Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo ata o venres do novo Obradoiro ambiental para nen@s en Laxe

Obradoiro medioambiental en laxe
Aberto o prazo ata o venres do novo Obradoiro ambiental para nen@s en Laxe

Continúa o Concello de Laxe ofrecendo actividades de educación ambiental organizada neste verán. E prepara xa un segundo obradoiro, para facer reflexionar ás crianzas sobre a tipoloxía dos lixos máis habituais recollidos na praia, concienciar sobre a importancia de reducir a nosa pegada ambiental no planeta e máis especificamente no ámbito mariño, así como potenciar a reutilización de certos residuos atopados dándolle unha segunda vida ou uso alternativo a materiais que en principio non tiñan outro fin máis que incrementar o lixo que xera o ser humano.

As inscricións estarán abertas ata o venres 23 de xullo e non conlevarán custo algún para os/as particantes.

Festivo

Hoxe mércores 21 de xullo é festivo pola Festividade de Santa Cruz da Rosa. Polo que as oficinas municipais estarán pechadas para a atención presencial por mor da celebración da Santa Cruz da Rosa. O Museo do Mar de Laxe estará aberto só pola mañá de 11:00 a 14:00h. A sede electrónica municipal seguirá operativa para todos aqueles que queiran achegar documentación ou realizar calquera trámite administrativo ante o Concello de Laxe.

Comentarios