Venres. 29.03.2024
El tiempo

As estatísticas turísticas de Laxe lembran a necesidade de armar unha estratexia conxunta en toda a Costa da Morte

As estatísticas turísticas de Laxe lembran a necesidade de armar unha estratexia conxunta en toda a Costa da Morte
Imaxe dunha visita guiada ao Concello de Laxe Imaxe dunha visita guiada ao Concello de Laxe Vén de publicar na web municipal www.concellodelaxe.com/turismo (sección Oficina de Turismo – Estatísticas) o Concello de Laxe un interesante informe sobre os datos relativos á demanda turística neste pasado verán. A través dun cuestionario realizado a 1.185 visitantes entre o 15 de xullo e o 10 de setembro no Punto Municipal de Información Turística (PMIT), o Departamento de Turismo do Concello, dirixido por María José Mato, analiza o crecemento da actividade hostaleira laxeiro. Un bo momento para analizar e estruturar unha estratexia que permitan aproveitar a súa potencialidade turística. Maria Jose Mato nunha exposicion Maria Jose Mato nunha exposición Saca interesantes conclusións o estudo: En Laxe hai dúas tipoloxías de turistas: os clientes fieis formados por familias que escollen o concello onde asentarse a pasar os periodos vacacionais, cunha estancia media de dúas semanas; E os visitantes innovadores e aventureiros que pasan pola zona na procura dunha rota de sendeirismo, dun turismo máis natural. Este segundo grupo, máis numeroso, dá conta da necesidade de artellar unha política turística unificada en toda a Costa da Morte, pois a visita global á bisbarra é o motivo máis típico para esta clase de visitantes. Esta é a conclusión máis importante, ao noso ver, dun completo estudo que demostra a necesidade de unificar as propostas turísticas, e que en todos os puntos de información da bisbarra se dea unha información unificada e completa de todos os recursos da Costa da Morte. Así o refrendan as inquedanzas dos visitantes cando acoden ao PMIT laxeiro, pedindo información de toda a comarca. Ademais, outras conclusións deixan claro que Concello de Laxe non é un lugar receptor de turismo internacional. E tamén, ollo coa idea de que o establecemento regular non é a elección preferente, destacando a opción preferente das casas de familiares/amigos ou da autocaravana/furgoneta. Para que despois deixemos de dar importancia a esta clase de turismo.

Os datos

Quen visita Laxe

Un 87% de visitantes nacionais, sendo 183 galegos (140 da provincia da Coruña), destacando ademais os chegados de zonas como Madrid (275), País Vasco (104), Cataluña (88), Andalucía (75) ou Castilla y León (74). Dos estranxeiros (apenas o 13% dos visitantes) houbo 62 franceses, 32 alemáns e 23 do británicos, como nacionalidades destacadas. De todos eles, o 75% era a primeira vez que estivera en Laxe.

Onde se aloxa

Entre as estatísticas máis interesantes destaca o feito de que case a metade dos visitantes non pernoctan en Laxe, e o fan noutros concellos da provincia ou simplemente están de paso. Dos que fican a durmir, un 16% dos visitantes escollen o aluguer para pecnotar en Laxe, por diante das autocaravanas (dato a ter en conta, como segundo foco de pernoctacións co 10%) e do hotel (9%). Ademais, un 14% tiña vivenda propia ou casa de familiares ou amigos. Das 105 persoas enquisadas que se aloxaron en establecementos legais laxeiros, máis da metade fixérono no Hotel Playa de Laxe, por diante do Hostal Bahía (21%), A Casa del Prínicpe (9%, A Torre de Laxe (6%), a Casa Rural Arrueiro (6%) e os Apartamentos O Pescador (5%).

Canto tempo fica en Laxe

A meirande parte dos visitante (36%) apenas fican en Laxe unhas horas. O 16% dos enquisados fano durant e 1 día, e unha semana fica o 14%.

Por que Laxe

Entre as motivacións máis típicas para visitar Laxe atopamos a idea de facer unha rota pola Costa da Morte, opción sinala por máis da metade dos visitantes. Pasar as vacacións foi a outra opción máis escollida co 36%.

Que queren saber?

Os visitantes que se achegan polo punto de información laxeiro queren saber “Que se pode facer ou que se pode ver pola zona” (nun 25%), pero tamén piden información doutros lugares da zona (22%), e das rotas de sendeirismo (19%). O Concello conta cunha Oficina Técnica de Turismo, situada no 1º andar da Casa do Concello. Está aberta ó público durante todo o ano, de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas.  

Artigos de María José Mato

Fonte

Comentarios