Xoves. 25.04.2024
El tiempo

9 colectivos costeiros confínanse para evitar a chamada “Lei de Depredación de Galicia”

9 colectivos costeiros confínanse para evitar a chamada “Lei de Depredación de Galicia”
CONVOCATORIA LEI DEPREDACIÓN GALIZA Logo de Contraminacción para ilustrar a chamada Lei de Depredación de Galicia Logo de Contraminacción para ilustrar a chamada Lei de Depredación de Galicia

Trala primeira reunión, a rede de colectivos impulsado por Contraminacción segue dando pasos para nir á sociedade civil en contra da Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais. Unha lei que a rede xa chama “Lei de Depredación de Galicia”, e que xa conta con 3500 sinaturas para paralizala.

Na Costa da Morte son 9 os colectivos que aúnan esforzos para conseguir chegar á cidadanía, unha vez que os medios de comunicación que dependen das axudas autonómicas nunca van facer resoar as súas premisas.

Aseguran que a lei (o borrador da lei que está arestora a ser tramitado no Parlamento galego e que pode consultarse na web www.parlamentodegalicia.es), “conta cada vez con máis rexeitamento social debido a que establece unha serie de mecanismos que favorecen o acaparamento de terras por parte das grandes corporacións e grupos empresariais e fomenta o mecanismo da expropiación forzosa a favor destas, en detrimento dos dereitos da cidadanía, do dereito á propiedade, do territorio e do medio ambiente”.

Charla informativa

Por iso, as entidades Asoc. Petón do Lobo, Plataforma pola defensa da terra de Coristanco, a Asoc. ambiental Contramínate de Laxe, a Asoc. de Veciños de Cereo, a Asoc. veciñal, cultural e deportiva “Lourido” de Valenza, a Asoc. galega Cova Crea, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, a Asoc. de amig@s das árbores “Ouriol do Anllóns” e Contraminacción, convocan a todo o mundo a unha charla informativa para este vindeiro sábado día 7 de outubro ás 19 horas, no Pazo da Cultura de Carballo, onde os nove colectivos da comarca de Bergantiños explicarán a fondo a proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresarias de Galicia, arestora en tramitación no Parlamento galego.

Influencia na comarca

”A cuestión non é baladí para a Costa da Morte e a comarca de Bergantiños en particular”, explican, “á vista de que os proxectos eólicos que arestora se están a tramitar, como son o de Laxe e Cabana, xeran ofertas económicas para as persoas propietarias que xiran ao redor dos 0,80 e os 1,75 céntimos de euro por m2, cando a propia Universidade de Santiago de Compostela nun informe1 do ano 2009 xa tasaba como mímino o valor do terreo rústico con aptitude eólica nos 31 m2, media que xa daquela estaban a cobrar persoas propietarias de Ourense e Pontevedra. A este valor habería que engadir hoxe en día outros como o factor paisaxístico, o factor ambiental, o de localización2, o de especial aptitude eólica, a taxa de capitalización, o premio de afección e todos aqueles outros valores que a Lei de Montes atribúe aos mesmos, incluído o valor de ocio e de recreo…etc3, prezos que están aínda moi lonxe de percibirse hoxe en día na Costa da Morte”.

”Isto demostra que a Costa da Morte polas súas peculiares características relacionadas co envellecemento das xentes do rural, a escaseza de rendas e coincidindo co declive do rural galego, sae particularmente prexudicada dos procesos de negociación ou expropiatorios, ao que hai que engadir as artimañas das grandes empresas para conseguir terras a prezos de saldo ante a pasividade da propia Xunta de Galicia e a escasa formación da cidadanía e dos técnicos a hora de cumplimentar as follas de aprecio dunha expropiación forzosa”.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios