Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O alumnado de Laxe, o primeiro en valorar o proxecto de promoción da lonxa e cultura mariñeira da Confraría de Laxe

Presentacion O Sentolo en Laxe
O alumnado de Laxe, o primeiro en valorar o proxecto de promoción da lonxa e cultura mariñeira da Confraría de Laxe

Este pasado martes, o C.P.I. Plurilingüe Cabo da Area acollía o acto de presentación do Proxecto de promoción da lonxa e cultura mariñeira da Confraría de Pescadores de Laxe. Unha interesantísima campaña para loitar, dende abaixo, contra a problemática do relevo xeracional que afrontar o mundo do mar.

O alumnado do centro viu o vídeo promocional que trata sobre unha xornada de pesca de unha embarcación de Laxe, un día de extracción de percebe en Laxe, e unha xornada na lonxa de Laxe.

Xa no pavillón puideron ver a exposición formada por trinta roll-ups, divididos en catro temáticas, unha xornada de pesca, un día de extracción de percebe, unha xornada na lonxa de Laxe, e o naufraxio.

Acto seguido se farán entrega dos diplomas do I concurso para a elección da imaxe da campaña da centola 202-2022 da lonxa de Laxe, e que gañou o “Sentolo” de Nazaret Álvarez Fernández.

Xa pensan dende o pósito nas actividades do ano que vén, cando realicen un mural representativo do naufraxio na fachada sur da lonxa de Laxe.

Novas relacionadas

Comentarios