Sábado. 27.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Intensa loita pola promoción

3ª Autonómica: Intensa loita pola promoción

Fermosa ponse a loita pola promoción tras esta xornada 24, quedando ata 6 equipos en apenas 8 puntos, loitando por 3 prazas. I é que se ben o trío de arriba ten a súa disputa particular, as 3 prazas restantes da promoción parecen cada día máis loitadas. A derrota do Soneira B ante o Laxe e o empate do Cerqueda en Cee co Ameixenda evitan que vimianceses e malpicáns escapen, polo que terán moito que loitar para asegurar esas prazas. É o Laxe o que se mete agora 6º, a 4 de Soneira B e Cerqueda, e 1 punto por diante do Ameixenda. Por detrás, o Muxía e o Baíñas, pegaban unha freada con sendos empate, e gracias, ante o Castrelo e Corcoesto, quedando con 31 puntos.

Mentres, por arriba, Camelle, Independiente e Porteño seguen ao seu. O Camelle sumaba os puntos do filial do Fisterra e o resto non fallaron. I IDC remontou un difícil partido ante o Lira, e o Porteño recuperou as boas sensacións, e a vitoria, a costa do Alcaián.

Soneira B - Laxe (1-2)

Importante vitoria do Laxe ante o Soneira B
  • SONEIRA B: Martín, Curra, Alberto, Chuchi, Iván Chans, Quilmes, Roi (Pablo, min.70), Chino (Fer, min.67), Félix (Basti, min.50), Cristian Canosa, Wii (Pichón, min.65)
  • LAXE: Diego, Samuel, Pailos, Jacinto, Aarón, Gora, Borja, Felipe, Roi (Ventura, min.46), Mandi (López, min.65), Zurich.
  • Goles: 1-0, min.50: Cristian Canosa de falta; 1-1, min.55: Zurich; 1-2, min.91: Zurich.

Partido moi igualado que remataba cunha vitoria clave para o Laxe, que se mete de cheo na loita pola 6ª praza e ademais non permite que o filial soneirán se escape. O choque comezaba como era de esperar, co Soneira tocando moito e o Laxe ben armado atrás sen permitir ocasións. Non foi o mellor dos soneiráns ante este serio Laxe, que ademais aguantou mellor fisicamente e puido dar máis no arreón final.

De feito tivo que remontar o cadro visitante, o gol de falta de Cristian Canosa. Pero de contado Zurich empataba e xa co tempo cumplido, e cando o partido parecía destinado ao empate, el mesmo conseguía o gol da vitoria. No longo tempo de prolongación sufriu o Laxe ante as últimas embestidas locais, pero os 3 puntos marcharon.

Soneira B-Laxe

Lira - Indep. Carballo (1-3)

  • LIRA: Andrés, Santi (Mauro, min.75), Isma, José Ramón, Herminio, Michelón, Fran Perico, Germán (Iago, min.65), Miguel, Suso Perico, Oliver.
  • IDC: Noé, Belar (Adrián, min.80), Castro, Seo, Dani Rosalía, Cholo, Jorge Pichel, Carlos, Mario(Jonathan, min.60), Benítez (Moreno, min.65), Juni.
  • Goles: 1-0, min.5: Suso Perico; 1-1, min.42: Cholo tras unha perda no medio campo; 1-2, min.55: Cholo; 1-3, min.75: Belar.
  • Expulsión: o míster carballés Da Silva á media hora por protestar que o colexiado non deixaba entrar a un xogador por ter cinchas por riba das medias. O colexiado esixiulle ao míster carballés quedarse nos vestiarios máis dunha hora.

Importante vitoria do Independiente nun campo difícil como Portocubelo ante un Lira moi mellorado que non mereceu perder, pero que pagou moi caros os seus erros. De feito, os lirachos se metían por diante nada máis comezar o choque cun bonito tanto de Suso Perico.

Pero ao fío do descanso, unha perda de balón da defensa loxal permitía unha contra rápida e Cholo non perdoaba. Nada máis empezar a segunda Suso Perico e Oliver estiveron a piques de poñer por diante aos lirachos, pero un novo erro na defensa local era aproveitado por Cholo, dando constancia da eficacia deste IDC.
A falta de 15 minutos para o final, e co Lira algo xa entregado, Belar fixo a sentencia.


Porteño - Alcaián (6-1)

  • PORTEÑO: Pablo, Cousillas, Maikol, Sestayo, Óscar, Ismael, Mario Toja, Yuyo, David Toja (Búa, min.65), Brais (Asier, min.46), Iago (Parga, min.70).
  • ALCAIÁN: Fernando (Martín), Pombo, Rubén, Marcos (Lino), Martínez (Dani), David, Daviciño, Pichel, Pistolas (Corral), Facal (Jorge, min.30), Marqués.
  • Goles: 1-0, min.50: David tras erro defensivo solventou diante do meta visitante; 2-0, min.55: Mario Toja de penalti por unhas mans; 3-0, min.60: David Toja nunha boa xogada combinada e a centro de Iago; 3-1, min.65: Jorge rematando libre de marca; 4-1, min.75: Yuyo nunha boa xogada individual de tiro cruzado; 5-1, min.80: Mario Toja de falta por riba da barreira; 6-1, min.83: Mario Toja de penalti provocado por el mesmo.
  • Lesión: o vistante Facal.

Tiña gañas o Porteño dunha vitoria e conseguiu unha goleada. E iso que o Alcaián aguantou bastante, e de feito na primeira metade rematou cun igualado empate a 0. Foi un primeiro tempo pouco vistoso sen apenas chegadas.

Pero Gerpe saiu na segunda coas bandas máis abertas e máis mordiente arriba, e pronto se aproveitaron os da Ponte dun erro visitante para abrir a lata. A partir de aí recuperaron as boas sensacións e o xogo da primeira volta os locais, que cada 5 minutos aproveitaban as súas ocasións ata culminar un claro 6-1.


Nantón - Xaviña (2-0)

A filla de Díaz Lema recollendo a homenaxe que lle brindou o Nantón ao comezo do choque co Xaviña-Foto- Victor Santos Cadro que o Nanton lle adicou a Diaz Lema
  • NANTÓN: Bonano, David, Diego, Víctor, Eloy, Fabio (Rubén, min.79), Félix, Carlos Vidal, Martín, Iván, Cachi (Dani, min.77).
  • XAVIÑA: Moro, Juan Antonio, Esteban, Ruso, Peke, Elvis, Martelo, Carlos, David (Gallego, min.60), Juan, Lalá.
  • Goles: 1-0, min.50: Iván finaliza unha boa contra; 2-0, min.90: Iván nunha contra conducindo dende o medio campo.

Era un partido especial este para a familia cabanesa e puideron adicar a vitoria a un home de sempre. Díaz Lema falecía a pasada e o clube rendiulle unha sentida homenaxe ao comezo do partido, cando Luís, o capitán e adestrador que non puido xogar por acumulación, e mais o presidente Vila, lle entregaron un ramo e un cadro adicado.

E foi unha vitoria dos locais que fixeron un gran derroche físico, e tiveron o dominio do balón en boa parte do partido. Así e todo os camariñáns pediron, tras unha disputada e igualada primeira metade, un claro penalti por mans de Diego que o colexiado non viu. I é que os camariñans chegaban moi tocados, con 3 porteiros no seu 11 inicial antes as baixas.

Iván foi o verdadeiro protagonista do partido, con 2 tantos e outros tantos que perdoou. Marcaba á volta dos vestiarios nunha boa contra e perdoaba o 2-0 un rato despois pois se escapou o control tras un gran pase de Cachi. Cando o reloxo marcaba a hora do partido o Xaviña tivo unha contra boa que puido significar o empate. pero o propio Iván fallaba un man a man co porteiro a 5 do final, pero sentenciaba o choque, xa co tempo cumplido.


Ameixenda - Cerqueda (0-0)

  • AMEIXENDA: Óscar, Álvaro, Grille, Alex, Alberto, Javichu, Jorge, Borja, Riolo, Jesús (Manu, min.76), Demetrio.
  • CERQUEDA: Costa, Bastón, Javi, Pablo, Javi Pazos, Dani, Manu, Lorenzo, You, Dieguito, Juanjo.

Xusto empate sen goles no enorme campo de San Paio de Refoxos, con dúas partes diferenciadas en función das forzas. A primeira metade foi de claro cor local, con 3 boas oportunidades que non conseguiron mover o marcador.

Na segunda, o tono físico convertiuse en fundamental e máis cando os dous equipos apenas tiveron un cambio. Así e todo, o Cerqueda aguantou mellor e tivo uns 20 minutos de dominio, no que a única ocasión de gol chegaba nos pés de Dieguito.


Baíñas - Corcoesto (2-2)

O 11 do Baíñas ante o Corcoesto-Foto- Liga da Costa
  • BAÍÑAS: Damián, Suso, Sergio, Luís, Simón (Sancho, min.75), Styven, Iván (Diego, min.65), Cris, Fernando, Tasky, Yanki (Samuel, min.70).
11 do Corcoesto ante no Municipal de Vimianzo-Foto- Liga da Costa
  • CORCOESTO: Axno, Sergio, Edelmiro, Germán, Ángel, Xabi (Uruguaio, min.85), Pablo (Ángel, min.60), Luís, Rodri (Couto, min.80), Javi, Héctor (Martín, min.30).
  • Goles: 1-0, min.50: Iván de falta coa axuda do porteiro; 1-1, min.60: Rodri de penalti sobre Martín; 2-1, min.70: Cristian rematou unha falta lateral; 2-2, min.94: Sergio coa punta nun balón colgado.
  • Expulsións: os visitantes Martín no min.60. e Iván xa cando estaba no banco.

Partido bastante feo pero moi disputado o celebrado no Municipal vimiancés, no que o Corcoesto deu o do de peito e foi superior a un Baíñas que tiña unha gran ocasión para poñerse a só 2 puntos da promoción. Foi un partido con alternativas que ao final rematou nun empate que non lle soubo ben a ninguén, pois os locais viron como lle quitaban dous puntos no desconto, e os visitantes sumaron un punto que lles soubo a pouco polo feito no campo.

A primeira metade foi moi igualada, cun Corcoesto moi serio en defensa que non permitia ocasións aos locais. Tiveron ademais un par de ocasións como un remate de cabeza de Rodri e un man a man que se foi longo a Pablo. Pero Anxo sufriu mans de manteiga regalou o primeiro gol á volta do descanso, coa sorte de que Rodri empatou de contado.

Pero un gol de Cristian e a expulsión de Martín deixaba o partido costa arriba para os de Corcoesto, que non se rendiron e conseguíu, á desesperada, o gol dun empate no tempo de desconto cun remate de Iván a un balón colgado.

Baíñas-Corcoesto-Foto-Liga da Costa

Castrelo - Muxía (1-1)

  • CASTRELO: Iván, Estebo, Mario, Marcos, Gus, Manolo, Vicente, Litos, Luís, Germán, Edreira.
  • MUXÍA: Angel Luís, Luís Romaní, Martín, Ángel (Julián, min.85), Pataca, Santi Papi (Casais, min.80), Currás (Pardelo, min.70), David, Adrián Negro (Carrera, min.65), Pesqui, Dimas.
  • Goles: 0-1, min.25: Adrián Negro; 1-1, min.89: Germán tras un córner.

Bo partido do Castrelo que sumou o seu sétimo punto da tempada. Comezou o Muxía algo mellor pero o Castrelo fixo un gran partido e loito ata o final. E puido sentenciar o Muxía co 1-0, con unha de Adrián Negro e outra clarísima de David, pero acabaron pedindo a hora.

O Castrelo, de menos a máis,comezou a reaccionar nos últimos minutos da primeira e na segunda tivo un dominio completo local, pero o gol do empate, que lles quedou curto, non chegou ata o min.89, cando Germán remataba un córner a gol.


Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios