Luns. 29.04.2024
El tiempo

Copa Veteranos: Os Cuartos deixaron fóra a varios favoritos

Copa Veteranos: Os Cuartos deixaron fóra a varios favoritos
Cabana-Erbecedo-Foto-Elisabeth Muino

Gracias á colaboración de Modesto Parga traemos hoxe as crónicas dos partidos da Volta dos Cuartos de Veteranos. Uns auténticos partidazos, que deixaron fóra a varios favoritos, como o actual campión de Liga e ex campión de Copa, o Coristanco, ou o Cabana, subcampión copeiro e sempre arriba na Liga, como o Laxe, outro que remata a temporada. Caso aparte o choque do Soneira-San Román, un partidón.

I é que os partidos foron espectaculares e se saben que o Cadro completo e actualizado da Copa da Costa de Veteranos o teñen en www.copadacosta.com, que deixan unhas semis que enfronta an Erbecedo-Soneira e Zas-Dumbría.

Cadro das Semis da Copa veteranos 2014-Fonte-Juan Sande

Cabana - Erbecedo (2-3) (0-0 na ida)

  • Goles: 1-0, min.17: Mato; 2-0, min.23: Pouso; 2-1, min.76: Daniel; 2-2, min.79: Rubén; 2-3, min.87: Daniel.

O Cabana, que se puña cun 2-0, no ecuador do primeiro tempo, contou con varias xogadas onde puido aumentar a súa vantaxe, sobre todo nun man a man co porteiro de Mato. Os cabaneses aguantaron ben durante moitos minutos pero unha abalancha do Eerbecedo nos últimos 15 minutos cambiaron o sino da eliminatoria.

Dani abría as esperanzas dos visitantes e Rubén, 3 minutos despois facía o empate, que xa metía ao Erbecedo nas semis. Quedaban 10 minutos pero o Cabana non se recompuxo e foi o Erbecedo o que seguiu atacando e fixo o terceiro. A falta dun minuto para a finalización deste partido nun choque furtuito entre dous xogadores do Erbecedo en balón ao área nese salto sae lesionado Jesús, cunha posible rotura do tabique nasal.

Soneira - San Román (2-1) (0-0 na ida)

  • SONEIRA: Coscoñas, Mauri, Costa, Antelo, Bruno, Manuel Ángel, Jemisa, Jose, Teo, Migue e Manolito Dumbría. Tamén xogaron: Lareiras, Maure, Yordi, Félix, Cho, Mario, Carlos e Padronés.
  • SAN ROMÁN: Cotelo, Carlos, Pedro, Javier, Marcelino, Óscar, Sebas, Vechi, Chusca, Loureiro e Rizos (sen cambios).
  • Goles: 1-0, min.49: Manolito a centro raso de Miguel; 2-0, min.80: Miguel a centro de Manolito; 2-1, min.87: Chusca.

O partido máis disputado destes Cuartos de final véndose un gran partido de fútbol onde cabe destacar a gran deportividade entre os dous equipos. Casti estivo moi ben arbitraxe ademais.

A primeira parte foi un tanteo entre os dous equipos onde o San Román defendeu moi ben os ataques por medio de Manolito e Miguel. Hai que destacar a gran actuación de Manolito do Soneira con tiros a porta e grandes centros, pero atopouse nesta mañá coa gran actuación do porteiro do San Román Cotelo, parando tres dos seus tiros e un cabezazo dentro da área que se coaba pola escuadra pero atopouse coa man de Cotelo que desviou a corner.

Os goles foron marcados na segunda parte: o primeiro, 1-0 aos catro minutos desta segunda nunha contra que se marcha Miguel e ponlle un centro raso dentro do área que remata a gol Manolito. O partido seguía moi igualado e un tanto metía ao San Román en semis pero as forzas escaseaban e o cadro visitante non tiña fondo de armario. Así e todo O San Román puido ter empatado por dúas ocasións por medio de Loureiro no 74 que só diante do porteiro tira fóra e no 75 un tiro pegado ao poste de Rizos, a parada da mañá de Coscoñas, que evita o empate

A 10 para o final repetiron os protagonistas, pero do revés, centrou Manolito e Miguel anotou o 2-0. E a falta de tres minutos para a finalzacion do partido marca o 2-1 o San Román por medio Chusca, xa sen tempo para buscar un empate que lle daría o pase.

Coristanco - Zas (3-5) (1-3 para Coristanco na ida

  • Goles: 1-0, min.20: Blanco; 1-1, min.30: Felipe de cabeza nun córner; 1-2, min.47: Jose; 1-3, min.53: Limedeiro; 2-3, min.75: Alberto; 2-4, min.80: Alberto en propia meta; 3-4, min.81: Toniño de cabeza; 3-5, min.84: Fernando.

Sen lugar a dúbidas, a sorpresa dos Cuartos deuse no campo da Rocheira onde quedou eliminado o Coristanco, equipo Campeon de Liga primeira división e campión de copa da tempada anterior, ante un gran Zas. Foi un partido xogado de poder a poder onde o Zas sempre pensou na remontada, buscando a vitoria desde o inicio do partido. Ademais, había moito público no campo e unha gran actuación do colexiado España, que mesmo saíu felicitado polos dous equipo .

Adiantaríase o Coristanco no minuto 20 da primeira parte por mediación do dorsal numero 23 Blanco logo dunha xogada persoal, pero pronto empata Felipe de cabeza nun saque de corner.
Na segunda parte o Zas saíu a presionar ao equipo local e xa cedo chegaba o 1-2, por mediación de Jose a súa central adiántase o Zas no marcador. Só pasaban 8 dende a volta do descanso e Limideiro empataba a eliminatoria, e tras varios minutos de ida e volta, Alberto recurtaba para o Coristanco. Tan só un minuto despois marca para o Coristanco o 3-4 de cabeza o súa lateral Toniño.

Eran minutos de tolemia e puido pasar de todo. E en 3 minutos Fernando metía de novo ao Zas nas semis. Grandísimo partido dos dous equipo onde os últimos 10 minutos foron os dous equipos pola vitoria e por esa intensidade dos dous equipos aí apareceu os goles.

Laxe - Dumbría (1-1) (2-0 para Dumbría na ida)

  • Goles: 0-1, min.15: Miguel; 1-1, min.30: Ambrosio.

O Dumbría, que chegou ao Municipal de Laxe coa vantaxe de 2-0, fixo valer ese resultado durante todo o partido onde ao defender moi ben ese resultado e o Laxe que quixo pero non puido. Os goles foron marcado no primeira parte polo dianteiro dumbriés Miguel e pouco despois empataba Ambrosio para o Laxe. O árbitro deste encontro foi Isidro.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios