Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Tres mulleres gañan o premio de Poesía Antón Zapata

Iris Grey e Xoan Curiel en Laxe
Iris Grey e Xoan Curiel en Laxe
Tres mulleres gañan o premio de Poesía Antón Zapata

Este pasado domingo, aproveitando o Día da Poesía, o Concello de Laxe celebraba a entrega das gañadoras do XIV Certame de Poesía Antón Zapata, no marco do Programa cultural para este mes de marzo. Unha cita aderezada pola música de Xoán Curiel, que modelou as cantigas trobadorescas no seu novo traballo “Ao encontro de Martínz Códax” coa voz de Iris Grey.

As grandes protagonistas foron as poetas gañadoras das 3 categorías do certame. Elsa Paredes Asorey, de 12 anos, foi a gañadora da categoría Infantil. A nosa Ana Gil Rey, de 23 anos, gañou a categoría Xuvenil, apenas uns meses despois de gañar un certame de microrrelatos. E Eva Vázquez Vidal fixo o propio na categoría de adultos.

Comentarios