Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Equipos da Liga Intermunicipios de Bergantiños denuncian irregularidades

Equipos da Liga Intermunicipios de Bergantiños denuncian irregularidades

Equipos da Liga Intermunicipios de Bergantiños denuncian irregularidades no desenvolvemento da competición de Liga. E aquí vos deixamos co seu escrito:

Escrito de varios Equipos da Liga Intermunicipios de Bergantiños

O Rus é un dos equipos afectados

Todo veu provocado pola marcha e plantón do Deportivo Celeste (á falta de cinco xornadas para o remate da liga) e que viña denunciando un trato inxusto por parte dos organizadores. A marcha deste equipo provocou que os ornanizadores (que ao mesmo tempo son os responsables dos equipos do Cances e do Cereo), apliquen unha norma que os favorece a eles e perxudique aos demais equipos.

Os organizadores pretenden invalidar os resultados que se conseguiron contra este equipo, É dicir, restar os puntos que os equipos conseguiran. Isto provoca situación de tremenda desvantaxe, sobre todo para o lider, ao que lle restarían tres puntos e quedaría cunha renda sobre o segundo de tan só tres puntos, cando tería que ser de 6 puntos. E ademais descansaría outra xornada máis xa que aínda non xogara co Celeste.

Outros dos prexudicados sería o Rus, que pasaría do 4º ao 6ª posto, xa que perdería catro puntos e restanlle só catro partidos por xogar. Aínda que non ten opción de gañar a liga, si as tiña para poder acadar o terceiro ou incluso segundo posto pero deste xeito perdería todas as opcións xa que estaría a 9 puntos do segundo cando realmente debería estar a 5.

A casualidade é que aos equipos da organización só lle restarían un punto ao Cance e ningún o Cereo, co que serían os grandes beneficiados. Subindo posicións na táboa.

A situación que se dou non foi a que incomodou aos equipos, senón que foi a pinga que colmou a paciencia dos equipos, fartos de aturar durante anos os continuos amaños e cambios de normas á conveniencia dos chamados "equipos grandes". Este ano estanse incuprindo especialmente xa que son os equipos "pequenos" os que están non alto da táboa competindo cos "grandes".

Estas irregularidades van dende aplicación de sancións inxustas e desproporcionadas para os "equipos pequenos", árbitros imparciais que os manda a organización para que lles vaia pitar o partido aínda tendo fillos xogando no seu equipo, insultos dos árbitros aos equipos e imposibilidade de reclamar e que se adopten medidas contra eles, imposibilidade de facer unha reclamación dunha acta, anotarlles os goles a un mesmo xogador aínda que non marque para conseguir o pichichi...e moitas máis que non son pertinente dicir xa que son demasiado graves...

Por se todo isto non chegase, os membros da organización non nos informaron que un equipo retirara do campionato polo que tivemos que ir comprobalo e pedir una reunión para tratar o tema. Ao chegar alí só tivemos malas palabras, desprezos cheos de prepotencia, culpándonos de queres boicotear a liga.

O que pedimos e reclamamos os equipo é que se apliquen as normas da Federación (artigo 77. 2ª). Consideramos que sería unha solución máis xusta que non prexudicaría nin beneficiaría demasiado a ninguén.

Por último dicir que esta liga é una liga de Peñas, non está regulada, e onde só uns poucos equipos están contituídos formalmente. É una liga modesta, onde a finalidade é disfrutar do fútbol e pasar un domingo entre compañeiros e amigos, pero que por culpa destas cousas están facendo que pouco a pouco os equipos deixen a liga e desaparezan. O futuro da liga pasaría por unha organización neutral, onde os seus organizadores non sexan ao mesmo tempo responsables de algún equipo, pero a falta de apoios de institución fai que esta liga caciquil, parcial e opaca, teña como final a súa desaparición quizais este ano e despois de máis de 20 anos de historia.

Unha mágoa.


Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios