Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O album de Cromos do Fútbol da Costa segue creando espectación

O album de Cromos do Fútbol da Costa segue creando espectación
Jorge-Parri-en-Fisterra-co-Album-de-Cromos

Continúa Jorge Parri pateando os campos da Costa e o equipo de Deportes de QPC traballando para sacar canto antes o #albumdaCosta. Continúa a boa acollida, tanto por parte de cada xogador que se presta para saír nos cromos, como por bando empresarial, que tamén está respondendo moi positivamente ante esta iniciativa.

Unha idea que nace ca premisa de dinamizar o fútbol costeiro, e darlle un impulso a nivel galego. Para que toda Galicia teña envexa do noso fútbol.

A pasada semana tocou viaxar a Ara Solis, e con esta espectación nos esperaban xuvenís e cadetes para ver aos seus maiores posando.

Jorge-Parri-en-Fisterra-sacando-fotos-para-o-Album-da-Costa

Unha enciclopedia do #FutboldaCosta

Xa están os Óscar Santos, Manuel Varela e Alberto Pose traballando cóbado con cóbado cos compañeiros de SportCrom preparando todos os datos que vai en cada cromo, en cada equipo ou os palmarés das competicións.

E dirémolo unha e outra vez, porque realmente o album vai ser moito máis que un album de cromos. Vai ser unha auténtica enciclopedia do FutboldaCosta.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Fonte

Comentarios