Domingo. 07.03.2021
El tiempo

O BNG de Laxe levará os problemas co porto e a praia a Europa

O BNG de Laxe levará os problemas co porto e a praia a Europa
Serios problemas ten a vila de Laxe coa fisionomía da praia a raíz da construción do novo dique do muelle. Ademáis, tamén se fala da falla de seguridade das embarcacións no porto da vila ou de problemas en elementos da vida diaria como o saneamento. Neste tema está a traballar o BNG de Laxe dende o pasado mes de outubro, incluso antes de obter representación na corporación municipal (acadouna nas pasadas eleccións de maio). Os de Xosé Manuel Pose xa levaron o asunto ao Pazo do Hórreo, a través dos deputados Carlos Aymerich e Bieito Lobeira, e ao Congreso dos Deputados, a través do deputado nacionalista Francisco Jorquera. Solicitaron sendas entrevistas co Presidente de Portos de Galicia e co Xefe da Demarcación de Costas e chegaron a mantela co último. Pero agora van máis alá e pensan en chegar ata o Parlamento Europeo. O vindeiro venres, 22 de xullo, visitará Laxe Ana Miranda, eurodeputada do BNG. Os motivos da visita son o coñecemento por parte da nacionalista da situación do porto e a praia laxenses. Ademáis desenvolverase un acto público no Hotel Praia de Laxe ás 20:30h co gallo de "expoñer á cidadanía a iniciativa a rexistrar no Parlamento Europeo coa intención de acadar unha solución definitiva a esta problemática". No acto tamén intervirá Diana Toja, responsable de asuntos pesqueiros do BNG local. Os nacionalistas de Laxe aproveitan para cargar contra Portos de Galicia logo da aceptación dunha proposición non de lei do BNG o 14 de abril. Na mesma, "Portos comprometíase a retirar a area e actuar no dique antes de setembro, pero o seu presidente rompeu ese compromiso. Recoñeceu que ía quitar a area pero a dia de hoxe aínda non o fixo". Por todo isto o BNG laxense colocou tres pancartas na vila en sinal de protesta. Os nacionalistas pretenden que "Portos actúe xa e deixe de rirse dos veciños e as veciñas de Laxe". Segundo puido comprobar QPC, a situación da area na praia de Laxe xera diversos problemas, xa que invade cada día o paseo marítimo da vila, e xa cubriu por completo as rampas de madeira e os accesos para minusválidos ao areal, principalmente na zona entre a Praza Ramón Juega e a igrexa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Laxe.

comentarios