Luns. 29.04.2024
El tiempo

Concha Blanco leva a igualdade e a diversidade sexual ao CPI Cabo da Area

Concha Blanco no CPI Cabo da Area
Concha Blanco leva a igualdade e a diversidade sexual ao CPI Cabo da Area

Moito nos presta recoller as actividades que os centros realizando co gfallo de datas especiais como o Día do Libro. Neste caso, achegámonos ata o CPI Cabo da Area, da man da coordinadora da Biblioteca Ana porteiro, que nos conta como foi a visita da escritora ceenses Concha Blanco.

Blanco participou nun encontro literario co alumnado do club de lectura de primaria e secundaria. Os estudantes realizaron coa autora un extenso percorrido pola súa traxectoria profesional e artística e entrevistárona arredor da construción literaria das dúas obras traballadas durante as sesións do club de lectura: “Feminino singular, en plural” e “Nano”. En ambos casos, Concha Blanco reflexiona sobre a igualdade de xénero e o respecto pola diversidade sexual.

O acto incluíu tamén o recitado dalgunhas das composicións poéticas máis significativas de “Feminino singular, en plural”, a sinatura de exemplares e un pícnic literario con citas extraídas das entrevistas da autora na radio e na prensa periódica e fragmentos dalgunhas das súas obras de referencia en lingua galega.

Comentarios