Abellariza organiza unha andaina polos Penedos de Traba
08:08 26/04/17
O roteiro, de doce quilómetros de distancia, ten tramos de dificultade moderada e alta
O vindeiro domingo, 30 de abril, a agrupación deportiva Abellariza IES Ponteceso organiza unha andaina polos Penedos de Traba. A saída será ás 10 horas do parque situado ao lado do bar Os Espiños de Mórdomo (Traba). A ruta, duns doce quilómetros de distancia, ten tramos de dificultade moderada e un tramo de difucultade alta.
Os interesados en participar deben anotarse a través dunha mensaxe privada á páxina de Facebook da entidade ou enviando un correo electrónico [email protected] on de se indique DNI e data de nacemento. Os participantes deberán abonar 5€ correspondentes ao seguro de accidentes e recoméndase levar roupa e calzado axeitado, froita e auga.
Novas relacionadas
- Abellariza organiza un curso de Tai Chi Chuan
- Abellariza organiza un taller de Tai Chi Chuan en Ponteceso
- De ruta con Abellariza
- Abellariza aposta polo deporte na rúa
- A agrupación deportiva Abellariza colle impulso.
- Unha Abellariza para que non todo sexa fútbol por Ponteceso
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Abellariza