Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Critican a cativa programación estival no Concello de Laxe no medio dunha lea por un cartel

Cartel falso festas laxe
Cartel falso das festas de Laxe
Critican a cativa programación estival no Concello de Laxe no medio dunha lea por un cartel

Semana de leas no Concello de Laxe, por varios motivos. Primeiramente, polas festas parroquiais da Cruz da Rosa, e despois de que durante estas semanas se especulase sobre a contratación dunha empresa privada para organizar as festas.

Unidas Podemos vén de presentar un escrito no Concello pedindo solicitar o expediente de contrato dunhas supostas Festas da Cruz da Rosa. Pero resulta o cartel que se estaba espallando polas redes sociais, co logo municipal, para a celebración prevista para o vindeiro 21 de xullo, era falso. Así o recoñecía o Concello a pasada tarde rogando á veciñanza que non o siga compartindo.

”Non saímos do noso asombro ante un cartel sobre as festas da Cruz da Rosa”, denuncia Fernando Regaldie, de Podemos, que “insta ó equipo de goberno a denunciar ós responsables pertinentes e pola utilización vana que fan do logo do noso Concello como organizador”.

Tamén o BNG considera que neste suceso “o Goberno do PP roza o ridículo”

Desgoberno na programación

Pola súa parte, o BNG local denuncia “o desgoberno do concello tanto na organización das festas como na programación de verán”. A concelleira Cris Vázquez advirte que “o descontrol do equipo do PP prexudica á veciñanza e ao sector turístico clave na economía local”. Lembran que “a biblioteca está pechada, o ximnasio ten un horario moi limitado para as persoas usuarias e a organización das festas patromoniais é caótica”.

”O Goberno do PP presentou un cartel de actividades pobre e escaso, tanto é así que tenta tapar a súa falta de propostas incluíndo na cartelería oficial intentando facelas pasar por propias, actividade que realizan outras entidades ou empresas, como por exemplo os campionatos de salvamento e de surf ou o mercado pirata, para “encher” artificialmente unha programación rotineira”, lamentan.

O BNG vai presentar unha batería de preguntas no próximo pleno, “reclamando as explicacións oportunas á veciñanza e reclamando solucións inmediatas, entre outras, ampliación do horario de uso e desfrute do ximnasio, restablecendo de inmediato o servizo de biblioteca, unha programación de verán ambiciosa e actualizada e, por suposto, que aclare que está facendo para que Laxe poida celebrar as súas festa patronais.

Comentarios