Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Resultados do fútbol da Costa na última semana de setembro

Resultados do fútbol da Costa na última semana de setembro

Última fin de semana de setembro e nova xornada de #futboldacosta. E con moitas cousas chega esta crónica da xornada.

Na Preferente gran xornada. O Xallas mantense ben arriba tras golear ao Lemos, pero non escapa do Boiro que támen venceu, nin dun sorprendente Ribadeo que se mantén a 2 puntos dos líderes. Se ben o Dumbría descansaba (mantén a 6ª praza), o Soneira colleitaba unha grandísima vitoria na casa ante o Carral, que o mete 8º

Na , xornada dispar. O Malpica foi o único que sumou 3 puntos, e que 3 puntos. Os de Baña volvían á senda da vitoria cunha gran sorpresa ao vencer no campo dun dos cocos, en Padrón ante o Flavia, ao que alcanza. O Camariñas caía con rotundidade na casa ante un sorprendente Riveira, mentres que o Fisterra segue moi abaixo tras caer ante o Noia, outro dos cocos. O Ponteceso sumaba un empatiño na casa ante o Bertamiráns B que sabe a pouco.

A Liga da Costa mantén o pulso. O Sofán segue intratable, e xa van 5 de 5 e hoxe endosáballe precisamente 5 ao Buño. A Esteirana descólgase lixeiramente tras sufrir unha polémica arbitraxe en Baio, e 2º queda agora un Corme que dá moi boas sensacións. Os de Genaro meteron unha manita a un Corcubión que xa leva 3 derrotas consecutivas. Dúas das sorpresas da competición mantéñense entre os de arriba. Volantes e Montelouro venceron a Outes e Castriz e seguen a 3 puntos do líder. O Cee, xunto ao Baio, tamén amosan a cabeza por arriba.
Por abaixo xa preocupan Cabana e Dumbría B, que aínda non estrearon o taboleiro.

A 3ª da Costa segue cun líder indiscutible. O Independiente venceu en Ara Solis ao filial fisterrán e suma os 15 puntos. 12 ten Porteño e Camelle. Os camariñáns están moi fortes e goxe o demostraban en Coristanco e Corcoesto con sendos 0-4. Por detrás xa está a UD Cerqueda, tras vencer ao Castrelo; o Lira, tras vencer en Arliña nun partido polémico; e Ameixenda, que leva 3 vitorias seguidas trala de hoxe en Alcaián.
E no último partido da xornada o Baíñas sumou a súa primeira vitoria a costa xo Xaviña.

En Xuvenís, tocou empate. Os dous partidos da fin de semana quedaron 0-0. Polo sur, o Cee e o XSC disputaban un choque entregadísimo pero sen goles, igual que o Baio-Ponteceso do norte, cos dous equipos que chegaba de líderes e agora vén como o Malpica, tras vencer en Muxía, se suma ao trío de cabeza. Así e todo non poden esquecer a Cabana e Coristanco que chegan por detrás.

E enorme a doble vitoria do Dumbría nas Ligas Galegas ante o Portuarios en cadete e Viveiro en infantil.

Ademais, nos Veteranos cómpre destacar a gran vitoria do Soneira ante o San Román, un dos grandes favoritos. Con esta vitoria o Soneira, recén ascendido, afianza o seu liderato empatado co Cabana, que tamén vencía ao Baio.

Preferente Norte, xornada 6

Soneira 4-2 Carral
Xallas Santa Comba 6-0 Lemos
  • Descansa o Dumbría.

1ª Autonómica, xornada 5

Camariñas 0-3 Atl. Riveira
Ponteceso 0-0 Bertamiráns B
Noia 1-0 Fisterra
Flavia 0-2 Malpica

2ª Autonómica, xornada 5

Muros 6-2 Dumbría B
Corme 5-0 Corcubión
Baio 2-0 Esteirana
Mazaricos 0-1 San Lorenzo
Zas 1-3 Cee
Sofán 5-1 Buño
Carnota 3-1 Cabana
Outes 0-3 Volantes
Montelouro 3-2 Castriz

3ª Autonómica, xornada 5

Laxe 3-3 Nantón
Fisterra B 0-2 Indep. Carballo
Muxía 3-4 Lira
Corcoesto 0-4 Camelle
Cerqueda 4-1 Castrelo
Alcaián 0-1 Ameixenda
Coristanco 0-4 Porteño
Xaviña 1-3 Baíñas
  • Descansa Soneira B.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 5

Fisterra 3-0 Muros
Mazaricos 4-3 Outes
Cee 0-0 Xallas StComba
Esteirana 0-5 Dumbría
Corcubión 3-1 Soneira

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 5

Laxe 2-1 Corme
Baio 0-0 Ponteceso
Zas 3-3 Cabana
Coristanco 1-0 Camariñas
Muxía 1-4 Malpica

Liga Galega Cadete, xornada 3

Dumbría1-0Portuarios

Liga Galega Cadete, xornada 3

Dumbría3-2Viveiro

Liga Infantil, xornada 2

os
Sofán 0-12 Xallas StComba
E.M.F. Vimianzo 1-8 Baio
Ponteceso 0-7 Coristanco
Esteirana 3-1 E.D. Os Miud
Outes 1-7 Corme
Cabana 4-2 Muxía
Fisterra 6-3 As Baleas
  • Descansa Cee.

Ligas de Veteranos, xornada 3

1ª División

San Lorenzo 5-1 Bértoa
Vimianzo 0-3 Ponteceso
Coristanco 2-2 Corcubión Vet.
Xv. Bergantiños Susp. Castriz
Zas 2-1 Bergantiños
Baio 0-2 Cabana
Camariñas 1-0 Nantón
San Román 2-3 Soneira
  • O Xuv. Bergantiños Castriz foi suspendido no min.27 por asistencia a un xogador e se reanudará o 12 de outubro ás 17:00h.

2ª División

Camelle 2-0 Porteño
Dep. Carballo 2-7 Corcoesto
Buño 0-2 Cerqueda
Corme 4-3 Sofán
Muros 2-1 Malpica
Leiloio 0-1 Poniente
At. Milagrosa 4-0 Agualada
  • Descansa Laxe.

Máis información

Artigos deportivos

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios