Martes. 19.03.2024
El tiempo

40 voluntari@s eliminan da praia de Traba milleiros de pellets de plástico

Exif_JPEG_420
Arredor de 40 voluntari@s acodiron á chamada de Mar de Fábula para limpar a praia de Laxe de pellets de resina
40 voluntari@s eliminan da praia de Traba milleiros de pellets de plástico

Seguen os voluntarios da comarca salvando a nosa natureza. Este pasado domingo 19 de xaneiro, uns 40 valentes (30 adult@s, entre os que estaba o alcalde José Luís Pérez Añón, e uns 10 nen@s) acodiron á chamada da Asociación Mar de Fábula para limpar a praia de Traba, unha das máis afectadas pola invasión a finais de ano de pequenos plásticos caídos, probablemente, dalgún contedor dun mercante que pasaba polo Corredor.
De feito, esa foi a conclusión á que chegaron os voluntari@s no debate post-limpeza, tendo en conta que na zona non hai fábricas nin verteduras deste tipo de materias primas, polo que dende Mar de Fábula contatarán con salvamento Marítimo para preguntar por algunha caída de containers, como 8 pontonas que recolleron embarcacións de pesca e de Salvamento esta fin de semana.

O forte nordés modificara as liñas da marea, barrendo os argazos e con eles os pequenos pellets de resina (ultilizados nas industrias na elaboración de todo tipo de plásticos) que a entidade quería “rescatar”. Ficaban agochados espallados por todo o areal, o que dificultou aínda máis o xa laborioso traballo de ir apañándoos un a un. Así e todo os voluntarios, ben dispostos e con mans entumecidas pola friaxe do ambiente, xuntaron, en hora e media de traballo, milleiros destas boliñas brancas en 10 tarros de cristal.

Cunha actitude e un ánimo admirable, os voluntarios encheron de paso un bon número de bolsas de trinta litros con lixo plástico miudo, e non tan miúdo, que se xunta arreo polos ventos e as correntes, na parte norte da praia. Cómpre destacar a enorme rede de arrastre que foi retirada coa axuda do tractor municipal.
Despois dunha hora e media de traballo finalizaron a xornada cunha boa mostra do contaminante específico do que ían na procura.

Exif_JPEG_420

Todo os lixo plástico foi examinado e despositado nos seus respectivos colectores separando para levar ás instlacións de Mar de Fábula en Camelle os anacos de lixo plástico, util para reutilizar en obradoiros, xunto cos tarros de cristal e o seu inquietante contido.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios