Aprobadas as novas xuntas xestoras do PP de Muxía, Laxe e Mazaricos


Tiña lugar onte a Xunta directiva provincial do Partido Popular, presidida por Diego Calvo coa compañía do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, a secretaria xeral, Rosa Gallego, e polo secretario de organización e territorio, Evaristo Ben. Unha xunta que incidiu na importancia de recuperar o goberno da Deputación da Coruña e as alcaldías das tres grandes cidades “A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol”.
Pero tamén serviu para dar luz verde á aprobación das novas xuntas xestoras que traballarán nos municipios Muxía, Laxe, A Pobra, Ames e Mazaricos.

En Muxía
En Muxía a nova presidena será Sandra Vilela Riveiro, unha moza que xa foi directiva nas Novas Xeracións a nivel galego. Ademais o posto de secretario será para Virino Fandiño Leira. Pola súa banda, José Antonio Torrado Rodríguez ocupará o posto de secretario de organización e María da Barca Moreira será a tesoureira.
Os vocales: Cristina Branco García, Anxo Manuel Castro Fernández, Carlos Leira Leira, José Sánchez Caamaño, Francisco Souto Rial, Ramón Romeu Soneira, Manuel Rodríguez Branco, Harmonía García Leira, Pamela Graíño Lago e Irma Pazos Calo.
En Laxe
Pola súa banda, en Laxe, José Luís Pérez Añón ocupará o cargo de presidente, mentres que Francisco Charlín Oróns e María Romar Soneira serán os vicepresidentes. O cargo de secretario será para Diego Soto Pereiro, o de tesorero para Eulogio Constantino Castiñeira. Os vocales: Jesús Álvarez Álvarez, María Ronsel Álvarez Sánchez, Roberto Álvarez Sánchez, José Juan Martínez Musi, Ambrosio Oróns Baña, Rafael Suárez Lema, Isidro Santos Villar, Mercés Vázquez Rodríguez e María do Mar Barcia Mira.
En Mazaricos
En Mazaricos, pola súa banda, Nico Martínez Almallo será o presidente, acompañado polos vocales: José Luís Albite Barcia, Juan Santos Rodríguez, Manuel Noya Outes, Franciso Rei Caamaño, Ramón Paz, Castro, Frutuoso Pérez Suárez, Claudio González Sendón, Melisa Alvite Martínez, Francisco Fernández Trillo, Manuel Domingo Rodríguez Caamaño, Francisco Pedro Alvite Cacheiro, José García Parides, Domingo Antonio Parides Tuñas, Jaime Parides Antelo, Juan Manuel Antelo Esperante, Deisi Cambeiro Caamaño, Jaime Parides Parides, José Antelo Orona, Francisco Javier Parides Cambeiro, Silvestre Pérez Lema, José Manuel Freire Oreiro, Servando López Sendón, Jesús Conde Fernández e Domingo Núñez Muíño.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).