Venres. 03.05.2024
El tiempo

Alex Bergantiños xa é Embaixador do Peixe e Marisco de Laxe

Alex Bergantinos en Laxe 2
Alex Bergantiños na Lonxa de Laxe
Alex Bergantiños xa é Embaixador do Peixe e Marisco de Laxe

Xa o pasado verán, a Confraría de Laxe incluía a Álex Bergantiños entre os 4 novos Embaixador@s dos Peixes e Mariscos de Laxe. Inmerso na reestruturación do club deportivista, o eterno capitán e agora membro da directiva non puido asistir á cita, pero como consumidor comprometido co noso mar e a nosa frota de baixura, comprometeuse a volver a Laxe.

Despois de adiar outra vez a visita por mor do tempo, a lonxa de Laxe acolleu esta mañá de sábado o acto de recoñecemento ao eterno capitán branquiazul, e agora membro da Directiva. 

Alex Bergantinos en Laxe 4
Antonio Devesa con Álex Bergantiños e o patrón maior Luis Suena Amigo

O secretario do pósito, Antonio Devesa, contou a relación de Bergantiños con Laxe. Contou que nunhas xornadas gastronómicas celebradas na Coruña, Alex estivo visitando os postos de varios restaurantes na Coruña. Uns días despois, un dos restauradores preguntoulle a Antonio que "que tiña o peixe de Laxe", porque aqueles días Bergantiños preguntara nos establecimentos polo "peixe de Laxe, o mellor peixe do mundo". Dende aí a relación entre a lonxa costeira e Bergantiños é continua, finalizando con este fermoso acto que o capi levará polo mundo como gran defensor da pesca artesanal e local.

Alex Bergantinos en Laxe
A xornada incluíu unha visita guiada á lonxa
Alex Bergantinos en Laxe 3
A xornada estivo enfocada á rapazada da SD

Comentarios