sábado. 09.11.2024
El tiempo

O BNG de Laxe leva á Valedora do Pobo a decisión unilateral do goberno do PP sobre do uso do espazo para os grupos municipais

Concello de Laxe
O BNG de Laxe leva á Valedora do Pobo a decisión unilateral do goberno do PP sobre do uso do espazo para os grupos municipais

 

O grupo municipal do BNG de Laxe vén de rexistrar esta mañá unha queixa diante da Valedora do Pobo de Galiza pola "decisión unilateral do goberno do PP" do novo horario de uso do despacho destinado ás organizacións políticas. 

Ata o de agora compartían ese despacho os grupos de Podemos, BNG e PSOE, pero dende a decisión anunciada no pleno de onte, o PP tamén pasa a poder usar o despacho (os luns é para Podemos, os martes para PSOE, os mércores para BNG, os xoves para PP e os venres queda sen uso).

Dende o BNG consideran que "resulta absolutamente insólito que un grupo municipal que goberna democráticamente con maioría absoluta e que conta con acceso ao concello a calquera hora do día, podendo usar, como xa está a facer de xeito “irregular” a alcaldía, o salón de plenos ou a sala de reunións da 2ª planta para reunións de partido, non como os grupos da oposición que só poden entrar ao despacho en horario de apertura do concello, tome esta inxusta decisión que mesmo non se axusta á lexislación vixente".

Comentarios