Diego (Iván, min.65), Chinda, Martín (Ismael, min.55), Guillermo, Pablo Vigo, Mon, Jota, Doro (Óscar, min,65), Darío (Orlando, min.70), Javi Suárez (min.85)
  • Goles: 1-0, min.6: Javi Suárez; 2-0, min.55: Doro; 3-0, min.64: Javi Suárez; 4-0, min.73: Orlando; 5-0, min.83: Ismael; 6-0, min.60: Mon.

Gran parrtido do equipo de Corredoira dando unha imaxe de equipo grande. E iso que non foi tan fácil como sinala o marcador. Así e todo, na primeira puideron ir con máis renda, pero Doro que se prantou só e mandou fóra, ou Pablo Baña, non estiveron acertados e o marcador quedou co 1-0 inicial de Javi Suárez.

Antes do descanso, co 1-0, houbo unha xogada clave, cun balón ao pao que puido ter cambiado o signo do partido. Pero unha contra de libro a un córner rival, xa se puxo o partido de cara e partir de aí o parrtido se puxo máis sinxelo e se remachou con goleada.

Máis información

Artigos deportivos

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios