Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Biblioteca de Laxe permanece pechada

Biblioteca de Laxe
A Biblioteca de Laxe permanece pechada

Dende o pasado 29 de xuño a Biblioteca laxense permanece pechada. Un servizo abandonado que, trala marcha en comisión de servizo do bibliotecario, carece de partida orzamentaria propia, e non ten visos de abrir. Un peche que obriga a desviar as axudas e subvencións como a de “Ler conta moito” para cubrir a programación cultural en lugar de dinamizar a propia biblioteca, realizando un calendario ficticio de actividades que non se achegan ao que a veciñanza de Laxe merece.

Así o denuncia o BNG, que reclama ao concello que "dea unha resposta rápida e funcional ao servizo da Biblioteca municipal". A concelleira Isabel Toja sinala que "a deixadez na concellería de cultura é total e máis no que se refire á biblioteca e a animación á lectura: as axencias de lectura fóronse pechando e ata o punto de lectura do centro de saúde está abandoado e cheo de folletos do COVID”.

Por todo isto, no vindeiro e primeiro pleno ordinario do 27 de xullo, levarán unha moción.


 

Comentarios