Venres. 19.04.2024
El tiempo

Gran expectación arredor do #AlbumdaCosta

Gran expectación arredor do #AlbumdaCosta
Jorge Parri botando fotos ao Castriz para o AlbumdaCosta no Conchido

Xa non hai marcha atrás. O #AlbumdaCosta xa é unha realidade. Xa levamos dúas semanas percorrendo os campos da bisbarra facendo as fotos dos 27 equipos que nos entran este primeiro ano no album, e a expectación levantada é máxima.

Non hai como ver as caras de curiosidade dos xogadores, uns máis tímidos, outros máis coquetos. "Jorge, sácame outra foto que esta non me gusta", espetáballe Chinda a Jorge Parri a pasada semana en Outes. O querido fotógrafo corcubionés, Jorge Parri, é recibido en cada campo con gran cariño e non hai como pasear por el por algunha vila da zona e ver como o van saudando coma se dun auténtico famoso da tele se tratase.

A través das redes sociais a repercusión tamén é notable. Quedamos cun tuit do xogador do Corcubión, Pablo Lestón: "Quedei sen palabras", ao saber que vai ter un cromo de seu para recordar cos seus fillos.

Unha enciclopedia do #FutboldaCosta

Paralelamente o equipo de Deportes de QPC seguimos traballando recadando datos para o album. I é que non vai ser un album calquera, senón vai ser unha auténtica enciclopedia costeira.

Era desexo do equipo futboleiro QPC, con Óscar Santos, Manuel Varela e Alberto Pose á cabeza, facer unha "Liga Marca do Fútbol da Costa" nos últimos anos. Así, este album cubrirá as dúas modalidades, a de encher un album coas estrellas da Costa, e a de crear un documento en papel que dentro de 10 anos nos traia grandes recordos e moita información sobre o Fútbol da Costa.

Puntos de venta e Quedadas

Xa temos armada unha boa rede de puntos de venta por toda a zona onde, esperemos a partir de outubro, xa se poidan mercar os albumes e os sobres. Serán sobre todo os bares máis afíns a este deporte, bares nos que paran os futbolistas, os que servirán de puntos de venta para os cromos. Ademais, varios quioscos ou librerías tamén nos botarán unha man na venta. Unha estampa ben simpática contábanola Carlos, do quiosco Chuminadas de Corcubión, un dos que será punto de venta, no que o mesmo día que o anunciabamos, a mocidade da bisbarra xa lle pedían sobres do #AlbumdaCosta. "Album da Costa? Pero estades tolos, ou que?" dicíalles Carlos antes de saber que a cousa vai en serio.

Ademais, intentaremos organizar quedadas para intercambio de cromos nalgúns campos da zona. É dicir, un día anunciaremos que iremos a un campo de fútbol, cunha chea de sobres, e instaremos aos fans a achegarse para poder intercambiar os repetidos. Que volva soar ese "sipi, nopi" de toda a vida, pero no canto dos Messi ou Ronaldo, intercambiando aos Doro ou Chúa.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios