Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os sábados de marzo, volve o teatro a Laxe Laxe celebra un marzo de teatro e música

O 21 de marzo farase entrega de premios do XIV Certame de Poesía Antón Zapata
Programa cultural marzo 2021 Laxe
Os sábados de marzo, volve o teatro a Laxe Laxe celebra un marzo de teatro e música

Encántanos comprobar como a AxendaCostadaMorte volve encherse paseninñamente. Xa vimos a volta do Galidoc ao Casino, o programa Cultura con Forza de Carballo ou a nova programación infantil de Vimianzo. Hoxe quedamos en Laxe, para coñecer a programación do mes de marzo no noso concello co gallo da conmemoriración do mes no que se fixaron a celebración dos Días mundiais da Poesía e do Teatro.

Neste caso, trátase de actuacións que xa foran programadas no 2020 pero que con motivo da pandemia da COVID-19, tiveron que ser aprazadas.

Así o sábado 13 haberá cita teatral co "Tabú" de Tarabela Creativa; o sábado 20 toca Concerto Confusión con Píscore, para toda a familia; e o 27 cita con Lambetadas. A cita do domingo 21 será con Xoan Curiel, nunha cita que servirá para a Entrega de Premios do XIV Certame de Poesía Antón Zapata.

Nas 4 actuacións, que serán as 19:00h, de balde, no Salón de Actos Culturais, colabora a Deputación da Coruña, xa que todas as actuacións forman parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outras novas na Axenda Costa da Morte

Comentarios