sábado. 22.11.2025
El tiempo

Recunchos da Costa: O Faro de Laxe

Recunchos da Costa - Faro Laxe na Punta Insua
Recunchos da Costa: O Faro de Laxe

Seguimos complentando os Faros da Costa da Morte, e facémolo visitando o Faro de Laxe, situado na punta Insua. Xemelgo do Roncudo, o Faro de Laxe é de 1920 e sitúase en pleno Camiño dos Faros e na Ruta fo Percebe de Laxe.

Dende o Faro pódese contemplar unha das panorámicas máis amplas da Costa da Morte, pois abarca desde o Roncudo ata Punto Boi en Camariñas (Faro do Roncudo, Corme, Monte Branco, o esteiro do Anllóns, Laxe, Praia de Soesto, Praia de Traba, Sabadelle, Camelle, Arou).

Faro de Laxe aerea
Foto aérea de Turismo de Galicia

Conta cun merendeiro estupendo para facer un picnic de verán e hai unha estatua de bronce, chamada a ‘A Espera‘, que serve de homenaxe ás xentes do mar.

estatua A Espera no Faro de laxe-Foto.LitaBlanco
A Espera no Faro de Laxe-Foto: Lita Blanco

Como chegar

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA

 

Comentarios