Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Cabana e XSC amosan os dentes

Xuvenís: Cabana e XSC amosan os dentes
Dumbria-XSC-Foto- Jorge Parri

Seguen as cousas que ferven na Liguilla de arriba mentres a Copa segue algo frouxa.

A xornada complétase estes martes e mércores con varios partidos. Os do martes remataron cun sorpresivo 0-1 do Corme en Cee, e mais cun 2-1 do Baio ao Outes que deixa aos baieses sós no máis alto do seu grupo. Mañá mércores, un interesante XSC-Malpica e un Mazaricos-Soneira.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4

Destácanse Cabana e Xallas de Santa Comba no máis alto da táboa, con 9 puntos, xa con 5 de vantaxe sobre o resto de equipos. Cabaneses e xalleiros venceron en sendos partidos de tolos, onde os ataques foron superiores ás defensa.
E clave pode ser o partido aprazado da 1ª xornada deste mércores 13 ás 18:30 en Fontenla, no que o XSC pode case que cerciorar o seu pase á Fase de Ascenso á Liga Galega ou pode meter ao Malpica de cheo na loita.

Descolgado queda case que definitivamente o Ponteceso tras caer en Ara Solis, no que era o último tren para ambos conxuntos.

Dumbría - Xallas StComba (2-4)

Dumbria CF xuvenil-Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Maikel Cambeiro, Roi (Denís, min 45), Samuel (Kevin, min 75), Cabana, Jose, Adrián Alcaina, Lucas (Javi, min 45), Miki, Marcote e Martín (Dito, min 70). 
XSC xuvenil-Foto- Jorge parri
  • XSC: Iván Couto, MIguel, Roberto, Dani Martínez, Cristian, Diego Maneiro, Fabián (Cristian Torres, min.65), Styven, Marquiños (Tefi, min.88), Landeira (Josito, min.85), Iván Pastoriza.
  • Goles: 0-1, min.15: Landeira tras unha xogada de Marquiños; 0-2, min.25: Iván Pastoriza nunha contra vertical rapidísima; 1-2, min.35: Marcote; 1-3, min.42: Iván Pastoriza; 2-3, min.65: Javi; 2-3, min.80: Marquiños.

Golpe de man do cadro de Rafa nun partido no que comezou mandando e acabou aproveitando a boa inercia. Os xalleiros foron superiores durante a primeira media hora, na que a velocidade e calidade dos dianteiros crearon moito perigo á defensa local. Pouco a pouco os de Pablo Conde foron espertando na última fase do primeiro tempo, Marcote recurtaba faltando 10 minutos e puido empatar en varias ocasións, pero o 1-3 ao fío do descanso foi clave para afrontar a segunda metade.

No segundo tempo estivo o xogo máis igualado, cun Dumbría dominando en todo momento o balón, pero cunha defensa moi sólida en fronte que non permitía ocasións claras. Froito do dominio, nun córner chegou o 2-3, pero un par de saídas xalleiras tremendamente verticais serviron para sentenciar o choque.

Fisterra - Ponteceso (6-4)

  • FISTERRA: Angel, Suárez, Javi, Toni, Rubén, Hidalgo, Abel, Adrián, Cote, Bruno, Pichel. Tamén xogaron: Josema, Jose Carlos, Noé.
  • PONTECESO: Xurxo, Lorenzo, Fabián, Diego Collazo, Joseph, Dani Cotelo, Alberto Recarey, Bieito, Borja, Iago Baíñas, Iago Brantuas. Tamén xogadron: Brais, Dani Valle, Guille, Diego Tallo, Eloy.
  • Goles: 1-0, min.29: Cote; 1-1, min.21: Iago de Baíñas; 2-1, min.50: Bruno; 3-1, min.53: Cote; 4-1, min.57: Bruno; 4-2, min.62: Brais; 4-3, min.66: Iago de Baíñas; 5-3, min.66: Bruno de penalti; 5-4, min.67: Brais; 6-4, min.82: Suárez.

Partido incrible en Fisterra que ainda aguentou a primeira metade pero que na segundo convertiuse nun auténtico partido de ténis. Ida e voa, ocasións nas duas áreas, unha segunda metade de tolos, que rematou cun tanteo máis propio dun deporte de raqueta que de fútbol. Pero iso si, foi igualado, e intenso, e ben mereceu a pena velo.

Era un partido de necesidade. Ambos conjuntos cegaban descolgados e este se presentaba como o último tren para ter alguna opción de meterse entre os dos primeiros. Xa comenzaba o choque con goles, un por cada bando. Pero a primeira metade relaxouse e chegábase así ao descanso. E do minuto 10 ao 20 da segunda o Fisterra atopou un furado na defensa pontecesá e se puso con 4-1. Pero reacciono o Ponteceso que en apenas 5 minutos se metía 4-3. Volvía estirarse o Fisterra cun tanto desde os 11 metros pero de contado respondía o cadro visitante poñendo a incertidume no marcador co 5-4.

E aí chegaba unha das xogadas clave, cando faltando 10 minutos, o Ponteceso acadaba o empate a 5 pero o colexiado anulábao por fóra de xogo tras un córner na liña de gol. Decaeron os ánimos visitantes e o Fisterra certificou a vitoria.

Cabana - Malpica (4-2)

Cabana nas Redondas-Foto- Luis E Porto
  • CABANA: Adrián, Jonathan, Duda, Samuel, Dani, Pablo, Aless (Cristian Varela, min.88), Alex (Raúl, min.33), Cristian (Martinciño, min.67), Moreno, Iván Mato (Alejandro, 85).
Malpica nas Redondas-Foto- Luis E Porto
  • MALPICA: Jesús,Víctor Novo, Fenosa (Aitor, min.50), Lexi, Joro (Diego, min.46), Kevin, Guille, Eme, Almeida (David, min.57), Martín Maradona (Canario, min.46), Pitís.
  • Goles: 1-0, min.10: Pablo de cabeza; 1-1, min.25: Eme de penalti; 2-1, min.35: Alex; 3-1, m min.40: Iván Mato tras unha contra a pase de Cristian; 3-2, min.75: Pitis nunha boa combinación colectiva; 4-2, min.85: Aless cun gran lanzamento cruzado.
  • Expulsión: o local Samuel no min.23.

Partido reñido entre dos dos firmes candidatos a clasificarse. E xusta vitoria cabanesa, que a pesar de quedar con 10 aso 23 minutos, demostrou que está nun momento doce. Siempre mellor colocado, controlaron a dinamita malpicá en todo momento, que tamén, iso si, chegaba con baixas importantes. O Malpica abusou de balóns longos e non souberon ler o partido xogando máis co corazón que coa cabeza.

Comezou o partido cun intercambio de golpes. Pero a contra ao fío do descanso que facía o 3-1 para os locais metía o partido moi costa arriba aos malpicáns.

Saía o Malpica con todo, e tivo moitos minutos acurralado ao Cabana, que soubo nadar e respondeu ao tanto visitante con outro golpe, deixando os puntos nas Redondas.

Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 4

Parece que o Muros e o Muxía vanse xogar a clasificación para os Oitavos na vindeira xornada. 1 e 0 puntos demotran que non están nun bo momento, e seguro que algún pensa máis en quedar eliminado que na clasificación. Por arriba, o Baio e o Outes amósanse implacables. O do Baio era de esperar trala boa temporada pero o do Outes está moi ben.

Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 4

Cabana-Malpica Xuvn-Foto- Nando Rey

Segue o Coristanco firme cara o liderato. Desta volta tocoulle ao Mazaricos pagar o potencial deste equipo que se está forxando a base de xogar na 3ª Autonómica, e cun claro 2-0 os verdes puideron cos amarelos. Por detrás segue o Cee tras endosarlle 8 á Esteirana con 5 goles de Mario. E iso que o cadro esteirán aguantou ata o final da primeira parte chegando mesmo a poñerse por diante con 0-2 nos primeiros 15 minutos.

No partido dos de abaixo, o Corme venceu ao Soneira, e parece que o cadro vimiancés ten todas as papeletas para quedar fóra da Copa.

Este martes xogouse ademais un dos encontros aprazados da 1ª xornada, no que o Corme soprendeu ao Cee e venceu pola mínima no San Paio de Refoxos.
Mentres, o Mazaricos-Soneira queda para mañá.


Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios