As 22 actuacións de mellora que a Xunta desenvolve nos colexios da Costa da Morte

Unha delegación da Xunta de Galicia, comandada polo delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Indalecio Cabana, visitaba onte Laxe para ver de primeira man o resultado das obras de mellora do CPI Cabo de Area de Laxe.
O teniente alcalde Paco Charlín recibía á visita e resaltaba o investimento de 420.000€ para levar a cabo a substitución de fiestras no edificio de Primaria, SATE, canlóns e baixantes, pintado da estrutura metálica e substitución de vidros rotos en lucernario.
Ademais tamén se realizou o asfaltado dunha nova plataforma para autobuses.
Máis obras
Trenor informou desenvolvemento do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica na comarca de Bergantiños-Costa da Morte. A día de hoxe, a Xunta ten comprometidos con esta comarca 2,8 millóns de euros en grandes obras en 7 centros educativos desta área nos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Cee, Coristanco, A Laracha, Laxe e Ponteceso. Estas actuacións atópanse en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano.
Nestas obras de gran envergadura a maior parte son rehabilitacións integrais e enerxéticas e melloras sectoriais, a través das que se mellora a eficiencia dos centros educativos (illamento térmico das fachadas, cambios de cubertas, cambio de fiestras, renovación de luminarias, etc).
No relativo ás obras de pequena e mediana envergadura realizáronse actuacións en 15 centros educativos de Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso e Vimianzo. Estas obras consistiron principalmente en reformas e adaptacións en diferentes zonas dos centros (como aseos e comedores), ampliacións de aulas, melloras de accesibilidade, actuacións nos peches dos recintos, así como traballos de modernización e para mellorar o confort de alumnos e profesores.
Así mesmo, o Goberno galego vai a confinanciar a construción dunha pista multideporte na escola unitaria da Pereiriña de Cee por una importe de máis de 63.000 euros.
GRANDES OBRAS NOS CENTROS DA COSTA DA MORTE
CONCELLO | CENTRO | TIPO DE OBRA | IMPORTE |
Cabana | CPI As Revoltas | Melloras sectoriais. Cubertas e fiestras | 640.000,00 € |
Carballo | IES Alfredo Brañas | Melloras sectoriais. Reforma de salón de actos | 350.000,00 € |
Cee | CEIP Plurilingüe Eugenio López | Melloras sectoriais. Fiestras e SATE | 535.915,91 € |
Coristanco | CPI Alcalde Xosé Pichel | Rehabilitación Integral | 621.093,00 € |
Laracha, A | CEIP Alfredo Brañas | Melloras sectoriais. Substitución de fiestras e SATE | 219.184,22 € |
Laxe | CPI Plurilingüe Cabo da Area | Melloras sectoriais. Substitución de fiestras en edificio de Primaria, SATE, canlóns e baixantes, pintado estrutura metálica e substitución de vidros rotos en lucernario | 420.219,69 € |
Ponteceso | CEIP Eduardo Pondal | Melloras sectoriais. Acondicionamento antiga piscina (fiestras, falso teito, recheos, instalacións, etc) | 108.974,85 € |
Total | - | 7 ACTUACIÓNS | 2.895.387,67 € |
CENTROS NOS QUE SE REALIZAN PEQUENAS OBRAS
CONCELLO | CENTRO |
Camariñas | CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto |
Carballo | CEIP Plurilingüe de Gándara-Sofán |
Cee | CEIP Plurilingüe Eugenio López |
Cee | IES Agra de Raíces |
Cee | IES Fernando Blanco |
Corcubión | CEIP Praia de Quenxe |
Coristanco | CPI Alcalde Xosé Pichel |
A Laracha | CEIP Alfredo Brañas |
A Laracha | CEIP Ramón Otero Pedrayo |
Laxe | CPI Plurilingüe Cabo da Area |
Malpica | CEIP Milladoiro |
Malpica | IES Urbano Lugrís |
Muxía | CEIP dos Muíños |
Ponteceso | CEIP Eduaro Pondal |
Vimianzo | CEIP Plurilingüe San Vicenzo |