A Costa da Morte afiánzase no panorama surfeiro do país
A Costa da Morte continúa afianzándose como unha das referencias no panorama surfeiro do país. A Federación Galega vén de presentar o Calendario do Circuito Galego de Surf para este 2012, e as praias da bisbarra acollerán 6 das 26 probas do ano.
Ademais, unha das probas máis importantes do ano, o Campionato Galego, celebrarase en Soesto en pleno agosto.
Ademais da praia de Soesto, outras praias fetiche da zona, como son a de Nemiña, a de Malpica ou a de Razo, acollerá as probas restantes.
Probas 2012 na Costa da Morte
- 3ª Proba Open Longboard e Paddle. 12 de maio na Praia de Nemiña. Organizan GAL, Silfo Surf Camps e a FGS.
- 4ª Proba Infantil e Xuvenil de sur e body de Malpica. 26 e 27 de maio. Organiza Silfo Surf Club e FGS.
- Campionato Galego Individual e por equipos na praia de Soesto (Laxe). 27 e 28 de agosto, organizada pola FGS.
- 3ª proba Open de Surf en Razo (Carballo). 8 e 9 de setembro. Organiza Teirón Surf Club e FGS.
- 4ª Proba Open de Bodyboard en Razo (Carballo). 20 e 21 de outubro. Organiza FGS.
- 6ª Proba Open de Surf en Malpica. 1 de decembro. Organiza Silfo e FGS.
"Non sexas vaca, e fedérate"
Sen máis, aquí vos deixamos coa campaña que vén de comezar a Federación Galega de Surf para profesionalizar o deporte, contando con Jaji Iglesias e Gony Zubizarreta, nun vídeo de Ojo de Pez.
Ademais, deixámosvos con este potente vídeo de surf e bodyboard con Adam, Murci e Vitor como riders protagonistas surfeando nas praias de Malpica.
Máis información
Novas relacionadas
- De quen son as ondas da Costa da Morte?.
- Fotodenuncia: Recordo dalgún desaprensivo na praia de Nemiña.
- A Costa da Morte, o centro do surf da península.
- O pequeno bergantiñán que surfea con 7 anos.
- Malpica convírtese no epicentro do surf do país.
- Unha curta de surf e Man.
- I Caldeirada Surf: O surf integrado en Malpica.
- Surfeando na praia de Soesto.
- O surf chega a Malpica .
- Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
Outras novas
- De Fisterra a Quilmas empurrados por Eolo.
- Quen dixo que non se podía facer barranquismo no río Xallas?.
Máis novas
- A bitácora da semana (XCV): Costa da Morte Kayak Surf.
- A bitácora da semana (LXVI): O blog do Clube de Surf Os Tombos.
- A bitácora da semana (IV): Surf na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).