Martes. 14.05.2024
El tiempo

O Sofán denuncia un escándalo na Promoción mentres celebra a festa Solidaria das Vermellas

O Sofán denuncia un escándalo na Promoción mentres celebra a festa Solidaria das Vermellas

Unha alegría e un cabreo levou esta fin de semana a parroquia de Sofán. Mentres celebraba a fermosa iniciativas do Días das Vermellas, unha xornada solidaria da man da Cruz Vermella, enteirábase de que o partido da promoción entre Val do Ulla e Sálvora, os seus rivais na Fase de Ascenso á 1ª, estaba sendo algo dubidoso.

I é que segundo denuncia a SD, o Sálvora, xa practicamente descartado para a loita, contoulles que o choque en Val do Ulla, que remataba 3-0 para os locais, foi de “auténtico escándalo”. “Despois de media hora de despropósito arbitral, con decisións totalmente parciais a favor do Val do Ulla, a gota que colma o vaso foi un penalti a favor do Val do Ulla que só ve o árbitro. Formase unha tangana, parece ser que hai agresión o colexiado, e este suspende o partido, non sin antes expulsar a 5 xogadores do Sálvora. Agora a federacion terá que tomar cartas no asunto”, contan.

Ademais, o equipo carballés está pendente dunha reclamación de aliñación indebida por parte do Val do Ulla que, esperan, non vaia a máis, pois o cadro sofanista preguntara ese mesmo asunto na Federación.
O que está claro que o Sofán – Val do Ulla do 22 de xuño estase a tornar dramático.

Día das Vermellas

Dia das Vermellas entre Sofan e Paiosaco

Menudo éxito a iniciativa solidaria que armaron no Carral a Cruz Vermela,, o Concell de Carballo e dous equipos amigos, o Paiosaco e o Sofán. Todo para amar evento en prol da busqueda da recaudación para a axuda os mais desfavorecidos. E tal recaudación foi un éxito, superando os 1.200 euros, e xuntando a familias enteiras arredor dunha pelota e dunha cruz vermella.

Foi entregado un recordo ós capitans de ambos equipos por parte de Matilde Anido, presidenta da Cruz Vermella de Carballo. De agraceder foi tamen a presencia de todo un internacional español, Angel Cuellar, futuro adestrador do Paiosaco, que estivo vendo as evolucions dos seus proximos pupilos.

Crónicas da Fase de Ascenso do Sofán

Fonte

Comentarios