Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Denuncia o estado "lamentable" do muro da Igrexa de Traba

Muro da igrexa de laxe
Estado do m,uro da igrexa de laxe
Denuncia o estado "lamentable" do muro da Igrexa de Traba

Unha das xoias do patrimonio relixioso de Laxe, a igrexa de Santiago de Traba, e máis concretamente un tramo do muro que rodea o seu adro, presenta un estado "lamentable". Así o denuncia o BNG laxense, que lembra que "3 anos e medio despois do temporal de 2020 no que se derrubou, segue a estar neste estado tan penoso sen que nin o seu propietario, a Arquidiocese de Santiago de Compostela, nin o goberno municipal do PP se puxeran mans á obra, como de xeito reiterado lle ven esixindo a veciñanza de Traba".

Lembra o BNG que a segundo "a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galiza, no seu Título II, Capítulo I, nas normas xenéricas de protección, no seu artigo 32, deber de protección, establece que as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens protexidos integrantes do patrimonio cultural de Galiza ESTÁN OBRIGADAS a conservalos, msntelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración".

A igrexa foi declarada Ben de Interese Cultural de Galicia, con categoría de Monumento polo Decreto 37/1995 do 27/01/1995 (DOG  núm. 27 do 08.02.1995 | BOE núm. 51 do 01.03.1995) polo que lle piden á Arquidiócese de Santiago de Compostela o seu inmediato arranxo e "ao goberno do PP que estea á altura das circunstancias que a nosa xoia patrimonial merece e tamén lle esixa a Xunta que coordine o arranxo do muro como lle é preceptivo por lei".
 

Comentarios