Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Cámara Mineira, Caolines Vimianzo e o Concello de Laxe apostan por recuperar o legado mineiro e xeolóxico

A Cámara Mineira, Caolines Vimianzo e o Concello de Laxe apostan por recuperar o legado mineiro e xeolóxico
Sinatura do Concello de Laxe coa Camara Mineira e Caolines Vimianzo Sinatura do Concello de Laxe coa Camara Mineira e Caolines Vimianzo

Non podía falta a historia dos “Kaolines de Lage” e a chamada ruta do Caolín nesa recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal na que está inmerso o Concello de Laxe. De aí precisamente xurdiu a vontade de poñer en valor o legado de Vidal así como o labor de Isidro Parga Pondal, quen foi presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia a comezos dos anos 80 do pasado século, cando estivo á fronte tanto da mina de Kaolines de Lage S.A como do Laboratorio Xeolóxico de Laxe.

Panorama ideal para que Concello, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e a empresa mineira Caolines de Vimianzo (Cavisa) asinase hoxe un acordo para a promoción do legado mineiro de Laxe e da minaría en xeral.
Á sinatura do convenio procederon o alcalde do concello de Laxe, José Manuel Mouzo Castiñeira; o presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Juan de Dios Martín Aparicio; e o director xeral da empresa mineira Caolines de Vimianzo (Cavisa), Juan José López Muñoz.

Destino Turístico

O acordo segue o marco de desestacionalización do sector turístico que o Concello está desenvolvendo con programas como o Reláxese. Agora trátase de potenciar Laxe como destino científico e turístico, a través da realización de actividades formativas, de investigación, culturais e recreativas relacionadas coa xeoloxía e a minaría, así como a traballar na conservación do patrimonio.

Xornada

Nesta liña de colaboración está xa prevista unha xornada dedicada á posta en valor dos recursos mineiros existentes no municipio, como a extinta mina de caolín. O encontro integrarase na .

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios